Curantes, A Estrada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Curantes
Igrexa de San Miguel de Curantes, A Estrada.jpg
Igrexa de San Miguel de Curantes.
ConcelloA Estrada
Poboación160 hab. (2017)
Entidades de poboación12

San Miguel de Curantes é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña unha poboación de 204 habitantes (114 mulleres e 90 homes), distribuída en 12 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 305 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 448 persoas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O río Curantes, afluente do Liñares, forma un espazo natural onde se atopan dúas fervenzas denominadas “Picho da Fervenza” e “Poza de Maimón”. Estes saltos de auga foron aproveitados para a instalación de muíños. O val nas ladeiras do monte de San Sebastián foi declarado de Interese Paisaxístico.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Casa de Recarei.
  • Cruceiro en Pousada.
  • Muíño no picho de Curantes.

Hórreos[editar | editar a fonte]

  • Hórrea na casa de Xesús Reboredo en Curantes Vello.
  • Hórrea da Pica en Curantes.

Festas[editar | editar a fonte]

Na Carballeira de Pousada celébrase a Romaría Interxeracional dos Pereiriños, como homenaxe ao labor cultural e económico dos emigrantes que a principios do século XX crearon as Sociedades de Instrución para construír escolas en Galicia. A súa orixe remóntase a 1916 cando se fixo o primeiro certame escolar na carballeira co obxectivo de incentivar a asistencia dos nenos á escola; foi organizado polo Sindicato Agrario de Pardemarín, con fondos dos emigrantes de América.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Curantes[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Curantes no concello da Estrada (Pontevedra)

Cortes | Curantes Novo | Curantes Vello | Esmorís | O Fieitoso | A Nogueira | A Pena Barreira | As Pereiras | O Porto | Pousada | San Martiño | Sinteiro

Parroquias da Estrada[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Estrada

Agar (Santa Mariña) | Aguións (Santa María) | Arca (San Miguel) | Arnois (San Xiao) | Baloira (San Salvador) | Barbude (San Martiño) | Barcala (Santa Mariña) | Berres (San Vicenzo) | Callobre (San Martiño) | Cereixo (San Xurxo) | Codeseda (San Xurxo) | Cora (San Miguel) | Couso (Santa María) | Curantes (San Miguel) | A Estrada (San Paio) | Frades (Santa María) | Guimarei (San Xiao) | Lagartóns (Santo Estevo) | Lamas (San Breixo) | Liripio (San Xoán Bautista) | Loimil (Santa María) | Matalobos (Santa Baia) | Moreira (San Miguel) | Nigoi (Santa María) | Oca (Santo Estevo) | Olives (Santa María) | Orazo (San Pedro) | Ouzande (San Lourenzo) | Parada (San Pedro) | Paradela (Santa María) | Pardemarín (Santa Baia) | Remesar (San Cristovo) | Ribeira (Santa Mariña) | Ribela (Santa Mariña) | Riobó (San Martiño) | Rubín (Santa María) | Sabucedo (San Lourenzo) | San Miguel de Barcala (San Miguel) | San Miguel de Castro (San Miguel) | San Pedro de Ancorados (San Pedro) | San Tomé de Ancorados (San Tomé) | San Xiao de Vea (San Xiao) | San Xurxo de Vea (San Xurxo) | Santa Cristina de Vea (Santa Cristina) | Santeles (San Xoán) | Santo André de Vea (Santo André) | A Somoza (Santo André) | Souto (Santo André) | Tabeirós (Santiago) | Toedo (San Pedro) | Vinseiro (Santa Cristina)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]