Superpoboación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa da densidade de poboación mundial por países.
Áreas con altas taxas de densidade de poboación, calculado en 1994.

A superpoboación[1][2] é un fenómeno que se produce cando unha elevada densidade de poboación provoca un empeoramento da contorna, unha diminución na calidade de vida ou situacións de fame e conflitos. Xeralmente este termo refírese á relación entre a poboación humana e o medio ambiente.[3] Tamén se pode aplicar a calquera outra especie que alcance niveis críticos no seu número de individuos.

A superpoboación provén da superación por unha especie animal dos límites de sostibilidade do biótopo que habita. Isto é, unha especie demanda máis alimento, produce máis residuos e esixe máis espazo do que o biótopo pode darlle ou aceptar sen sacrificar o futuro doutras especies que habitan nel. A superpoboación non é tanto unha cuestión de espazo, como de limitación de recursos, e sobre todo, como consecuencia directa, de extinción das especies que cohabitan a rexión superpoboada coa especie humana. Estímase que preto dun 99,9% de todas as especies que xurdiron no planeta extinguíronse por unha ou outra causa, ademais de que sen estas extincións a especie humana nunca tivese chegado a ocupar todos os ecosistemas terrestres do planeta.[4][5]

A superpoboación pode resultar dun incremento de nacementos, unha diminución da mortalidade debido aos avances médicos, un aumento da inmigración ou por un bioma insostible e esgotamento de recursos. É posible que en áreas de escasa densidade de poboación se dea superpoboación porque a área en cuestión non poida soster tanta poboación.

O concepto de superpoboación baséase no principio de que todo territorio ten unha determinada capacidade de carga, a que vén determinada pola cantidade de recursos dispoñibles, e pola taxa de renovación destes. A poboación de calquera especie alcanzará o seu nivel óptimo cando esta sexa igual á capacidade de carga. Se a poboación aumenta por sobre a capacidade de carga, haberá sobrepoboación, e por conseguinte os recursos (especialmente os alimentos) non alcanzarán para todos os habitantes da poboación, producíndose a morte por inanición destes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para superpoboación.
  2. Entrada de "superpoboación" no Digalego.gal
  3. Global food crisis looms as climate change and population growth strip fertile land.
  4. "Extinction: Lecture Notes by Bruce Walsh" (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2009. 
  5. Raup, David M. (1991). Bad Genes or Bad Luck? (en inglés). Nova York: W.W. Norton and Company. pp. 3–6. ISBN 978-0393309270. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]