Controversia sobre a doazón de sangue de homes que teñen sexo con homes
A controversia sobre a doazón de sangue de homes que teñen sexo con homes é a disputa sobre as prohibicións das doazóns de sangue ou de tecido para transplantes de órganos de parte de homes que teñen sexo con homes (HSH), unha categoría de homes que manteñen (ou mantiveron no pasado) relacións sexuais con outros homes, sen ter en conta se se identifican como bisexuais, gais ou doutra maneira. Ás restricións ós doantes chámaselle ás veces "postergacións", dado que os doantes de sangue que foron rexeitados poderían non selo noutra ocasión. Con todo, moitas postergacións son indefinidas, o que significa que a doazón podería non ser aceptada nunca, o cal supón unha prohibición de facto. As restricións varían dun país a outro, e nalgúns deles non se teñen en conta prácticas como o sexo con protección ou os períodos de abstinencia. As restricións non afectan só a estes homes, tamén nalgúns casos a calquera muller que fose parella sexual. Polo demais, non afectan a mulleres, nin sequera ás mulleres que teñen sexo con mulleres. A axencia estadounidense Administración de Alimentos e Medicamentos (FDA) sostén que a xanela de postergación dun ano está "apoiada pola mellor evidencia científica que hai dispoñible".[1]
Moitas organizacións LGBT consideran que as restricións sobre a doazón están baseadas en homofobia e non nun problema médico lexítimo, xa que as doazóns sométense a probas rigorosas para excluír ós doantes que estean infectados con virus coñecidos como VIH, VPH, hepatites B e hepatites C. Tamén afirman que as postergacións baséanse en estereotipos.[2] Os que propoñen unha restrición para sempre deféndena debido ó risco de que a análise produza un falso negativo e debido a que a poboación HSH de países desenvolvidos adoita ter unha maior prevalencia de infección de HIV/AIDS.[3][4] O comité de asesoramento do goberno británico, SABTO, afirmou en 2013 que "se se lle permitise ós HSH doar sangue, o risco de transfusión de sangue infectado de VIH aumentaría".[5] Con todo, en xullo do 2017, o goberno británico reduciu a xanela de postergación dun ano a tres meses, o cal entraría en vigor meses despois, como resultado das conclusións actualizadas do SABTO de que "os novos sistemas de análises eran precisos e os doantes eran bos no cumprimento das normas". Ademais, a organización inglesa NHS Blood and Transplant está a investigar a posibilidade de que os HSH, dependendo do nivel de risco, poidan doar mesmo sen a postergación de tres meses.[6]
Os partidarios de cambiar as prohibicións ós HSH sinalan que a selección de doantes debería centrarse tanto no comportamento sexual como nas prácticas de sexo seguro xa que moitos HSH poden ter sempre sexo con protección, ser monógamos ou estar noutras categorías de baixo risco.[2][5] Algúns grupos que están a favor de eliminar as restricións apoian un período de espera antes da doazón de sangue, cando se considera que o doante tivo un comportamento considerado de alto risco; e antes de ser usada, para que se adapte á xanela dos métodos de análises do banco de sangue.[2] A pesar de que o VIH detéctase de forma fiable despois de entre 10 e 14 días con análises de ARN, hai métodos de análise máis antigos que só proporcionan unha precisión de até o 98% de casos positivos despois de tres meses.[7]
Existe unha gran cantidade de medo residual á contaminación de hemoderivados como consecuencia dos escándalos de sangue contaminado, os cales causaron miles de mortes debido ó VIH e á hepatite C en pacientes que requiren transfusións de sangue.[cita requirida] O sangue contaminado pon ós hemofílicos nun risco enorme de mortalidade elevada, aumentando o risco de procedementos cirúrxicos comúns.
Índice
VIH/sida[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Homes que teñen sexo con homes.
