Alfred Sisley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfred Sisley
Alfred Sisley
Nacemento30 de outubro de 1839
 París
Falecemento29 de xaneiro de 1899
 Moret-sur-Loing
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Francia
Cónxuxe(s)Marie-Louise Adélaïde-Eugénie Lescouezec
FillosJeanne Sisley e Pierre Sisley
EidoPintura
MovementoImpresionismo
Na rede
Discogs: 2391763 WikiTree: Sisley-68 Find a Grave: 7132 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alfred Sisley (30 de outubro, 183929 de xaneiro, 1899) foi un pintor paisaxista impresionista de orixe inglesa que viviu e traballou en Francia.

Biografía[editar | editar a fonte]

Ponte de Villeneuve-la-Garenne.,1872, Alfred SisleyMetropolitan Museum of Art Nova York

Sisley naceu en París no seo dunha familia acomodada de orixe inglesa, os seus pais eran William Sisley e Felicia Sell. O seu pai, William, exportaba flores artificiais. A nai, Felicia Sell, proviña dunha familia inglesa culta. A comezos de 1860 Alfred estudou no atelier de Marc-Charles-Gabriel Gleyre, onde coñeceu a Frédéric Bazille, Claude Monet e Pierre-Auguste Renoir. Xuntos pintaron paisaxes "en plein air" (ao aire libre), coa fin de capturar os efectos transitorios da luz solar. Este enfoque, innovador na época, deu lugar a cadros máis coloridos e máis amplos que os cadros aos que o público estaba acostumado a ver. En consecuencia, Sisley e os seus amigos tiveron inicialmente poucas oportunidades para exhibir ou vender os seus traballos, aínda que a diferenza dalgúns dos seus compañeiros de estudos que sufriran as dificultades financeiras, Sisley recibiu asignación do seu pai.

Na actualiade non se conserva ningún dos seus traballos de estudante. O seu traballo coñecido máis vello é, Camiño preto dunha pequena vila pintado arredor de 1864.

En 1866, casou con Eugénie Lesouezec, de orixe bretoa, coa quen tivo dous fillos.[1] A súa seguridade financeira viuse afectada en 1870 cando o negocio do seu pai fracasou, véndose obrigado a vivir coas vendas dos seus cadros. O resto da súa vida viviría na pobreza; Os seus traballos só medraron de prezo trala súa morte.[2].

En 1880 Sisley e a súa familia mudáronse a unha vila de Moret-sur-Loing, preto do bosque de Fontainebleau onde os pintores da Escola de Barbizon traballaran a comezos de século. Nese mesmo lugar, tal e como dixera a historiadora de arte Anne Poulet, "As suaves paisaxes cos seus constantes cambios atmosféricos están perfectamente a ton co seu talento.

Sen contar o período comprendido entre 1857 e 1861 (no que Sisley vive en Inglaterra) e as viaxes que fai en 1874, 1881, e 1897, Sisley viviu a maior parte da súa vida en Francia.

Coñécese pouco sobre a influencia que tiveron sobre o pintor os traballos de J. M. W. Turner e John Constable, cadros que Sisley tería visto en Londres e que son suxeridos como influencia en Sisley como impresionista.[3].

Entre os pintores impresionistas, o que máis se asemella a Sisley é Monet, quen o chegou a eclipsar debido á semellanza dos seus traballos, malia ser Sisley menos experimental e traballar nunha escala menor. Sisley foi descrito polo historiador Robert Rosenblum como un pintor cun "carácter case xenérico, cunha idea hiperteórica e impersoal dunha perfecta pintura impresionista",[4] o seu traballo evoca fortemente a atmosfera e os seus ceos son sempre moi impoñentes. O pintor foi un dos impresionistas que se centrou mais na temática paisaxista.

Sisley morreu en Moret-sur-Loing á idade de 59 anos, uns meses máis tarde cá súa dona.

Obra[editar | editar a fonte]

Flood at Port-Marly, 1876

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Turner, 2000, pp. 400-401.
  2. Denvir, 2000, p. 265.
  3. Turner, 2000, p. 401.
  4. Rosenblum, 1989, p.306.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Denvir, B. (2000). The Chronicle of Impressionism: An Intimate DIary of the Lives and World of the Great Artists. Londres: Thames & Hudson. OCLC 43339405
  • Poulet, A. L., & Murphy, A. R. (1979). Corot to Braque: French Paintings from the Museum of Fine Arts, Boston. Boston: The Museum. ISBN 0-87846-134-5
  • Rosenblum, Robert (1989). Paintings in the Musée d'Orsay. Nova York: Stewart, Tabori & Chang. ISBN 1-55670-099-7
  • Turner, J. (2000). From Monet to Cézanne: late 19th-century French artists. Grove Art. Nova York: St Martin's Press. ISBN 0-312-22971-2

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]