Cahiers reinventou os principios básicos da crítica e da teoría cinematográfica. Un artigo de 1954 de Truffaut arremetendo contra La qualité française ("a calidade francesa") foi considerado o manifesto por 'la politique des Auteurs' ('a política dos autores')[2] e resultou na nova avaliación do cinema de Hollywood e de directores como Alfred Hitchcock, Howard Hawks, Robert Aldrich, Nicholas Ray e Fritz Lang. Os escritores de Cahiers du Cinéma tamén admiraban a obra de Jean Renoir, Roberto Rossellini, Kenji Mizoguchi, Max Ophüls e Jean Cocteau, centrando as súas críticas na posta en escena dos filmes. Ademais, os autores eran comparados e contrastados, establecendo un auténtico diálogo cinematográfico. A revista tamén foi fundamental na creación da Nouvelle Vague, na que destacaron os filmes dirixidos por colaboradores de Cahiers como Godard e Truffaut.
En 1963 Jacques Rivette susbtituíu a Rohmer como editor, cambiando as preocupacións políticas e sociais e prestando máis atención as cinematografías non estadounidenses. Cara 1970 o estilo cambiou do modernismo a radicalismo e o materialismo dialéctico. A mediados da década de 1970 a revista seguía unha liña editorial maoísta, pero a crítica ao filme Tiburón supuxo o regreso a perspectivas máis comerciais, rehabilitando tamén algúns dos antigos favoritos Cahiers e descubrindo autores como Manoel de Oliveira, Raoul Ruiz, Hou Hsiao-Hsien, Youssef Chahine e Maurice Pialat.
En 1998 Editions de l'Etoile, editora de Cahiers foi adquirida polo grupo Le Monde.[3] Para evitar a tradicional perda de cartos a revista intentou un cambio de imaxe en 1999 para gañar novos lectores, tratando todas as artes visuais. Esta nova versión con artigos sobre telerrealidade ou videoxogos trouxo confusión e malas críticas dos lectores tradicionais.[1][2]
Le Monde tomo control total en 2003, con Jean-Michel Frodon como director. En 2009 Richard Schlagman, de Phaidon Press, grupo especializado en libros sobre artes visuais, comprou Cahiers.[1]