En moitos países desenvolvidos, o VIH é máis prevalente entre homes que teñen sexo con homes (HSH) que entre a poboación xeral.[4]
En Estados Unidos en 2005, os HSH, os afroestadounidenses, e as persoas que participan en comportamentos heterosexuais de alto risco representan o 49%, o 49%, e o 32% dos novos diagnósticos de VIH, respectivamente.[8] En 2009, os afroestadounidenses representaron o 47.9% dos novos diagnósticos de VIH rexistrados ese ano neste país, a pesar de só representan aproximadamente o 12% da poboación.[9]
Situación actual[editar | editar a fonte]
Lista das posturas de distintos países sobre os doantes de sangue HSH[editar | editar a fonte]


Esta lista amosa países que teñen restricións sobre os doantes de sangue.[10][11] A maior parte de estándares nacionais requiren preguntar de forma directa sobre a historia sexual dos homes, pero a duración das postergacións varía dun país a outro.
País | Postergación para os HSH | Postergación para mulleres que foron parellas sexuais de HSH | Ref(s) |
---|---|---|---|
![]() |
Sen postergación | Sen postergación | |
![]() |
Exclusión indefinida | [Cómpre referencia] | |
![]() |
Sen postergación | Sen postergación | [12][13][14][15] |
![]() |
Dun ano | Dun ano | [16] |
![]() |
Exclusión indefinida | [17] | |
![]() |
Dun ano | Dun ano | [18] |
![]() |
Sen postergación | Sen postergación | [19] |
![]() |
Exclusión indefinida | [20] | |
![]() |
Dun ano | Dun ano | [21] |
![]() |
Sen postergación | [Cómpre referencia] | |
![]() |
Dun ano | Dun ano | [22][23][24][25] |
![]() |
Sen postergación | Sen postergación | [26][27][28][29][30] |
![]() |
Exclusión indefinida | [31] | |
![]() |
Sen postergación | Sen postergación | [32] |
![]() |
Sen postergación | [33] | |
![]() |
Exclusión indefinida | [34] | |
![]() |
Dun ano | Dun ano | [35] |
![]() |
Exclusión indefinida | 4 meses | [36] Dinamarca permitirá ós homes gais doar sangue tras un período de postergación de 4 meses en 2019.[37][38] |
![]() |
Exclusión indefinida | [39] | |
![]() |
Dun ano | Dun ano | [40] |
![]() |
Dun ano | [41] | |
![]() |
Dun ano | [42] | |
![]() |
Exclusión indefinida | [Cómpre referencia] | |
![]() |
Dun ano | [43][44] | |
![]() |
Dun ano | [10] | |
![]() |
Exclusión indefinida | ||
![]() |
Dun ano | [45][46][47][48] | |
![]() |
Dun ano | Sen postergación | Israel aplicou un período de postergación dun ano a partir de xaneiro de 2018.[49][50][51] |
![]() |
Sen postergación | Sen postergación | [10][52] |
![]() |
6 meses | [53] | |
![]() |
Sen postergación [nota 1] | Sen postergación [nota 1] | [55] |
![]() |
Exclusión indefinida | [56] | |
![]() |
Exclusión indefinida | [57] | |
![]() |
Exclusión indefinida | Exclusión indefinida | [58] |
![]() |
Exclusión indefinida | Malta permitirá ós homes gais doar tras un período de postergación de 6 meses en 2019.[59][60] | |
![]() |
Sen postergación | Sen postergación | [61] |
![]() |
Dun ano | Dun ano | [62][63] |
![]() |
Dun ano | Dun ano | [64] |
![]() |
Dun ano | Dun ano | [65] |
![]() |
Dun ano | Dun ano | [66][67] |
![]() |
Sen postergación | Sen postergación | [68][69][70][71][72] |
![]() |
Exclusión indefinida | [Cómpre referencia] | |
![]() |
Sen postergación [nota 1] | Sen postergación [nota 1] | [10][73][74][75] |
![]() |
Dun ano | Dun ano | [76][77] |
![]() |
Sen postergación | Sen postergación | [78][79] |
![]() |
Sen postergación | Sen postergación | |
![]() |
6 meses | [Cómpre referencia] | |
![]() |
Exclusión indefinida | [80] | |
![]() |
Sen postergación | Sen postergación | [81] |
![]() |
Dun ano | Sen postergación | [82] |
![]() |
Dun ano | [83] | |
![]() |
Exclusión indefinida | [84] | |
![]() |
Sen postergación | Sen postergación | [10] |
![]() |
Dun ano | Dun ano | [85][86] |
![]() |
Dun ano | Dun ano | [87] |
![]() |
De 5 anos | De 5 anos | Desde maio de 2018, Taiwan permite á xente LGBT doar sangue de forma legal, debido a unha nova normativa de doazón de sangue, pero só tras un período de postergación de 5 anos.[88] |
