Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Xeral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Xeral[editar a fonte]

Engadir unha mensaxe

Proposta transversal de categorías para BIOGRAFÍAS (e algo máis)[editar a fonte]

Parece ser aquí onde teño que facer as propostas e confirmacións seguintes relativas á certas categorías:

  • Crear categ. FILOLOXÍA dentro de HISTORIA DA LINGUA, LITERATURA e LEXICOLOXÍA (xa o fixen provisionalmente);
  • Meter MITOLOXÍA en RELIXIÓN (provisionalmente), xuntando TEOLOXÍA (que incluíría PERSONALIDADES DA TEOLOXÍA), e HAXIOGRAFÍA (agora chámase SANTOS) e crear ASTROLOXÍA tamén incluída;

RESUME

  • RELIXIÓN
    • ASTROLOXÍA (tamén en ASTRONOMÍA)
    • HAXIOGRAFÍA
    • MITOLOXÍA
    • TEOLOXÍA
      • PERSONALIDADES DA TEOLOXÍA

  • Segundo o que se me ocorreu mentras miraba as cousas que xa fun atopando mentres categorizaba, propoño tamén incluír TELECOMUNICACIÓNS, INFORMÁTICA, TRANSPORTE, LITERATURA (que non sei se cumprirá dividir en TEATRO, NARRATIVA e POESÍA, porque non sempre é doada a división e asignación a autores) e LINGÜÍSTICA nunha chamada COMUNICACIÓNS;
  • Tamén proximamente insertarei datos sobre craneometría (obtiven o permiso do meu profesor para "plaxiar" traducindo as súas fotocopias): ¿que é isto? A ver se se entende cun esquema categorial que tamén propoño e que transcribo aquí:

  • MEDICINA (dentro de BIOLOXÍA)
  • ANATOMÍA (ou MORFOLOXÍA)
    • CRANEOMETRÍA (estudio da forma do cráneo: dolicocefalia, platicefalia, criptozixia, esplacnocráneo, norma, punto craneométrico, p.c. bregma, p.c. zíxion, rexión glabelar, (óso) temporal, óso maxilar, usw., ...)
  • HISTOLOXÍA
  • INMUNOLOXÍA
  • METABOLISMO
  • PERSONALIDADES DA MEDICINA

  • Propoño o uso dun nome normalizado para a categoría dos artigos sobre xente: sería PERSONALIDADES DA XXX (iso estaría dentro de XXX e todos dentro de BIOGRAFÍAS que estaría dentro de HISTORIA): evita o sexismo lingüístico (ASTRÓNOMOS (e ASTRÓNOMAS), ACTORES (e ACTRICES -xa existen coma categoría independente), EXPLORADORES (e EXPLORADORAS, que tamén as houbo), POLÍTICOS (e POLÍTICAS -a presidenta de Irlanda), REIS E RAÍÑAS,...). Habería que cambiar o nome das categorías en varios artigos (ASTRÓNOMOS, LINGÜÍSTAS E ESCOLAS -neste caso LINGÜÍSTAS vale para homes e mulleres, e tamén FUTBOLISTAS e XADRECISTAS e DEPORTISTAS e BALONCESTISTAS e ATLETAS, pero non ten porque ser así sempre con todos-, etc.), pero polo menos xa están moitos deles xuntos. Evita tamén a ambigüidade existente entre biografías e Personalidades históricas;

