Lagartóns, A Estrada
Lagartóns | |
---|---|
Igrexa de Santo Estevo de Lagartóns. | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°41′30″N 8°26′57″O / 42.69172263, -8.44907182 |
Poboación | 278 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santo Estevo de Lagartóns é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 325 habitantes (174 mulleres e 151 homes), distribuídos en 14 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 365 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 176 persoas.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Igrexa de Santo Estevo de Lagartóns, conserva restos románicos: a ventá do testeiro, o arco triunfal e unha porta no muro setentrional. Sobresae o capitel setentrional que amosa un raposo que vén de pillar unha galiña que ten na boca.
Festas
[editar | editar a fonte]Festa do Labrego. Celébrase no lugar do Viso e consiste unha feira con produtos de artesanía, xogos para os nenos e unha exhibición cabalar. Empezou a celebrarse o 16 de maio de 1916 cando os labregos da época se enfrontaron ao caciquismo local e conseguiron a liberdade de mandar nas súas propias terras. Na súa honra levantouse na parroquia un monumento ao “labrego”.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fiestra na igrexa de Santo Estevo de Lagartóns.
-
Cruceiro e igrexa de Lagartóns.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Lagartóns
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Lagartóns no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
A Batalla | Boáns | Os Bolos | Os Chapurros | O Mollarrabo | O Monte | O Outeiro | Ouzamerxe | A Ramalleira | O Sabugueiro | O Sisto | Os Tatos | Trasdomuro | O Viso |
Parroquias da Estrada
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cabeza Quiles, Fernando (2019). Toponimia da Estrada (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-6-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2019. Consultado o 14 de abril de 2019.