San Miguel de Castro, A Estrada
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
San Miguel de Castro | |
---|---|
![]() Igrexa de San Miguel de Castro | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°46′52″N 8°22′43″O / 42.78119184, -8.37849628Coordenadas: 42°46′52″N 8°22′43″O / 42.78119184, -8.37849628 |
Poboación | 268 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Miguel de Castro é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 268 habitantes (138 mulleres e 130 homes), 51 menos ca en 1999. Ten trece núcleos de poboación.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
- Cruceiro do cemiterio
- Castro de San Miguel
- Igrexa de San Miguel de Castro, de orixe románica
- Cruceiro en Carballeira
- Muíños no regueiro do Castelo
- Capela de nosa señora das Angustias
- Camiño Real (Vía da Prata)
- Horrea de prado
Igrexa parroquial[editar | editar a fonte]
É de orixe románica, xa que se sabe que estaba en pé antes do 1115. Daquela época consérvase a planta rectangular, o arco triunfal e a ábasida rectangular, na que se sabe que, debaixo de grosas capas de cal, se atopan pinturas románicas[Cómpre referencia]. Nesta igrexa exíste o culto a san Miguel (o patrón), san Roque e A Nosa señora do Perpetuo Socorrro. Ademais na igrexa existen tallas de santos como san Xosé ou santa María.
A igrexa atópase no lugar de San Miguel, que recibe o nome do patrón. O via crucis da igrexa está rodeado do vello cemiterio, máis tarde engadíronse outros dous.
Capela da Nosa Señora das Angustias[editar | editar a fonte]
Antigamente localizada no lugar da Alberguería, e chamada capela de Santiago, foi un albergue de peregrinos. Máis tarde transladouse ao lugar do Seixo onde está situada actualmente. Nela dáse culto a santo Alberte, A Nosa Señora das Angustias e a san Franco.
O couto de Castro[editar | editar a fonte]
No lugar de Castro érguese un monte de case 300 metros de altura onde antigamente estivo localizado un castro. Non se conservan restos, pero é un dos mellores miradoiros da comarca, coas vistas do Pico Sacro e do val do Ulla.
Muíños[editar | editar a fonte]
Esta parroquia está atravesada por cinco regueiros principais, os cales contan con numerosos muíños como o de Louzao ou o de Reimóndez.
O camiño Real[editar | editar a fonte]
Tamén chamado Vía da Prata, provén do suroeste do país e entra á parroquia polo lugar da Carballeira, atravesando os lugares de Prado, o Seixo, Castro, e saíndo por Gundián, que xa pertence á Ulla, para encamiñarse a cruzar o río Ulla.
Hórrea de prado[editar | editar a fonte]
Situada no lugar de Prado, atópase unha hórrea (unha das únicas da bisbarra).
Festas parroquiais[editar | editar a fonte]
- 29 de setembro: san Miguel (o patrón)
- 30 de setembro: Perpetuo Socorro e san Roque
- 7 de agosto: santo Alberte
- 22 de abril (ou domingo seguinte): A Nosa Señora das Angustias
- 8 maio: Corpus Christi
Orografía[editar | editar a fonte]
San Miguel de Castro está atravesada por unha cadea montañosa, derivada do Pico Sacro, con principais cumios o Couto de Castro (287 m), a 172 m unha pequena elevación onde a igrexa parroquial, e a serra da Bugalleira, con tres picos principais de 275, 268 e 273 metros de altitude. Tamén está no centro da parroquia, o monte maior con 317 m.
Centros sociais[editar | editar a fonte]
Os principais puntos de encontro que hai na parroquia están no lugar do Seixo, onde se atopa o campo da festa cun pequeno palco, e inmediata a antiga escola, e o teleclub, unha pista de petanca e un parque. Tamén existe un campo de fútbol.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de San Miguel de Castro[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de San Miguel de Castro no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
Adoufe | A Alberguería | A Burata | A Carballeira | Castro | Costenla | A Cova | Lagos | Ponte | Prado | San Miguel | O Seixo | A Silva |
Parroquias da Estrada[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Miguel de Castro, A Estrada ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cabeza Quiles, Fernando (2019). Toponimia da Estrada. RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-6-7. Consultado o 14 de abril de 2019.