Ambroise Vollard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAmbroise Vollard

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Henri Louis Ambroise Vollard Editar o valor em Wikidata
3 de xullo de 1866 Editar o valor em Wikidata
Saint-Denis (Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xullo de 1939 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Versalles (Francia) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Accidente de tráfico Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturacemiterio de Bagneux, 30 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncoleccionista de arte , empresario , marchante de arte , editor , biógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
IrmánsLucien Vollard (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
19 de abril de 2012claim for restitution of an artwork (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 153410320 Editar o valor em Wikidata
Retrato de Ambroise Vollard por Pierre-Auguste Renoir

Ambroise Vollard, nado en Saint-Denis (Reunión) o 3 de xullo de 1866 e finado en París o 22 de xullo de 1939, foi un tratante de pintura e galerista francés. Foi unha figura clave das vangardas e axudou a descubir a varios artistas como Paul Cézanne, Paul Gauguin, Vincent van Gogh, Henri Matisse, Pablo Picasso,[1] dos que, en moitas ocasións foi amigo persoal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deixou moi novo a súa illa natal para estudar en Montpellier e mais París. Na capital desenvolve unha paixón pola pintura que lle leva a abrir a súa galería de arte en 1890.

Expoñerá as obras de numerosos artistas hoxe cualificados de maiores, como Paul Gauguin, Henri Matisse, Paul Cézanne ou Pierre-Auguste Renoir. Ademais manterá con moitos deles lazos de amizade.

En 1898, Pierre Bonnard, Ker-Xavier Roussel e Édouard Vuillard realizaron por petición de Vollard unha serie de litografías en cor. En xuño de 1901 organizou a primeira exposición de obras de Pablo Picasso.

Tamén foi amigo de Maurice de Vlaminck e contribuíu en grande medida ao seu recoñecemento. Logo de coñecer a Alfred Jarry adicouse á escritura (Ubu colonial) e lanzouse ao mundo editorial para publicar obras de poetas ilustradas polos seus pintores favoritos. En 1900 lanzou a primeira: unha edición de Parallèlement de Paul Verlaine ilustrada por Pierre Bonnard. Incluía múltiples escenas de lesbianismo e foi un fracaso comercial.

Morreu nun accidente de tráfico. Picasso deu o seu nome (Suite Vollard) a unha serie de augafortes, hoxe considerada a máis importante do século XX.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dagen, Philippe (27 de xuño de 2007). "Ambroise Vollard, le plus grand défenseur de l'art du XXe siècle". lemonde.fr (en francés). Consultado o 20 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]