Conan IV da Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conan IV de Bretaña»)
Conan IV
Duque da Bretaña

Reinado1156–1166
Nacementoc. 1138
Falecemento20 de febreiro de 1171
SepulturaMosteiro de Bégard
PredecesorOdo e Berta da Bretaña
SucesorConstanza da Bretaña
Cónxuxe/sMargarida de Huntingdon
DescendenciaConstanza da Bretaña e Guillerme
ProxenitoresAlan o Negro
Berta da Bretaña

Escudo de Conan IV da Bretaña
Na rede
WikiTree: Bretagne-9 Find a Grave: 83267763 Editar o valor em Wikidata

Conan IV da Bretaña (en bretón: Konan IV Penteur ou Konan Breizh), nado en 1138 e finado o 20 de febreiro de 1171, foi duque da Bretaña (1156 - 1166) e conde de Richmond (1146-1171).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Conan era fillo de Alan da Bretaña e Berta da Bretaña, filla de Conan III da Bretaña, quen designou a Conan IV como o seu herdeiro baixo a rexencia de Eudon de Porhoet, segundo marido de Berta, desherdando por ilexitimidade ao seu fillo Hoel que tras a súa derrota por Eudon ten que se conformar co título de conde de Nantes.

Ao chegar Conan á maioría de idade Eudon négase a deixarlle o poder, Conan colle as armas e aliado de Hoel enfróntase a Eudon, porén tras ser derrotados en 1154 Conan refuxiase en Inglaterra co apoio de Henrique II de Inglaterra quen lle confirma o título e posesións de conde de Richmond, herdado do seu pai. Ademais grazas á axuda militar inglesa volve a Bretaña para se facer co poder, porén a súa condición de vasalo do rei inglés provoca unha revolta dos señores bretóns dirixida por Eudon pero Conan vence e Eudon ten que se refuxiar fóra da Bretaña. Conan IV queda proclamado duque en 1156, aínda así nese ano os nanteses matan a Hoel e proclaman conde a Godofredo Plantagenêt, irmán máis novo de Henrique II.

En 1160, coa benzón do rei de Inglaterra, Conan casou con Margarida Huntingdon, filla de Henrique de Escocia. Constanza naceu pouco tempo despois.

Unha nova revolta dirixida por Eudon de Porhoet deulle a Henrique II o pretexto para intervir na Bretaña co seu exército, obrigou a abdicar a Conan en favor dun dos seus fillos, Godofredo en 1166.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Etienne Gasche, Petite histoire des Rois et Ducs de Bretagne, éditions Yoran Embanner, 2006