![]() |
Exclusión indefinida | Exclusión indefinida | [89][90] |
![]() |
Exclusión indefinida | Dun ano | [91] |
![]() |
Exclusión indefinida | [Cómpre referencia] | |
![]() |
Exclusión indefinida | [92] | |
![]() |
3 meses[93] | 3 meses[93] | [94][95][96] |
![]() |
Dun ano | Dun ano | [97][98] |
![]() |
Dun ano | Sen postergación | [99] |
![]() |
Exclusión indefinida [nota 2] | Sen postergación | [Cómpre referencia] |
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Invítase a doar sangue a calquera persoa de calquera orientación sexual que realizara calquera tipo de actividade sexual, se confían en que o seu comportamento sexual é seguro e non os expón a enfermidades de transmisión sexual como por exemplo sexo sen protección con parellas que non sexan de confianza, sen ter en conta a orientación sexual.[54]
- ↑ Pídeselles ós individuos que cubran un cuestionario de "sí" ou "no" sobre a súa vida sexual. Neste cuestionario poden aparecer preguntas directas do tipo "Alguna vez mantiveches relacións sexuais con persoas do teu mesmo sexo?". [Cómpre referencia]
Razoamento tras as restricións[editar | editar a fonte]
Os servizos sanguíneos deben asegurarse ante todo de que todo o sangue doado que recibiron sexa seguro para o seu uso nunha transfusión. Isto lógrase avaliando se os doantes potenciais teñen comportamentos de alto risco mediante cuestionarios e entrevistas antes de extraer o sangue e, posteriormente, analizando nun laboratorio as mostras do sangue doado.
Os servizos sanguíneos baséanse a miúdo na maior prevalencia estatística do VIH e da hepatite entre os HSH nos estudos de poboación para xustificar as súas prohibicións contra os HSH.
Nos primeiros anos da epidemia da sida, non había probas fiables para detectar o virus, polo que as prohibicións absolutas ás doazóns de sangue daqueles grupos cun risco alto de ter ou de contraer VIH, incluíndo HSH, estaban xustificadas. Estas restricións son similares ás restricións que hai hoxe en día en moitos países ás persoas que vivían no Reino Unido durante a epidemia da EEB ("enfermidade das vacas tolas") da década de 1980 e de principios e mediados da década de 1990, xa que non existen análise que permitan detectar a súa variante humana, a enfermidade de Creutzfeldt-Jakob (ECJv).
En 1985, as primeiras probas que usaban o método ELISA buscaban anticorpos, é dicir, a resposta do sistema inmunolóxico ó virus. Con todo, cando se usa este método hai un período de xanela durante o cal unha persoa que está infectada de VIH é capaz de propagar a enfermidade a pesar de dar negativo na proba do virus. Este período de xanela pode durar de tres a seis meses, cunha media de 22 días.[100][101] Aínda se usan análises baseadas en métodos ELISA en países desenvolvidos debido a ser altamente sensibles. En países en desenvolvemento, estas análises son a miúdo o único método dispoñible para detectar o VIH no sangue doado. Para facer fronte ó período de xanela inherente ó uso destas análises, avalíase tamén se os doantes teñen comportamentos de alto risco, un dos cales é un historial de actividade sexual con parellas do mesmo sexo, entre os doantes potenciais que sexan homes. Entre outros grupos con restricións semellantes atópanse os traballadores sexuais, os consumidores de drogas por inxección e a xente que vive en países cunha prevalencia de VIH elevada (como os da África subsahariana). Hai probas máis modernas que buscan o virus directamente, como a proba do antíxeno p24, que busca unha parte da superficie do virus, e as probas de amplificación de ácidos nucleicos (NAT), que buscan o material xenético do virus. Con estas análises, o período de xanela é máis curto, dunha duración media de 12 días.[101] As probas combinadas de cuarta xeración de VIH son concluíntes tras 3 meses, e as probas de hepatite B son concluíntes tras 6 meses.
