Stéphane Audran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Stéphane Audran
Nome completoColette Suzanne Jeannine Dacheville
Nacemento8 de novembro de 1932 e 2 de novembro de 1932
Lugar de nacementoVersalles
Falecemento27 de marzo de 2018
Lugar de falecementoNeuilly-sur-Seine
SoterradaTolla
NacionalidadeFrancia
Alma máterCours Simon
Ocupaciónaudiobook narrator e actriz de cinema
CónxuxeClaude Chabrol e Jean-Louis Trintignant
FillosThomas Chabrol
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra, officier de l'ordre national du Mérite, Urso de Prata de melhor atriz, César de melhor atriz secundária, Cavaleiro da Ordem do Dannebrog, Cuncha de Prata á mellor actriz, BAFTA de melhor atriz em cinema, Commandeur des Arts et des Lettres‎ e Predefinição:Robert prisen de melhor atriz
Na rede
IMDB: nm0000804 Allocine: 975 Allmovie: p2809 TCM: 6876
Musicbrainz: 285d68c5-8f85-4cf7-aa75-d9b9a738d520 Discogs: 2542367 WikiTree: Dacheville-2 Find a Grave: 188346403 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Colette Suzanne Dacheville, nada en Versalles o 8 de novembro de 1932 e finada en Neuilly-sur-Seine o 27 de marzo de 2018, foi unha actriz francesa de cinema e televisión coñecida como Stéphane Audran.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Audran foi criada pola súa nai despois de que o seu pai, un médico, morrese cando era nova.[1]

En 1964 casou co director e guionista Claude Chabrol despois dun breve matrimonio co actor Jean-Louis Trintignant. Do seu matrimonio con Chabrol, que rematou en 1980, naceu o seu fillo, o actor Thomas Chabrol, en 1963.

O primeiro papel importante de Audran foi no filme de Chabrol Les Cousins (1959). Posteriormente apareceu en moitos outros filmes do director. Gañou o Oso de Prata á mellor actriz no Festival de Berlín de 1968 por Les Biches.[2] Tamén participou no primeiro filme de Éric Rohmer (Le Signe du lion), e en filmes de Jean Delannoy (La Peau de Torpedo), Gabriel Axel (Babettes gæstebud, como a misteriosa cociñeira Babette), Bertrand Tavernier (Coup de torchon, como a esposa do policía convertido en asasino), Samuel Fuller (The Big Red One) e Luis Buñuel (O discreto engado da burguesía, como Alice Senechal, nunha das súas interpretacións máis celebradas).

Audran tamén actuou en producións en lingua inglesa como o filme estadounidense The Black Bird (1975) e en series de televisión, incluídas Brideshead Revisited (1981), Mistral's Daughter (1984) e The Sun Also Rises (1984). En 1974 protagonizou And Then There Were None, versión cinematográfica da novela de misterio de Agatha Christie. Gañou un César á mellor actriz secundaria pola súa interpretación en Violette Nozière (1978) e un premio da BAFTA por Just Before Nightfall (1975).

