Xosé Lois Rúa
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 (72/73 anos) Campobecerros, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , poeta |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Premios | |
Xosé Lois Rúa Núñez, nado en Campobecerros (Castrelo do Val) en 1951, é un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como xornalista en diversos medios, como La Región, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, A Nosa Terra e a Axencia EFE. Na actualidade traballa na delegación en Ourense da Radio Galega.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- O lobo nos outeiros, 1996, Concello de Ourense.
- O tránsito da auga, 2002, Ediciós do Castro.
- Elexías do Camba, 2003, Espiral Maior.
- Memoria dos ríos perdidos, 2009, Espiral Maior.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense no 1995.
- Premio de Xornalismo Xosé María González Tojal da UXT de Ourense no 1997.
- Premio de poesía Cidade de Ourense no 1995.
- Premio de poesía Cidade de Ourense no 2001, por Elexías do Camba.
- XIV Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 2001, por O tránsito da auga.
- Medalla de Ouro da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense no 2012.