Tamén hai riscos asociados cos doantes que non son HSH e que dan positivo na proba do VIH, o que pode ter consecuencias moi importantes, xa que a última doazón do doante podería terse producido dentro do período de xanela das probas e podería entrar na subministración de sangue, coa posibilidade de infectar ós que reciben os hemoderivados. En Nova Zelandia en 2003 ocorreu un incidente no que un doante que non é HSH deu positivo na proba de VIH e como consecuencia houbo que retirar todos os hemoderivados feitos coa última doazón de sangue do doante, incluíndo 4 millóns de dólares neozelandeses en factor VIII, un factor de coagulación do sangue que se usa para tratar hemofílicos, e que se fabrica a partir de grandes cantidades de plasma doado, e causou despois escaseza a nivel nacional do factor VIII e a postergación de cirurxías non urxentes ós pacientes de hemofilia, custándolle ó sector da saúde millóns de dólares máis.[102] A frecuencia potencial e o impacto destes incidentes pódese reducir ó excluír a aqueles que teñan un alto risco de estar expostos a enfermidades transmitidas a través do sangue, incluídos os HSH.
Críticas cara ás restricións[editar | editar a fonte]
En xeral os que se opoñen ás restricións, incluíndo a Asociación Médica Estadounidense e a Cruz Vermella estadounidense, baséanse na idea de que as melloras en análises e outras proteccións reduciron o risco de transmitir o VIH por transfusión a un nivel aceptable. É frecuente que haxa escaseza de sangue, e os que defenden o cambio das políticas indican que ó excluír a doantes sans só se empeora o problema. As reservas "ideais" deben ser polo menos dunha subministración para tres días, pero a moitos centros sanguíneos cústalles cumprir esta esixencia.[103]
Os que propoñen cambios máis grandes baséanse no feito de que a prohibición é unha prohibición total que inclúe a todos os homes que tiveron sexo con outro home, con ou sen protección, e mesmo se se mostra de forma indiscutible que o estado serolóxico de VIH das parellas destes homes é negativo. Os que defenden o cambio sinalan que un home heterosexual promiscuo é un doante de maior risco que un home gai ou bisexual nunha relación monógama, pero aínda así a miúdo permitiráselle doar sangue. É máis, hai outras actividades de alto risco, como ter contacto sexual cunha persoa que use agullas para tomar drogas ou medicamentos que non sexan receitados polo seu médico, que teñen un período de postergación fixo antes de que o doante poida doar sangue, mentres que nalgúns países os doantes HSH teñen postergacións indefinidas. As mulleres doantes que tiveron contacto sexual con HSH reciben ás veces unha postergación temporal.
Tras un tiroteo masivo contra unha discoteca gai en xuño de 2016, houbo mostras de frustración e de desacordo por parte de homes gais e bisexuais, a quen se lles prohibiu doar sangue ás vítimas, e moitos activistas LGBT en todo o país e un grupo de lexisladores demócratas[104] instaron a que se eliminase a prohibición. A FDA dixo máis tarde que non tiña plans para cambiar esta regulación e que avaliará as súas políticas "cando se publique nova información científica".[105][106][107]
Activismo a favor da reforma das políticas cara ós doantes HSH[editar | editar a fonte]
Activismo estudantil e docente nos campus[editar | editar a fonte]
- En Canadá
- A asociación de alumnos da Universidade de Carleton en Ottawa, Ontario votou en 2012 a favor de manter a prohibición nas clínicas sanguíneas do campus.[108]
- Nos Estados Unidos[109]
- No 2005, un activista estudantil na Universidade de Vermont (UVM) presentou unha queixa ante a Oficina de Equiparación de Dereitos da universidade, alegando que as campañas de doazón de sangue da Cruz Vermella estadounidense no campus infrinxían a política de discriminación da UVM. A oficina propuxo que non se permitise á Cruz Vermella realizar campañas de doazón no campus, pero a administración da UVM rexeitou a proposta, afirmando que non beneficiaría á saúde pública. Tras isto, continuou o activismo estudantil e LGBT en UVM.[110] No 2007, a Asociación de Goberno Estudantil en UVM votou en contra, por 16 votos en contra e 15 a favor, dunha resolución non vinculante na que se lle pedía á universidade que prohibise as campañas de doazón de sangue debido á política.[111]