Audran faleceu o 27 de marzo de 2018 despois dunha longa doenza. O seu fillo Thomas informou que a súa nai estivera dez días no hospital e despois volveu á casa, falecendo alí arredor das dúas da mañá.[3][4][5]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1957 Le Jeu de la nuit
1958 La Bonne tisane Aline Monnier
Les Amants de Montparnasse Une fille à la terrasse Sen acreditar
1959 Les Cousins Françoise
1960 Les Bonnes Femmes Ginette
Présentation ou Charlotte et son steak Charlotte Curtametraxe
1961 Les Godelureaux Xavière, la danseuse
Saint Tropez Blues Lucie Curtametraxe
1962 Le Signe du lion La patronne de l'hôtel
L'Œil du malin Hélène
1963 Landru Fernande Segret
1964 Les Durs à cuire ou Comment supprimer son prochain sans perdre l'appétit Rika Lormond
Le Tigre aime la chair fraiche La chanteuse d'opéra Sen acreditar
1965 Paris vu par... The mother Episodio La Muette
Marie-Chantal contre le docteur Kha Olga
1966 La Ligne de démarcation La femme du Dr. Lafaye / Wife
1967 Le Scandale Jacqueline Belling / Lydia
1968 As cervas Frédérique
1969 A muller infiel Hélène Desvallées
1970 O carniceiro Hélène
La Peau de torpedo Dominique Krestowitz
A ruptura Hélène Régnier
The Lady in the Car with Glasses and a Gun Anita Caldwell
1971 Ao anoitecer Hélène Masson
Sans mobile apparent Hélène Vallée
Aussi loin que l'amour La femme de Michel
1972 Un meurtre est un meurtre Marie Kastner / Anne
O discreto engado da burguesía Alice Sénéchal
1973 Relacións sanguentas Lucienne Delamare
1974 Comment réussir quand on est con et pleurnichard Cécile Malempin
Le Cri du cœur Claire, la mère d'Alexandre
And Then There Were None Ilona Morgan
Vincent, François, Paul... et les autres Catherine - La femme de Vincent
1975 Hay que matar a B. Susana
The Black Bird Anna Kemidov
1976 Chi dice donna, dice donna Mimì / Chantal Episodio Donne d'affari
Folies bourgeoises Claire Brandels
1977 Silver Bears Shireen Firdausi
Des Teufels Advokat Anne - Contessa di Sanctis
Mort d'un pourri Christiane
1978 Les Liens de sang Mrs. Lowery
Violette Nozière Germaine Nozière César á mellor actriz secundaria
1979 Eagle's Wing The Widow
Le Gagnant Hélène Dupré-Granval
1980 Le Soleil en face Geneviève
The Big Red One Underground Walloon Fighter at Asylum
Le Cœur à l'envers Jeanne
La Cage aux folles 2
1981 Les Plouffe Mme Boucher
Coup de torchon Huguette Cordier
1982 Boulevard des assassins Francine
Le Choc Jeanne Faulques Sen acreditar
Paradis pour tous Edith
1983 Mortelle randonnée The grey lady
La Scarlatine Minon Palazzi
1984 Les Voleurs de la nuit Nai de Isabelle
The Blood of Others Gigi
The Bay Boy Blanche Sen acreditar
1985 Poulet au vinaigre Madame Cuno
Night Magic Janice
La Cage aux folles 3: Elles se marient Matrimonia
1986 La Gitane Brigitte
Suivez mon regard La femme du téléphage
1987 Babettes gæstebud Babette Hersant
Faceless Mme Sherman
Le cri du hibou
Cinématon #926
1988 Les Saisons du plaisir Bernadette
Corps z'a corps Edna Chabert
Il Nido del ragno Mrs. Kuhn
1989 Manika, une vie plus tard Soeur Amanda
1990 La Messe en si mineur Marie-Laure Villegrain
Jours tranquilles à Clichy Adrienne
Sons Florence
1992 Betty Laure
The Turn of the Screw Mrs. Grose
1995 Le Fils de Gascogne Ela mesma / En personne
Au petit Marguery Joséphine
1996 Maximum Risk Chantal Moreau
1997 Arlette Diane
1998 Madeline Lady Covington
1999 Belle maman Brigitte
2000 Le Pique-nique de Lulu Kreutz Lulu Kreutz
2001 J'ai faim !!! Gaby, la mère de Lily
2002 Ma femme s'appelle Maurice Jacqueline Boisdain
2008 La Fille de Monaco Édith Lassalle
2018 The Other Side of the Wind Stéphane Audran

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Genzlinger, Neil (27 de marzo de 2018). "Stéphane Audran, Star in Oscar-Winning 'Babette's Feast,' Dies at 85". The New York Times. Consultado o 30 de marzo de 2018. 
  2. "Berlinale 1968: Prize Winners". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 2010-03-06. 
  3. "Stephane Audran, Star of 'Babette's Feast,' Dies at 85". Consultado o 27 de marzo de 2018. 
  4. "French star Stephane Audran dies at 85". BBC News. BBC News. 27 de marzo de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2018. 
  5. "Mort de Stéphane Audran, la muse de Claude Chabrol". 27 de marzo de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]