Tratado de Saint-Germain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Tratado de Saint-Germain-en-Laye foi asinado o 10 de setembro de 1919 entre as potencias aliadas e Austria. Neste tratado establecíase o desmembramento da antiga monarquía dos Habsburgo, o Imperio Austrohúngaro, e Austria quedou limitada a algunhas zonas nas que se falaba soamente o alemán.

O Tratado de Trianon, firmado posteriormente entre os aliados e Hungría, completa o proceso de desmembramento do Imperio Austrohúngaro.