Conversa usuario:193.144.61.240

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) 193.144.61.240 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 08:35, 19 de outubro de 2010 (UTC)

Xornadas na UDC[editar a fonte]

Boas, vin que apuntaches ó usuario D.vilasanchez nas xornadas pero esa conta non existe, primeiro hai que dar de alta a conta e logo apuntarse. Vou borrar a fila e cando teñas creado o usuario xa podes apuntarte. Se tes calquera problema podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2015 ás 09:50 (UTC)

Boas, pasa o mesmo co usuario David.torres.fic, cando se cree o usuario xa se pode apuntar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2015 ás 12:39 (UTC)

Por favor, non retire os marcadores de atención colocados nos artigos sen que o que se indica neles quede solucionado antes. Teña en conta que unha reiteración neste comportamento considérase prexudicial para o funcionamento da wiki e pode dar lugar a que se lle aplique un bloqueo. Grazas Banjo tell me 30 de abril de 2015 ás 10:30 (UTC)

Posible violación de dereitos de autoría[editar a fonte]

Ola, 193.144.61.240, grazas por colaborar con Wikipedia. Dámosche a benvida ao proxecto; con todo, hai un problema con algunhas das túas contribucións, que consistiron na copia literal do contido doutras páxinas web, ou doutros medios que poderían estar protexidos por dereitos de autor. Como se explica en Wikipedia:Dereitos de autoría, esta clase de achegas non son aceptables, porque poden implicar unha violación dos dereitos dos autores do mesmo. Por esa razón, o texto foi retirado ou colocouse un aviso de posible violación de dereitos de autor.

Debes saber que, de acordo á Convención de Berna, que regula a propiedade intelectual a nivel internacional, todas as obras están protexidas e os seus autores resérvanse todos os dereitos de reprodución, salvo que o contrario se especifique clara e explicitamente. Aínda si a páxina da que copiaches o texto non indica que tódolos dereitos están reservados, iso non quere dicir que estean dispoñibles para o seu uso en Wikipedia.

Para poder admitir material en Wikipedia precísase que a licenza baixo a que se publican devanditas páxinas sexa compatible coa licenza baixo a que publica Wikipedia (Creative Commons Atribución-Compartir igual 3.0). Esta licenza permite o uso comercial dos contidos reempregados, a condición de que os usos que se lles dean sexan de acordo aos termos de uso da licenza.

Lembra que a política sobre os dereitos de autor é innegociable; aínda que outras persoas poden estar dispostas a violar a lei, a responsabilidade do proxecto Wikipedia é demasiado grande para permitírnolo. Para máis información sobre as normas, visita Wikipedia:Políticas e normas.--. HombreDHojalata.conversa 30 de abril de 2015 ás 19:00 (UTC)

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa[editar a fonte]

Ola 193.144.61.240. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 25 de novembro de 2016 ás 14:26 (UTC)

Information.svg Benvido/a e grazas por experimentar na Wikipedia. A túa proba funcionou, pero foi revertida ou eliminada. Por favor, bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Se o que queres é seguir a experimentar, usa a zona de probas. Grazas. Banjo tell me 7 de decembro de 2016 ás 13:11 (UTC)

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Commons-emblem-question book orange.svg

Ola, 193.144.61.240. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 15 de decembro de 2016 ás 18:35 (UTC)

Biblioteca Pública de Vigo[editar a fonte]

Bos días a todos, e primeiro de todo, grazas por colaborar con Wikipedia. Porén, o contido engadido no artigo Biblioteca Pública de Vigo foi eliminado por dúas razóns. A primeira é que non é un contido redactado por vós, senón que foi recollido da páxina web da biblioteca. Ese contido ten dereitos de autor e é propiedade da Xunta de Galicia, polo tanto non pode ser empregado como contido orixinal voso. Botádelle un ollo a Wikipedia:Dereitos de autoría. A segunda razón é que ese contido non é enciclopédico, é dicir, moita da información que aparece na páxina web da biblioteca non é relevante para o artigo. Déixovos aquí Wikipedia:Cinco piares que vos axudarán a entender o que vos expliquei. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 20 de decembro de 2016 ás 10:06 (UTC)

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola 193.144.61.240. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 12 de decembro de 2017 ás 16:57 (UTC)

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa[editar a fonte]

Ola 193.144.61.240. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 12 de decembro de 2017 ás 18:57 (UTC)

Normas de conduta[editar a fonte]

Gnome-emblem-important.svg

Ola, 193.144.61.240. Grazas por colaborar coa Galipedia. Algúns dos teus comentarios feitos poden resultar ofensivos para outros wikipedistas e poden considerarse unha violación das normas de conduta, que son parte das políticas oficialis da Wikipedia. A Wikipedia baséase na colaboración voluntaria, polo que é fundamental que as interaccións entre usuarios se fagan de forma educada e respectuosa. Por favor, ten isto en conta ao comunicarte con outros usuarios. Grazas. Banjo tell me 12 de decembro de 2017 ás 18:57 (UTC)

Premio Galicia 1970[editar a fonte]

Boas IP, estaba revisando os cambios recentes e atopei con Premio Galicia 1970. Como vexo que entendes do código wiki e do funcionamento da Galipedia (o cal me fai pensar que ou ben es/fuches xa usuario ou ben recibiches a inspiración divina...), e a IP que o creou foi a túa, quería pedirte que lle botaras unha ollada para solucionar os problemas que ten. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 18:53 (UTC)

Nese caso, aí tes unha das vantaxes que ten rexistrarse como usuario. Saúdos. --AMPERIO (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 19:09 (UTC)

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola 193.144.61.240. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de xullo de 2018 ás 15:39 (UTC)

Referenciar[editar a fonte]

Cano achegues afirmacións e novos contidos, é imprescindible que o acompañes dunha referencia. Se non, non poden quedar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17 de outubro de 2018 ás 16:56 (UTC)

Ola, ip. Repítoche o mesmo: é preciso que achegues referencias. --Atobar (conversa comigo) 29 de outubro de 2018 ás 19:57 (UTC)