Conversa Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos/Bioloxía e Xeoloxía

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Elisardojm, fixen algúns cambios nos nomes dalgunhas páxinas. Igual fun moi atrevido, pero a maioría dos casos eran claros. Haberá que comprobar todo en calquera caso. Haberá tamén que borrar os comentarios ocultos que deixei unha vez lidos. Non sei se é o procedemento máis correcto, pero foi o que se me ocorreu.--Miguelferig (conversa) 15 de xullo de 2018 ás 18:33 (UTC)[responder]

Moitas grazas Miguelferig polas correccións, aínda hai que revisar algunhas cousas máis pero como non teño nin idea de éuscaro uso un tradutor automático e así me vai. Xa pedín axuda en eu.wiki e a ver se poden botar unha man.
Sobre o que anotaches na lista mellor que o comentes aquí na páxina de conversa que queda máis visible. Contéstoche a cada punto:
  • Lurraren adina, non se sabe cal pode ser este artigo en galego, en eu.wiki non teñen o artigo feito e o tradutor non aclara o tema así que hai que esperar a ver se alguén pode traducilo ben.
  • Amonitas, amonita é un explosivo no DRAG, e poñen trilobite como norma en singular e plural. É o nome que está no artigo e está referenciado no Gran dicionario Xerais da lingua, se o nome do artigo é incorrecto haberá que comentalo na súa páxina de conversa e logo modificar a lista.
  • Foxa das Marianas, tamén Fosa. Si, pero ese é o título que ten o artigo e nel tamén se indica que pode chamarse fosa. Se houbese algún erro no título habería que comentalo na conversa do artigo e logo amañar a lista se fose preciso.
  • Falla de San Andrés, San Andrés é en español e mexicano; en inglés é San Andreas e en galego sería Santo André. Tes razón que hai que revisar este nome, buscarei información en galego a ver se de casualidade está na Diciopedia.
  • Elikagaien zikloa, Ciclo dos alimentos???, non se sabe cal pode ser este artigo en galego, non teño nin idea de cal pode ser o nome deste artigo, tamén pedirei axuda sobre isto en eu.wiki.
O resto de cambios xeniais e de moita axuda. Como xa pasei as túas dúbidas aquí, xa vou quitar os comentarios da lista. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xullo de 2018 ás 19:12 (UTC)[responder]
Ou moito me equivoco ou Lurraren adina é Idade da Terra, xa que historia da Terra xa sería tema de historia. En canto a Elikagaien zikloa parece que é algo redundande xa que o seu contido podería estar en cadea trófica.--HacheDous=0 (conversa) 15 de xullo de 2018 ás 19:42 (UTC)[responder]
Si, idade da Terra (lur =Terra, adin =idade) e cadea trófica eran dúas das suxestións que lle fixera a Elisardjom, pero ziklo significa ciclo, por iso propuxen tamén ciclo da materia (que non se corresponde con elikagai, que é alimento), ou se están falando de dietas: roda dos alimentos..--Miguelferig (conversa) 15 de xullo de 2018 ás 19:57 (UTC)[responder]
Pero o ciclo da materia xa estaría cuberto no ciclo bioxeoquímico, non? Tamén se podería pensar en nutrición humana, aínda que non fora iso ao que se refería a wikipedia vasca, podería ser un tema interesante nesas idades.--HacheDous=0 (conversa) 15 de xullo de 2018 ás 21:13 (UTC)[responder]

Lugar de protección especial[editar a fonte]

Ola outra vez. Estás seguro da tradución do título "Lugar de protección especial"? Non podería ser zona especial de conservación, páxina xa existente?--Miguelferig (conversa) 24 de xullo de 2018 ás 00:12 (UTC)[responder]

