Xerardo Quintiá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xerardo Quintiá Pérez, nado en Friol o 28 de marzo de 1970, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1984 trasladouse a Lugo para realizar estudos de Bacharelato, cidade na que reside dende entón. Publicou os seus primeiros traballos na sección cultural “Táboa Redonda” de El Progreso (1988) e colaborou nas revistas Dorna, Xistral e Entremuros.

Hai en toda a literatura de Quintiá presenzas e motivos recorrentes, atmosferas que impregnan os seus textos e que viaxan dunha obra a outra, creando un cronotopo xenuíno que se rexe polas súas propias regras e que ten no Fornelos natal, no Friol tribal e no Lugo formativo e vital, os tres vértices dun triángulo locativo que aboia nun tempo suspenso, ancorado na memoria dos anos oitenta como eixe referente arredor do que orbita todo.

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Finísimo po nas ás, 1997, Galaxia.
  • Unha soa man e outros intres, 1999, Galaxia.
  • Un rabaño de ovellas brancas, 2001, Galaxia.
  • O libro dos aparecidos, 2002, Francka Editora.
  • Regreso á Ulloa, 2004, Concello de Palas de Rei.
  • Hotel Cidade Sur, 2012, Galaxia.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Ailalalalelo de auga, 2001, Do4 Edicións, Vigo.
  • Poesía en ruta, 2007, Espiral Maior.
  • Fornelos & Fornelos, primeira fundación, 2011, Espiral Maior.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • A verdadeira historia do burro Feldespato, 2003, Galaxia.
  • Ke-Tumba Ke-Tamba, 2006, Galaxia.
  • Titiritesa, 2007, OQO editora.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]