Mary Cassatt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mary Stevenson Cassatt
Nacemento 22 de maio, 1844
Lugar de nacemento (Allegheny City) Pittsburgh
PA, EEUU
Morte 14 de xuño, 1926
Lugar de morte París, Francia
Nacionalidade americana
Eido Pintura, Debuxo, Gravado
Movemento Impresionismo
Traballos O baño da mañá (1886)
Nai alimentando ao fillo (1898)
Influenciado por Xaponismo, Pintores impresionistas

Mary Stevenson Cassatt (22 de maio, 184414 de xuño, 1926) foi unha pintora e gravadora americana. Viviu gran parte da súa vida en Francia, onde entablou unha profunda amizade con Edgar Degas e máis tarde expuxo cos Impresionistas.

Cassatt pintou sobre a vida social e privada das mulleres, cunha particular énfase na unión entre nais e fillos.

Xuventude[editar | editar a fonte]

Cassatt naceu en Allegheny City, Pennsylvania, parte actual da cidade de Pittsburgh. Maru naceu no seo dunha familia acomodada: o seu pai, Robert S. Cassatt, era un exitoso corredor de bolsa, e a súa nai, Katherine Kelso Johnston, proviña dunha familia de banqueiros. Cassatt medrou nun ambiente onde as viaxes eran parte da súa educación; antes de cumprir os dez anos a rapaza xa viaxara a moitas capitais europeas, incluíndo Londres, París, e Berlín.

A pesares de que a súa familia obxectou a súa decisión de converterse nunha artista profesional, ela comezou a estudar pintura na Pennsylvania Academy of the Fine Arts en Philadelphia, Pennsylvania (1861-1865). Impaciente co lento ritmo das clases e a actitude condescendente dos estudantes e dos mestres, fixo que decidise estudar os antigos patróns por si mesma, e en 1866 mudouse a París.

A festa no bote

Co comezo da Guerra franco-prusiana, Mary Cassatt volveu aos Estados Unidos xunto a súa familia, adicándose á pintura na súa vila, a pesares da dificultaded de atopar bos materiais e modelos para as súas pinturas. O seu pai continuou a resistirse á súa vocación, pagando só as súas necesidades básicas, deixando ao seu cargo o pagamento dos seus materiais plásticos. En 1871 volveu a Europa cando o Arcebispado de Pittsburgh lle encargou pintar copias dalgunhas pinturas de Italia, despois do cal viaxou polo Europa.

Impresionismo[editar | editar a fonte]

En 1872, Mary Cassatt xa contaba cun estilo maduro, en parte debido ao estudo dos mestres máis importantes e ás indicacións e consellos do seu mestre Camille Pissarro. Ese mesmo ano unha das súas pinturas foi escollida polo xurado para ingresar no Salon de Paris. Respecto á súa obra, os críticos dixeron que as súas cores eran moi rechamantes e que os seus retratos eran demasiado fieis para favorecer ao modelo.

Logo de ver a obra ao pastel de Edgar Degas na fiestra dunha galería de arte, soubo que non estaba soa na súa rebelión. Nunha carta a un amigo atopamos o seguinte:

Adoitaba esmagar o meu nariz contra as fiestras para absorber todo o que podía da súa arte... Cambiou a miña vida, dende entón puiden ver á arte do xeito que sempre quixen vela.
Mary Cassatt

En 1874 coñeceu a Edgar Degas quen a convidou a exhibir o seu traballo cos impresionistas, o que finalmente ocorreu en 1879. Pouco despois do seu triunfo cos impresionistas, Cassat deixou a pintura para facerse cargo da súa nai e irmá quen enfermaron logo de mudarse a París en 1877. A súa irmá morreu en 1882 pero a súa nai recuperou a saúde logo do cal Cassat retomou a pintura a mediados de 1880. Permaneceu unida a este círculo até 1886, con todo a súa amizade con Degas e Berthe Morisot non se disolveu.

Tempo de verán (c. 1894)

Cassat continuou en evolución, polo que deixou o impresionismo e achegouse máis cara unha honesta e sinxela copia da realidade. Cara 1886, xa non se identificaba con este nin con ningún outro movemento artístico e comezou a experimentar con varias técnicas. No seu traballo pódese observar que case un terzo das súas pinturas amosan esceas da vida cotiá e retratos de nais e fillos en íntima relación.

Derradeiros anos[editar | editar a fonte]

O baño do neno (O baño)
Art Institute of Chicago

A década de 1890 foi a época máis creativa de Cassatt, mesmo se converteu en modelo a seguir para novas artistas americanas, entre as que destacan Lucy A. Bacon, a quen Cassat preséntoulle a Camille Pissarro.

En 1891, exhibiu unha serie de coloridas pinturas entre as cales estaban Muller tomando un baño e O salón de beleza, cadros inspirados na arte xaponesa que foron exhibidos en París un ano antes.

Ao iniciarce o novo século, traballou como conselleira en varias coleccións de arte onde deixou estipulado que eventualmete doarían as súas vendas aos Museos de Arte Norteamericanos. Con todo, o recoñecemento da súa arte chegou tardiamente aos Estados Unidos.

O irmán de Cassatt, Alexander Cassatt, (presidente da Pennsylvania Railroad dende 1899 ata a súa morte) morreu en 1906. A morte do seu irmán fixo que non voltase pintar até 1912.

Unha viaxe ao Exipto en 1910 impresionou á pintora coa beleza da súa arte antiga. Diagnosticada de diabetes, reumatismo, neuralxia e cataratas en 1911, seguiu coa súa produción artística, mais en 1914 foi forzada a deixar de pintar ao ir perdendo a vista. Non obstate, Cassatt non deixou a súa actividade, uníndose aos colectivos femininos que loitaban polo recoñecemento do Sufraxio feminino, facendo unha exposición de dezaoito cadros en 1955 para apoiar o movemento.

En recoñecemento á súa achega á arte, o goberno de Francia galardoouna coa Légion d'honneur no ano 1904.

A pintora morreu o 14 de xuño de 1926 na vila de Château de Beaufresne, preto de París, sendo soterrada no panteón familiar de Mesnil-Théribus, Francia.

Como a maioría dos pintores da súa época, Cassatt ten escasa presenza nos museos de España. Existe un exemplo de notable importancia, o lenzo "Maternidade", no Museo de Belas Artes de Bilbao.

Galería de traballos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mary Cassatt
  • Mathews, Nancy Mowll, Mary Cassatt: A Life, 1998, Yale University Press, ISBN 0-300-07754-8
  • White, John H., Jr. (Spring 1986), America's most noteworthy railroaders, Railroad History, Railway and Locomotive Historical Society, 154, p. 9-15. (mentions family relationship to Alexander J. Cassatt).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]