Coleccións de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Coleccións de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón son o conxunto de poemarios en lingua galega de distintos autores publicados en diferentes editoriais tras resultar vencedoras no certame de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que se celebra en memoria de Eusebio Lorenzo Baleirón e para reafirmar a poesía galega.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

A obra gañadora do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón comezou a publicarse a partir da súa IV edición en formato libro nalgunha editorial recoñecida.[2] Os primeiros poemarios foron publicados por Ediciós do Castro,[2] á que se sumaron en posteriores edicións Sotelo Blanco[3][4] e Chan da Pólvora.[5]

Colección de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón (Ediciós do Castro)[editar | editar a fonte]

Comprende os poemarios que resultaron gañadores entre a IV edición e a XIX edición do certame.

Colección de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón (Sotelo Blanco)[editar | editar a fonte]

Comprende os poemarios que resultaron gañadores entre a XX edición e a XXVIII edición do certame.

Colección ELBa (Chan da Pólvora)[editar | editar a fonte]

Comprende os poemarios que resultaron gañadores a partir da XXIX edición do certame.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xunta corta a colaboración co premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón". Nós Diario. 29-04-2020. Consultado o 20-05-2022. 
  2. 2,0 2,1 Mariño Abuín, Xoán Bautista (16-12-2011). "A terra e o tempo de Eusebio Lorenzo Baleirón". Terra e Tempo. Arquivado dende o orixinal o 03-12-2022. Consultado o 17-05-2022. 
  3. "Versos contra a perda do país". El Correo Gallego. 21-12-2008. Consultado o 17-05-2022. 
  4. "Sotelo Blanco toma el testigo de las ediciones del Eusebio Lorenzo". El Correo Gallego (en castelán). 03-07-2008. Consultado o 17-05-2022. 
  5. "Estevo Creus, cando a poesía respira". El Correo Gallego. 17-01-2019. Consultado o 17-05-2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]