RESUME EXEMPLO

  • RELIXIÓN
    • TEOLOXÍA
    • CRISTIANISMO, ...
    • HAXIOGRAFÍA
    • MITOLOXÍA
    • ASTROLOXÍA
  • ASTRONOMÍA
    • PERSONALIDADES DA ASTRONOMÍA
    • ASTROLOXÍA
  • ARTE
    • ARQUITECTURA
      • PERSONALIDADES DA ARQUITECTURA
    • ESCULTURA
      • PERSONALIDADES DA ESCULTURA
    • PERSONALIDADES DA ARTE
    • PINTURA
      • PERSONALIDADES DA PINTURA
  • LITERATURA
    • PERSONALIDADES DA LITERATURA
    • TEATRO
    • PERSONALIDADES DO TEATRO
    • PERSONALIDADES DA ACTUACIÓN (de teatro, non de cine)
  • MATEMÁTICAS
    • PERSONALIDADES DAS MATEMÁTICAS
  • QUÍMICA
    • PERSONALIDADES DA QUÍMICA
  • FÍSICA
    • PERSONALIDADES DA FÍSICA
  • BIOLOXÍA
    • BOTÁNICA
      • PERSONALIDADES DA BOTÁNICA
    • MEDICINA (seguindo o esquema de arriba)
      • PERSONALIDADES DA MEDICINA
    • PERSONALIDADES DA BIOLOXÍA
    • ZOOLOXÍA
      • PERSONALIDADES DA ZOOLOXÍA
  • LINGüÍSTICA
    • LINGÜÍSTAS E ESCOLAS LINGÜÍSTICAS
  • CINE
    • PERSONALIDADES DA ACTUACIÓN (ACTORES E ACTRICES de cine, non de teatro)
    • PERSONALIDADES DA DIRECCIÓN (DIRECTORES E DIRECTORAS)
  • HISTORIA
    • ACONTECEMENTOS HISTÓRICOS
    • ARQUEOLOXÍA
    • CIVILIZACIÓNS
    • DOCUMENTOS
    • HISTORIA DE GALICIA
    • HISTORIA DOS ESTADOS E NACIÓNS
    • BIOGRAFÍAS (recolle os anteriores "PERSONALIDADES DE + XXX")
      • HAXIOGRAFÍA
      • LINGÜÍSTAS E ESCOLAS LINGÜÍSTICAS (PERS. DA LING.)
      • PERSONALIDADES DA ACTUACIÓN (ACTORES E ACTRICES de cine e teatro)
      • PERSONALIDADES DA ARTE
      • PERSONALIDADES DA ARQUITECTURA
      • PERSONALIDADES DA ASTRONOMÍA
      • PERSONALIDADES DA BIOLOXÍA
      • PERSONALIDADES DA BOTÁNICA
      • PERSONALIDADES DA DIRECCIÓN (DIRECTORES E DIRECTORAS DE CINE)
      • PERSONALIDADES DA ESCULTURA
      • PERSONALIDADES DA EXPLORACIÓN
      • PERSONALIDADES DA FÍSICA
      • PERSONALIDADES DA MEDICINA
      • PERSONALIDADES DA LITERATURA
      • PERSONALIDADES DA PINTURA
      • PERSONALIDADES DA POLÍTICA
      • PERSONALIDADES DA QUÍMICA
      • PERSONALIDADES DA TEOLOXÍA
      • PERSONALIDADES DA ZOOLOXÍA
      • PERSONALIDADES DAS MATEMÁTICAS
      • PERSONALIDADES DO EXÉRCITO / MILITARES
      • PERSONALIDADES DO TEATRO
    • PERÍODOS HISTÓRICOS

e así con DEPORTES -animo ós que votaron nesta CATEGORÍA a redactalo- (isto é só un exemplo). Supoñendo que isto teña que ter un prazo máximo de debate e votación, sería útil darlle un prazo amplo de, por exemplo, dúas semanas (ata o día 15 de marzo). Saúdos e noraboa polo traballo a todos. --Sobreira 19:20, 1 Mar 2005 (UTC)


Cronoloxía[editar a fonte]

Abro outra cuestión:

  • tería sentido crear categorías do estilo "nados o 25 de abril" ou "mortos o 4 de maio" ou "nados en 2001" ou "(aconteceu/pasou) en 1988" (como na wiki inglesa) para que se agrupen automáticamente. Utilidade tería, porque cada vez que sei a data da morte de alguén teño que meter a súa efeméride no ano e no día-mes. Quizais non teñamos aínda moitos artigos de PERSONALIDADES pero é mellor prepararse agora con case 5000 que logo lamentar con 10.000.
  • Eu penso que sí sería útil. Só sería cuestión de votalo por se alguén está en contra ;) --Alyssalover(fálame) 11:41, 4 maio 2005 (UTC)
  • Podias indicar cal é a categoria na wikipedia inglesa para pode-la estudar? Tamén, que utilidade se lle poderia dar na nosa? Por outra banda, observo que a inglesa non ten categorias de meses, como nós: só unha categoria "Meses" cunha listaxe dos meses. Por certo, foi o que usei para mudar en cada dia de "Festas" a "Festas e celebracións", que fun facendo mes a mes usando User:XoseBot. Xosé(Contacto) 12:51, 4 maio 2005 (UTC)
  • Perdón por non responder no seu momento a onde estaban estas categorías da inglesa (e alemana), non lera as respostas. Son estas: en:Category:1922_births e de:Kategorie:Geboren_1922. A utilidade é que se poden logo localizar sen necesidade de engadir a alguén que nace e morre no século vinte en 1 de xaneiro, 1900, 31 de decembro e 1999. Os nomes das categorías poderían ser "Category:nacementos1900" e "Category:mortes1999". (aconsello non poñer "nacidos1900" ou "mortos1999" porque poden ser "nacidas1900" e "mortas1999"). Ademais se pode poñer unha mensaxe predefinida coas categorías dos nacementos de tódolos anos en cada categoría de ano ("Category:nacementos 1900" | "Category:nacementos 1901" | "Category:nacementos 1902" | ...).

--Sobreira 17:07, 21 maio 2005 (UTC)