Ribela, A Estrada
Ribela | |
---|---|
Igrexa de Santa Mariña de Ribela. | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°38′22″N 8°24′25″O / 42.63944444, -8.40694444 |
Poboación | 148 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Mariña de Ribela é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. No ano 2019 tiña 135 habitantes, 43 menos ca en 2009 (93 mulleres e 85 homes segundo o IGE) e 120 menos ca en 1986. En 1842 tiña unha poboación de feito de 300 persoas. Ten dez entidades de poboación.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A Igrexa de Santa Mariña de Ribela data do ano 1865. En Ribela é de grande importancia a presenza do río Umia, no que verte as súas augas o regueiro de Esqueiro en forma de fervenza, no lugar da Aldea Grande. O Outeiro de Trabadela, O castro da Aldea Grande e o Castro de Entrecastrelo (36017038), coñecido tamén como Castro de Ribela, Castro de Parada ou Castro de Eira dos Mouros, no que aínda se conservan restos de recintos amurallados e da porta de entrada. Existen tamén varios petróglifos.
- Casona dos Ballesteros.
- Hórreo da casa reitoral.
- Pombal do Cura.
- Muíño do Cura.
- Restos da Ponte do Cura.
- Colexio de Ribela.
- Castro de Ribela/Castro de Entrecastrelo/Castro de Parada/Castro de Eira dos Mouros.
- Ponte de Leira
- Presa de Leira
- Cruceiros.
- Muíños de auga.
- Fábrica de Luz de Ribela.
Festas
[editar | editar a fonte]Cada ano, despois de mediados de xullo, celébranse as Festas de Santa Mariña, patroa de Ribela.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Ribela, A Estrada.
-
O río Umia ao seu paso por Ribela.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Ribela
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Ribela no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
A Aldea Grande | Carracedo | Entrecastrelo | Fondo da Vila | Guitón | A Pedreira | Pumares | Sesto | Trabadela | Vilar |
Parroquias da Estrada
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cabeza Quiles, Fernando (2019). Toponimia da Estrada (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-6-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2019. Consultado o 14 de abril de 2019.