Non sei, terei que preguntar alí a que se refiren... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de xullo de 2018 ás 08:04 (UTC)[responder]
Ola! por se vos axuda: os LIC son só a primeira fase na declaración dun espazo natural na Rede natura europea. Os estados levan ante comisión da UE propostas de áreas de conservación, e cando a UE as ratifica decláranse como espazos ZEC. Nesta rede tamén están as ZEPAs, por se a queredes incluír :). Mgl.branco (conversa) 26 de xullo de 2018 ás 20:50 (UTC)[responder]
Pois por iso sospeito que o título que hai que traducir do euskera se trata dun ZEC, xa que creo que oficialmente non hai a figura de "lugar de protección especial" (o que si hai é un LIC, lugar de interese comunitario). A non ser que alí en Euskadi teñan unha figura autonómica de protección ambiental con ese nome, pero nese caso tampouco nos interesaría tanto a nós se só a teñen alí.--Miguelferig (conversa) 26 de xullo de 2018 ás 21:06 (UTC)[responder]
Certo, non coñezo que exista a figura de "lugar de protección especial". Único que sexa referíndose a Espazo natural protexido. Mgl.branco (conversa) 26 de xullo de 2018 ás 21:35 (UTC)[responder]

Sección ecoloxía[editar a fonte]

Ola! Entendo que na sección de ecoloxía o interese está na biomasa (a masa que supón unha comunidade biolóxica nun ecosistema) e non na biomasa (enerxía) (a masa como fonte de enerxía), non?

Logo, aproveito e deixo outras notiñas. Sobre biótopo e biocenose dicir que son termos pouco asentados na ecoloxía actual (así que non lle daría demasiada prioridade editando). Outros artigos esenciais da Ecoloxía entendo que son: Ambiente, Bioma, Factor biótico/abiótico, Migración animal, Superpoboación (xeral, non só a humana), Competencia intra- e interespecífica, Produción primaria e Sucesión ecolóxica. Algúns máis "transversais" ou de interese: Fixación do nitróxeno (como exemplo da importancia de microorganismos en procesos globais), Especies ameazadas, Bioindicadores, Eutrofización ou Día Mundial do Ambiente. Deica! Mgl.branco (conversa) 26 de xullo de 2018 ás 21:36 (UTC)[responder]

López Seoane[editar a fonte]

Oes Eli.

Estiven procurando en [1] e hai cousas que non dou atopado. De onde ven, por exemplo, Víctor López Seoane? --. HombreDHojalata.conversa 28 de decembro de 2018 ás 09:32 (UTC)[responder]

HombreDHojalata, non consultei esa páxina porque non a coñecía, como na lista orixinal había artigos relacionados co País Vasco eu intentei substituílos por outros que estivesen relacionados con Galicia. Pero xa comentei na páxina principal esta é unha lista de comezo, habería que conseguir axuda de profesores e xente que coñeza o currículo galego de cada materia para que revisen as listas e as axeiten ó noso caso... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de decembro de 2018 ás 10:15 (UTC)[responder]
Pero estás a poñerlle o marcador aos artigos [2] seguindo o teu único e propio criterio?! --. HombreDHojalata.conversa 29 de decembro de 2018 ás 10:31 (UTC)[responder]
Pois si HombreDHojalata, en vez de Aranzadi Zientzia Elkartea, Armand David, Jean Etxepare Bidegorri, e Jose Migel Barandiaran, persoeiros vencellados ó País Vasco, puxen Baltasar Merino, Víctor López Seoane e María Martinón Torres... Pero xa dixen dende o principio do proxecto na taberna, que esta é unha lista "base" "adaptada" de eu.wiki, e pedín varias veces axuda de xente que coñecese o currículo galego para mellorar as listas e axeitalas o mellor posible... Espero que cando o proxecto se vaia dando a coñecer, os profesores de cada materia boten un pouco de traballo nesta tarefa inicial, revisando as listas, como tamén se indica en Conversa Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2018 ás 01:36 (UTC)[responder]
HombreDHojalata, que tampouco fun eu só o que fixo cambios nas listas, podes ver que nalgunhas páxinas de conversa do proxecto houbo propostas de varios usuarios e outros cantos tamén fixeron modificacións directamente nas listas. É dicir, son listas wiki imperfectas e nas que todos poden achegar as melloras que vexan mellor... Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2018 ás 10:09 (UTC)[responder]