Xoán Bautista Mariño Abuín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 (55/56 anos) Dodro, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Xoán Bautista Mariño Abuín, nado en Dodro no ano 1968, é un profesor e político galego do BNG.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filoloxía Románica (subsección Filoloxía Francesa) pola Universidade de Santiago de Compostela, completou estudos na Universidade de Rennes 2. Como profesor do ensino secundario de francés desde o ano 1997 obtivo distintos destinos: Fuentesaúco (Zamora), Ribeira, Boiro, Vilagarcía de Arousa e Muxía. Desenvolveu traballo sindical na CIG-Ensino fundamentalmente na comarca da Barbanza e na actualidade traballada como docente de Francés de Secundaria no CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, onde ten praza definitiva.
Na súa faceta política milita activamente no nacionalismo desde 1999 participando nas listas do BNG de Dodro. Foi concelleiro-voceiro do BNG en Rianxo no período 2003–2007[2] e formou parte da lista encabezada por Francisco Rodríguez ao Congreso dos Deputados no 2004 pola provincia da Coruña en representación da comarca do Barbanza. En 2019 encabezou a lista do BNG en Dodro[3] e saíu elixido concelleiro, formando parte por primeira vez dun goberno tripartito neste municipio. Desde entón exerce como portavoz municipal e forma parte da Xunta de Goberno cunha tenencia de alcaldía e ostenta a responsabilidade da Concellaría de Servizos Sociais e Benestar[4], cargo sen dedicación remunerada.
Como concelleiro impulsou diversos cambios na política municipal, incrementando as prestacións á cidadanía no eido social, entre as que destaca o novo programa Dodro Escoita[5] que atende a persoas maiores que viven soas.
Tamén, desde o goberno municipal, promoveu en 2020 a preestrea do documental Reboiras: Acción e Corazón e, nun salón de plenos con presenza da veciñanza e de destacados membros da UPG e do BNG, conseguiu que a estrada que atravesa a aldea de Imo[6] leve o nome de Moncho Reboiras, recordando así o seu veciño asasinado en Ferrol pola policía franquista en 1975. Nas eleccións municipais de 2023 volveu ser o candidato do BNG.
Foi correspondente de La Voz de Galicia entre os anos 1992 e 1997 con novas e artigos xornalísticos sobre Dodro, así como o autor de fotos de Dodro do arquivo da Voz desa época. Colaborou con outras publicacións como A Nosa Terra,[7] EDUGA,[8], Galicia Viva[9] e Terra e Tempo.[10]
É socio e colaborador da Asociación de Profesores de Francés de Galicia desde os seus inicios e fundador e integrante da Asociación Cultural Galicia Viva e coordinador da revista electrónica www.galiciaviva.org, tempo durante o cal colaborou estreitamente con outras intelectuais da comarca como Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Avelino Abuín de Tembra, Manuel Dourado Deira[11] e Raimundo García Domínguez, máis coñecido por Borobó.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Pleno pacto goberno. Foto de Merce Ares
-
Proxección documental Reboiras: Acción e Corazón
-
Obradoiro de teatro organizado por Servizos Sociais
-
Entrega de premios da carreira pedestre
Obras
[editar | editar a fonte]Autor dun artigo do libro Os vellos camiños do Barbanza, percorrendo barbanza.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xoán Bautista Mariño Abuín". www.terraetempo.gal. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2019. Consultado o 2019-07-25.
- ↑ O BNG rianxeiro volve apostar por Xoán B. Mariño para encabeza-la lista
- ↑ Canal Barbanza (2019-05-14). "14052019 05 BNG BRAÑAS DE LAIÑO DODRO". Consultado o 2019-05-23.
- ↑ "Mariño destaca a aposta do BNG por mellorar os servizos sociais en Dodro". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-05-11.
- ↑ [https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/dodro/2020/02/27/span-langgldodro-activa-novo-programa-escoitar-aos-seus-maiores-span-ano-valoracion/0003_202002SL27S27992.htm
- ↑ Diario, Nós (2022-06-10). "A 'carretera de Imo', en Dodro, pasa a chamarse Moncho Reboiras". Nós Diario. Consultado o 2023-05-11.
- ↑ "A Nosa Terra (5 de setembro de 2008)". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 05 de abril de 2019.
- ↑ Unha aposta polo multilingüismo EDUGA
- ↑ "O galego está nunha boa liña" La Voz de Galicia
- ↑ "Revista Dixital en galego de pensamento nacionalista. Noticias, artigos, opinións e comentarios de diversos colaboradores de Terra e Tempo". mail.terraetempo.gal. Consultado o 2023-05-11.
- ↑ Manuel Dourado Deira
- ↑ Os vellos camiños do Barbanza, percorrendo barbanza, Coruña. 2011