- No 2007, un grupo de irmandades da Universidade Estatal de Iowa retirou o seu apoio a unha campaña de doazón, o que causou polémica.[112]
- No 2008, o presidente da Universidade Estatal de San José, Don Kassing, suspendeu todas as campañas de doazón no campus debido a que a política HSH para doantes de sangue infrinxía a política de non discriminación da universidade.[113][114]
- No 2008, un membro do corpo docente na Universidade Estatal de Sonoma presentou unha resolución no claustro de profesores para prohibir as campañas de doazón no campus, O claustro de profesores aprobou a resolución, con 21 votos a favor e 13 en contra, en oposición ó claustro de estudantes, que aprobou unha resolución a principios de mes na que se sinalaba a discriminación, pero expresando o seu apoio ás campañas mensuais de doazón debido á súa importancia.[115][116][117]
- No 2010, un grupo estudantil LGBT do Colexio Estatal de Keene protestou en contra das campañas de doazón no seu campus.[118]
- No 2011, o claustro de profesores do Queens College, Universidade da Cidade de Nova York, recomendou que se detivesen todas as campañas de doazón no campus.[119][120]
- No 2013, un grupo de estudantes da Universidade de Míchigan a favor dunha política de doazón dos HSH máis relaxada comezaron unha iniciativa "“Bleeding for Equality" (Sangrando pola Igualdade) na cal os individuos que non son aptos para doar debido á política levaron a doar a individuos aptos no seu lugar, co fin de fomentar a doazón de sangue e, ó mesmo tempo, demostrar a cantidade de sangue adicional que se podería recoller se se cambiase a política.[121][122] O Michigan Daily, o xornal estudantil da Universidade de Míchigan, fixo un editorial a favor dunha política de doazón de sangue dos HSH máis relaxada.[123]
- O 27 xullo de 2016, trala traxedia en Orlando do 12 de xuño de 2016, Blood is Blood (Sangue é Sangue) organizou unha campaña de doazón o 27 de xullo desde as 12 p.m. até as 6 p.m. na sede central da división do oeste de Nova York da Cruz Vermella estadounidense, situada en Búfalo. Jordan Moll-Vigrass, fundador de Blood is Blood, e Matthew Crehan Higgins, Director Executivo do Pride Center of WNY falaron durante a campaña para concienciar sobre a existencia de políticas arcaicas que impiden que moitos homes gais poidan doar sangue.
- No Reino Unido
- A Campaña da Unión Nacional de Estudantes LGBT leva a cabo unha campaña de "Donation Not Discrimination" (Doazón, non Discriminación) para cambiar a prohibición de doar sangue, ó mesmo tempo que promove a doazón continua por parte daqueles que non teñen prohibido doar.
- Outros países
No ano 2015, o escritor e poeta galés RJ Arkhipov publicou unha serie de poemas, nos que usou como tinta o seu propio sangue, como protesta ás restricións ós doantes de sangue que son HSH. No seu poema Inkwell ("Tinteiro") fala da vergoña e do estigma que rodea ó sangue gai. Trátase dun poema alfabético, e cada liña de cada un dos cinco cuartetos de Inkwell empeza cunha das letras de cada un dos grupos sanguíneos, alternando entre A, B, AB e O.[124][125][126]
Procesos xudiciais[editar | editar a fonte]
No ano 2018, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ocupouse dun caso dun cidadán francés ó que se lle impediu doar sangue.[127]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- FDA:Blood Products Advisory Committee, 09Mar2006 transcript
- CDC: El VIH/SIDA entre hombres que tienen relaciones sexuales con hombres
- British Medical Journal Debate: Should men who have ever had sex with men be allowed to give blood? No
- British Medical Journal Debate: Should men who have ever had sex with men be allowed to give blood? Yes