Modafinilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrutura química do modafinilo
Estrutura química do modafinilo

(±)-2-((difenilmetil)sulfinil)-acetamida

Número CAS
68693-11-8
Código ATC
N06B A07
Fórmula química C15H15NO2S
Peso molecular 273,351 g/mol
Metabolismo Hepática, incluíndo CYP3A4 e outras vías
Semivida (t1/2) 12-15 horas
Excreción Renal (como metabolitos)
Categoría embarazo C
Status legal Psicotrópico:

Lista IV (EUA)

Vías de administración Oral

O modafinilo é un estimulante moderado do sistema nervioso central. É unha droga sintética, non anfetamínica, que promove o despertar e o estado de vixilia. Tamén se considera un axente nootrópico, é dicir, a súa acción selectiva sobre o cerebro habilitaría un maior rendemento das funcións cognitivas superiores, en particular, a memoria e a atención. Por isto, suxeriuse o seu potencial farmacolóxico para o tratamento procesos neurodexenerativos, como a enfermidade de Alzheimer e tamén a de Parkinson. Porén, estas propiedades nootrópicas non foron aínda obxecto de estudos sistemáticos.

Modafinil tablets - Modalert 200

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

En inglés[editar | editar a fonte]

En noruegués[editar | editar a fonte]