Saltar ao contido

Corvo cincento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corvo cincento
 Nome taxon
    Corvus cornix
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    C. cornix (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Características
 Caracterizado por
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaCorvidae
XéneroCorvus
EspecieCorvus cornix Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Corvus cornix Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Envergadura
   98 cm Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   4 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   18 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01bw5m Editar o valor en Wikidata
ITIS179740 Editar o valor en Wikidata
OTT597020 Editar o valor en Wikidata
CoLYNHH Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O corvo cincento[1][2] ou corvo cinsento[3] Corvus cornix, é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das 46 actualmente recoñecidas dentro do xénero Corvus,[4][5] propia da Europa occidental e da Asia oriental.

É tan semellante en morfoloxía e hábitos ao corvo pequeno (Corvus corone), que durante moitos anos a maioría das autoridades consideráronos como variedades xeográficas da mesma especie. Observouse, ademais, hibridación onde as súas áreas de distribución se solapan, engadido peso a este punto de vista. Porén, desde 2002, o corvo cincento foi elevado, de novo, ao estado de especie distinta despois dunha observación máis minuciosa; ademais da notábel diferenza da coloración da plumaxe, demostrouse a escasa viabilidade xenética dos híbridos.[6][7]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae,[8] nas páxinas 105-106 do volume primeiro da súa obra, co nome de Corvus cornix.[9] nome que, a día de hoxe, se considera válido.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Corvus.

O epíteto específico, corone, Linneo tomouno do latín corone, que significa "choia", "gralla".[10]

Sinonimia e nota taxonómica

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome que lle impuxo Linneo, e durante moitos anos, a especie foi coñecida como:[11][12]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

A maioría dos autores recoñecen na especie as subespecies seguintes:[13]

  • Corvus cornix Linnaeus, 1758
    • Corvus cornix capellanus P. L. Sclater, 1877
    • Corvus cornix cornix Linnaeus, 1758
    • Corvus cornix pallescens (Madarász, 1904)
    • Corvus cornix sharpii Oates, 1889

Características

[editar | editar a fonte]

Mide de 46 a 47 cm de lonxitude,[1][14] e unha envergadura de 84 a 100 cm.[15] É unha ave inconfundíbel pola coloración da súa plumaxe, coa rexión dorsal e as partes inferiores de cor gris cincenta, e a cabeza, a gorxa, as ás, a cola e as patas negras,[1][14] o que a distingue da súa próxima parente a choia de bico negro. Ambos os sexos son similares.[1]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Habita en chairas arboradas abertas, páramos e zonas boscosas, arboredos de zonas agrícolas e mesmo en grandes parques de pequenas cidades.[15]

De distribución paleártica, atópase en toda a Europa do norte, do leste e do sueste, Ruisa occidental, Turquía, así como noutras parte do Oriente Próximo.[1]

Na Península Ibérica, antes de 1999, había unhas poucas citas no norte (Cataluña, Galicia, Asturias, Burgos) e en Portugal (nas proximidades de Porto e de Lisboa). De Juana (2006) presentou catro rexistros homologados polo Comité de Rarezas de SEO/BirdLife International, tres en Cataluña e un en Galicia, todos na primavera.[16]

A partir de 2007 aumentaron as citas en Cataluña pero, especialmente desde 2013, iníciase un proceso continuo de expansión por toda a xeografía peninsular: Asturias, Cantabria, Galicia, Navarra, Castela e León, Madrid, Murcia, Andalucía, Illas Baleares, que culminou coa primeira nidificación segura en El Prat de Llobregat (Barcelona) en 2017.[17]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]
Picando nunha bolsa de lixo para remexer nela en busca de comida.
Niño con ovos.

En costumes e hábitat aseméllase ao corvo pequeno. É unha ave tímida, e vixiante, na maioría dos países onde se acha, porque é perseguida, pero en zonas onde non se a molesta é atrevida. Ademais, pode verse en pobos e nas aforas de cidades non moi grandes.[15]

Voa baixo, e o seu voo parece apático, mesmo case descoidado, batendo as ás de xeito algo vacilante e sen graza, contrastando cos do corvo pequeno, máis resoltos e algo máis profundos. Ás veces voa a grande altura, en bandadas xeralmente laxas. Non adoita planar.[15]

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Como outros córvidos, é omnívoro, e máis oportunista ca outras especies, roubando nos niños doutras aves, comendo refugallos (que mesmo busca nas bolsas de lixo), ovos, sementes, preas, insectos e outros invertebrados, en campos cultivados e costas mariñas (incluso apaña pequenos peixes, mexillóns e outros moluscos).[15]

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Constrúe niños abertos, máis lixeiros que os do corvo pequeno, fabricados con paus e situados en gallas de árbores o grandes arbustos, xeralmente ben agochados. Nel a femia pon de catro a seis ovos en cada niñada, desde marzo a xullo.[15]

En Galicia

[editar | editar a fonte]

A presenza do corvo cincento en Galicia é accidental.[1][2]

Segundo a UICN e máis o British Trust of Ornithology o estado de conservación da especie está cualificado como LC (pouco preocupante).[18][19]

  1. 1 2 3 4 5 6 Penas Patiño et al. 1991, p. 286.
  2. 1 2 Penas Patiño et al. 2004, p. 286.
  3. Dicionario Digalego cincento
  4. Corvus Linnaeus 1758 en Familia Corvidae, na IOC World Bird List. Version 9.1 (2019), do Congreso Ornitolóxico Internacional.
  5. Corvus Linnaeus, 1758 no ITIS.
  6. Parkin, David T. (2003). "Birding and DNA: species for the new millennium". Bird Study 50 (3): 223–242. doi:10.1080/00063650309461316.
  7. Poelstra, Jelmer W.; Vijay, Nagarjun; Bossu, Christen M.; et al. (2014). "The genomic landscape underlying phenotypic integrity in the face of gene flow in crows" (PDF). Science 344 (6190): 1410–1414. ISSN 0036-8075. PMID 24948738. doi:10.1126/science.1253226. Véxase tamén: Jelmer Poelstra (3013): "The Genetics of Speciation and Colouration in Carrion and Hooded Crows".
  8. Linnaeus, C. (1758). Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. (en latín). Holmiae. (Laurentii Salvii). pp. 105–106. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2019. C. atro-caerulescens, cauda rotundata: rectricibus acutis.
  9. páxinas 105-106 do Sys. Nat.,
  10. Simpson, D. P. (1979). Cassell's Latin Dictionary (5ª ed.). Londres: Cassell Ltd. p. 153. ISBN 978-0-3045-2257-6.
  11. Wikispecies.
  12. Vere Benson, S. (1972). The Observer's Book of Birds. Londres: Frederick Warne & Co. Ltd. ISBN 978-0-7232-1513-4.
  13. Corvus cornix Linnaeus, 1758 no ITIS.
  14. 1 2 Bruun & Singer 1971, p. 218.
  15. 1 2 3 4 5 6 Svensson & Grant 2001, p. 336.
  16. De Juana 2006.
  17. La expansión de la corneja cenicienta (Corvus cornix), una rareza en España en siguiendoaves.wordpress.com, 27 de marzo de 2018.
  18. BirdLife International (2017): Corvus cornix na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultado o 12 de agosto de 2019.
  19. Hooded Crow Corvus cornix Linnaeus, 1758 Arquivado 10 de agosto de 2019 en Wayback Machine. en BTO. BirdFacts. Consultado o 12 de agosto de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]