Gralla pequena
Gralla pequena Coloeus monedula | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Coloeus monedula (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Área de distribución mundial de Coloeus monedula.
En verde escuro, presente todo o ano. En verde máis escuro, área de cría estival. En azul, área de invernada. | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
A gralla pequena[5][6], tamén chamada gralla cereixeira,[7] (Coloeus monedula) é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das dúas que integran o xénero Coloeus.
Desde que a describiu Linneo en 1758, até hai moi poucos anos, coñeceuse cientificamente como Corvus monedula.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Corvus monedula,[2][8] nome que se mantivo vixente durante moito tempo.[3]
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]Durante moitos anos Coloeus considerouse como un subxénero de Corvus, pero na actualidade clasifícase como un xénero separado na familia dos córvidos.[9][10][11]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Para o xénero, véxase Coloeus
Debido á súa suposta afección a coleccionar moedas, Linneo deulle o nome específico de monedula, elixindo o termo do latín clásico mŏnēdŭla, que era o nome que os romanos lle daban a esta ave (e de cuxa raíz deriva a palabra «moeda»).[12][13]
Características
[editar | editar a fonte]Mide 33 cm, e os dous sexos son iguais. A maior parte da súa plumaxe é negra ou negra agrisada agás polas fazulas, caluga e pescozo, que son de cor gris clara ou prateada. O iris dos adultos é branco agrisado ou branco prateado,[14]. O iris das grallas inmaturas é celeste.[Cómpre referencia]
A ave é sociable, movéndose en pares (macho e femia) ou en grandes grupos, aínda que as parellas mantéñense xuntas entre as bandadas.[Cómpre referencia]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]As grallas atópanse sobre un ampla área espallándose dende o noroeste de África a través de virtualmente toda Europa, Irán, o noroeste da India e Siberia, onde habitan estepas, bosques, terras de cultivo, praderías, cantís costeiros e vilas.
Comportamento
[editar | editar a fonte]Dieta
[editar | editar a fonte]A gralla cereixeira comunmente toma comida do chan pero consegue algunha das árbores. Come insectos e outros invertebrados, sementes da herba e grans, o lixo que aproveitan dos vertedoiros, restos de alimento que atopan nas praias, e comida de casas para paxaros.
Aniñamento
[editar | editar a fonte]A gralla adoita aniñar en colonias nas cavidades das árbores, cantís ou en ruínas de edificios, ás veces tamén en densas coníferas. Os ovos, normalmente 4-5, son chocados durante 17 ou 18 días e os pitos están completamente desenvolvidos logo de 30-35 días.
Canto
[editar | editar a fonte]O seu canto é un "tchak-tchak" ou "kieek-kieek".
Comportamento social
[editar | editar a fonte]Konrad Lorenz estudou as complexas interaccións sociais que acontecían en grupos de grallas e publicou as súas observacións detalladas do seu comportamento social no seu libro King Solomon's Ring (O Anel do Rei Salomón). A razón de estudar a gralla, Lorenz colocou aneis de cores nas patas das grallas que vivían ao redor da súa casa en Altenberg, Austria, para identificalas, e os engaiolou no inverno pola súa migración anual fóra de Austria. O seu libro describe as súas observacións nas estruturas de grupos xerárquicos, as aves en maior xerarquía dominantes das de menor xerarquía. O libro tamén grava as súas observacións nos fortes enlaces macho-femia; el notou que nun par cada ave ten o mesmo rango na xerarquía, e que unha femia de gralla con rango baixo subiu na escaleira social cando se converteu na compañeira dun macho de alto rango.
Observouse ás grallas compartindo comida e obxectos. O activo dar de comida é raro nos primates, e en aves é atopado principalmente no contexto do coidado paternal. As grallas amosaron niveis máis altos á hora de compartir comida cós documentados en chimpancés. A función do seu comportamento non é totalmente entendida, aínda que se pescudou que é compatible coa hipótese de mutualismo, reciprocidade e evasión do hostigamiento.[15] Defenden aos seus conxéneres que se atopan en perigo: "As aves ameazaban a cantos pasaban xunto ás súas crías, que caeran do niño ao chan, ata que a policía local rescatounas para levalas a un centro zoolóxico."
Outras grallas
[editar | editar a fonte]A outra especie do xénero Coloeus é Coloeus dauuricus, do Extremo Oriente (sueste de Siberia, sur de Mongolia e gran parte da China). A gralla cereixeira e maila dáurica xuntas formaron durante moito tempo o subxénero Coloeus, do xénero Corvus.
Por outra parte, en Galicia algúns lle chaman gralla grande á especie Corvus frugilegus, que outros denominan gralla calva.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2018): Corvus monedula na Lista vermella da UICN.
- ↑ 2,0 2,1 Coloeus monedula (Linnaeus, 1758) na GBIF.
- ↑ 3,0 3,1 Coloeus monedula (Linnaeus, 1758) no ITIS.
- ↑ Véxase o artigo Coloeus.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
- ↑ Mémdez, M. (22 de febreiro de 2013). "La grajilla releva al lagartero común como "Ave del Año" para la Sociedade Galega de Ornitoloxía". Faro de Vigo. Consultado o 20 de xullo de 2022.
- ↑ Penas Patiño et al. 1991, p. 286.
- ↑ von Linné, Carl (1758). Systema Naturae per Regna Tria Naturae, Secundum Classes, Ordines, Genera, Species, cum Characteribus, Differentiis, Synonymis, Locis. Tomus I. Editio Decima, Reformata (en latín). Holmiae: Laurentius Salvius. p. 105.
- ↑ Haring, E.; Gamauf, A.; Kryukov, A. (2007). "Phylogeographic patterns in widespread corvid birds". Molecular Phylogenetics and Evolution 45 (3): 840–862. PMID 17920300. doi:10.1016/j.ympev.2007.06.016.
- ↑ Rasmussen, Pamela C.; Anderton, John C. (2005). Birds of South Asia: The Ripley Guide. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-87334-67-2.
- ↑ Gill, F.; Donsker, D. (eds.). "Crows, mudnesters & birds-of-paradise". IOC World Bird List (version 8.2). Consultado o 5 de abril de 2015.
- ↑ Simpson, D. P. (1979). Cassell's Latin Dictionary (en inglés) (5ª ed.). Londres, Reino Unido: Cassell. p. 883. ISBN 0-304-52257-0.
- ↑ Valpy, Francis Edward Jackson (1828). An Etymological Dictionary of the Latin Language (en inglés). Londres, Reino Unido: A. J. Valpy. p. 268. ISBN 1-4021-7384-9.
- ↑ 14,0 14,1 Penas Patiño et al. 1991, p. 284.
- ↑ Compartición frecuente de comida e obxectos durante a socialización da Gralla (Corvus monedula), [1].
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gralla pequena |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gralla pequena |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Madge, Steve & Burn, Hilary (2013): Crows and Jays: A Guide to the Crows, Jays and Magpies of the World. Londres, Reino Unido: A & C Black. ISBN 978-1-4081-5738-1.
- Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (1991): Guía ds aves de Galicia. A Coruña: Bahia edicións. ISBN 84-8767-406-2.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Corvus monedula Linnaeus, 1758 en Avibase.
- Coloeus monedula (Linnaeus, 1758) na GBIF.
- Aves urbanas
- Grallas en cantís costeiros
- Esqueleto da gralla Arquivado 16 de marzo de 2009 en Wayback Machine.
- Jackdaw videos on the Internet Bird Collection
- Ficha da especie (PDF), por Javier Blasco-Zumeta