Arnois, A Estrada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Arnois
Igrexa de San Xiao de Arnois, A Estrada.JPG
Igrexa de San Xiao de Arnois.
Concello A Estrada
Poboación 389 hab. (2012)
Entidades de poboación 19

San Xiao de Arnois é unha parroquia situada no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña 389 habitantes (187 mulleres e 202 homes), o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 592 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 218 persoas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ao norte coa parroquia de San Miguel de Castro (separada polo regato de Eileixido), ao sur con Riobó e Berres (separadas polo río Boo), ao leste Oca (co regato da Grela por medio) e ao oeste o río Ulla.

Dista da Estrada uns 13 km. Pasan por Arnois a estrada N-525 (Santiago a Ourense) e a provincial de Callobre á Ponte Ledesma. As demais vías consisten en camiños veciñais e as pontes Ulla e Eileixido.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O topónimo Arnois, ao igual que outros como Arnoia, Arnela ou Arnego, poderían proceder da raíz preindoeuropea *arn, que viría indicando a situación da poboación nun val ou depresión[1].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • San Xiao de Arnois, data do século XIII.
  • Muíños na Tenencia da Veiga.
  • Sobreira de Balboa, é considerada a primeira sobreira de Galicia pola súa antigüidade e polas súas dimensións. Tense constancia dela xa no século XVI, como pertencente á casa da Vila dos Hórreos.

Festas[editar | editar a fonte]

  • Festa de Santa Paderna. Ten lugar o domingo seguinte ao 19 de outubro. Recibe a centos de devotos ofrecidos que acoden á celebración para curar os “males estraños”.
  • A do patrón San Xiao o 7 de xaneiro; a Concepción en maio; o Santísimo en xuño; As Neves o 5 de agosto.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Arnois[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Arnois no concello da Estrada (Pontevedra)

O Bruñido | A Cacharela | A Calzada | O Carballal | A Carballeira | O Cercido | A Costa | Os Golmados | A Granxa | Moimenta | A Quenlla | O Regueiro | A Reigada | Riamonde | Ribadulla | San Xiao | Os Tiguillois | Valboa | A Veiga

Parroquias da Estrada[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Estrada

Agar (Santa Mariña) | Aguións (Santa María) | Arca (San Miguel) | Arnois (San Xiao) | Baloira (San Salvador) | Barbude (San Martiño) | Barcala (Santa Mariña) | Berres (San Vicenzo) | Callobre (San Martiño) | Cereixo (San Xurxo) | Codeseda (San Xurxo) | Cora (San Miguel) | Couso (Santa María) | Curantes (San Miguel) | A Estrada (San Paio) | Frades (Santa María) | Guimarei (San Xiao) | Lagartóns (Santo Estevo) | Lamas (San Breixo) | Liripio (San Xoán Bautista) | Loimil (Santa María) | Matalobos (Santa Baia) | Moreira (San Miguel) | Nigoi (Santa María) | Oca (Santo Estevo) | Olives (Santa María) | Orazo (San Pedro) | Ouzande (San Lourenzo) | Parada (San Pedro) | Paradela (Santa María) | Pardemarín (Santa Baia) | Remesar (San Cristovo) | Ribeira (Santa Mariña) | Ribela (Santa Mariña) | Riobó (San Martiño) | Rubín (Santa María) | Sabucedo (San Lourenzo) | San Miguel de Barcala (San Miguel) | San Miguel de Castro (San Miguel) | San Pedro de Ancorados (San Pedro) | San Tomé de Ancorados (San Tomé) | San Xiao de Vea (San Xiao) | San Xurxo de Vea (San Xurxo) | Santa Cristina de Vea (Santa Cristina) | Santeles (San Xoán) | Santo André de Vea (Santo André) | A Somoza (Santo André) | Souto (Santo André) | Tabeirós (Santiago) | Toedo (San Pedro) | Vinseiro (Santa Cristina)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 46. Ed. Xerais, Vigo 1992

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]