Isidro Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isidro Novo
Isidro Novo (AELG)-2.jpg
Nacemento 5 de outubro de 1951 (66 anos)
Lugar Lugo, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Xéneros Narrativa e poesía
editar datos en Wikidata ]

Isidro Xoán Froilán López Novo, nado en Lugo o 5 de outubro de 1951, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Exerceu varias profesións como vendedor de libros, viaxante de produtos alimentarios, administrativo ou taberneiro. Comezou como autor de literatura infantil e xuvenil coa publicación de Teaza de brétema, que foi finalista no certame O barco de vapor de 1992. En 1997 apareceu Por unha presa de machacantes, un western cómico, ao que seguiron varios libros de relatos. Iniciouse na poesía co libro Dende unha nada núa. Participou en libros colectivos, foi radiofonista facendo en Radio Clavi un programa cultural titulado Gomorritas e novas criaturas, e como xornalista fixo reportaxes para varias revistas.

Varios dos seus relatos foron premiados no certame Modesto R. Figueiredo e no Manuel Murguía. Pertence ao Colectivo Círculos Líticos, integrado, entre outros, por Antón Fortes Torres e Lois Diéguez.

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Dende unha nada núa (1997, Edicións do Castro).
  • Esteiro de noites falecidas, 2007, Espiral Maior.
  • CO2, 2017, Positivas.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Teaza de brétema, 1994, S. M.

Ensaio[editar | editar a fonte]

Tradución[editar | editar a fonte]

  • Os fidalgos de Monforte: historia cabaleiresca do século XV, de Benito Vicetto (2009, Tris Tram.
  • Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo, 2009, Galaxia.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Premios Pedrón de Ouro. Certames XVI (1990) e XVII (1991) (1992, Edicións do Castro).
  • Cabalos do demo, en Airadas de palabras (1998, Laiovento).
  • Na boca do lobo (1998, Tris Tram).
  • Paisaxes con palabras (2001, Galaxia).
  • Alma de beiramar (2003, AELG).
  • Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo (2003).
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
  • Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, AELG).
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
  • Mitoloxía da morte: agoiros, ánimas e pantasmas. Actas das III xornadas de literatura de tradición oral, (Lugo, 5 e 6 de novembro 2010) (2011, AELG).
  • A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
  • 1975-2015 Moncho Reboiras Vive! (2015, Arredista Edicións).
  • Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).

Bibliografía sobre o autor[editar | editar a fonte]

  • O Xograr da Gravedade. A escrita lírica de Isidro Novo, de José Luis Calvo (2011, Editorial Nabetes, Pontevedra).

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]