Jorge Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Jorge Lorenzo
Jorge Lorenzo 2010 Indianapolis.jpg
Jorge Lorenzo en Indianápolis en 2010
Nacionalidade España España
Estatura 1,72
Peso 65 kg
Categoría actual MotoGP
Nº Moto 99
Equipo actual Ducati
Campionatos mundiais
  • 3
  • 2 en 250cc (2006,2007)
  • 3 en MotoGP (2010, 2012 e 2015)
Vitorias 65
  • 44 en MotoGP
  • 17 en 250cc
  • 4 en 125cc
Podios 145
  • 107 en MotoGP
  • 29 en 250cc
  • 9 en 125cc
Pole positions 65
  • 39 en MotoGP
  • 23 en 250cc
  • 3 en 125cc

Jorge Lorenzo Guerrero, nado en Palma o 4 de maio de 1987, é un piloto de motociclismo español. É bicampeón do mundo de 250cc despois de conseguilo nas temporadas 2006 e 2007, foi campión do mundo de MotoGP en 2010, 2012 e 2015.

Despois de acadar tres campionatos do mundo con Yamaha, no ano 2017 pasou a marca italiana Ducati.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

O seu pai, Chicho Lorenzo (nado en Caracas fillo de pais galegos[1]) montoulle a súa primeira moto aos 3 anos. Empezou en diversas categorías do campionato balear conseguindo o seu primeiro éxito nacional ao gañar a copa Aprilia de 50cc e a de 125cc. Grazas a isto deu o salto ao campionato de España de 125cc e ao campionato europeo onde conseguiu varios podios e vitorias.

125cc[editar | editar a fonte]

No ano 2002 Derbi fixouse nel e no seu 15º aniversario pasou a ser o piloto máis novo en participar nun Gran Premio de Motociclismo, ao participar no Gran Premio de Jerez do ano 2002 na categoría de 125cc. Esa temporada rematou no posto 21º do campionato de pilotos.

En 2003 conseguiu a súa primeira vitoria en 125cc con Derbi no Gran Premio de Brasil terminando no posto número 12 da clasificación.

2004 foi a consagración como piloto na categoría de 125cc ao gañar 3 grandes premios e terminar 4º na clasificación.

250cc[editar | editar a fonte]

En 2005, logo de correr durante tres temporadas en 125cc, deu o salto á categoría de 250cc cunha Honda RSW250 do equipo Fortuna Honda dirixido por Daniel Amatriain tendo como compañeiro a Héctor Barberá, acadando na súa temporada de debut na categoría 6 podios e 4 pole position, co que acabou en quinta posición ao final de campionato.

No 2006 o equipo dirixido por Daniel Amatriain cambiou de montura, trocando a Honda por Aprilia, co que Lorenzo pasou a pilotar a Aprilia RS250, sendo xa piloto oficial de Aprilia. Este cambio supuxo o seu primeiro título mundial con 8 triunfos en carreiras do mundial.

No 2007 volveu a gañar o campionato do mundo de 250cc moito máis comodamente que na temporada anterior ao gañar 9 carreiras.

MotoGP[editar | editar a fonte]

Jorge Lorenzo coa Yamaha YZR-M1 en 2008
Jorge Lorenzo con Valentino Rossi en Francia 2010

Na temporada 2008 Lorenzo pasou á categoría raíña ao asinar co equipo oficial de Yamaha, sendo o seu compañeiro de equipo o oito veces campión do mundo Valentino Rossi.

Aínda que Rossi e Lorenzo levan a mesma montura non usarán o mesmo provedor de pneumáticos: Lorenzo usará Michelin e Rossi montará Bridgestone, despois do bo rendemento dos pneumáticos nipóns no 2007.

O 8 de marzo de 2008, Jorge Lorenzo logrou a pole na súa primeira carreira na categoría raíña do motociclismo.

Un día despois, na súa primeira carreira en MotoGP, conseguiu subir ao podio en segunda posición, por detrás de Casey Stoner e diante de Dani Pedrosa.

Na segunda carreira da temporada, no circuíto de Jerez, conseguiu a segunda pole position da súa carreira, facéndoo por segunda carreira consecutiva, polo que pasou a ser o primeiro piloto, novato na categoría raíña en facer dúas poles nas dúas primeiras carreiras da temporada. Ao final da carreira finalizaría en 3ª posición, por detrás do seu compañeiro de equipo, Valentino Rossi e o español Dani Pedrosa.

No Gran Premio de Portugal (partindo por 3ª vez consecutiva desde a pole); conseguiu a súa primeira vitoria en MotoGP logo de abrir un pequeno oco a metade de carreira despois dunha disputa corpo a corpo con Valentino Rossi e Dani Pedrosa, que foron terceiro e segundo respectivamente. Nesta carreira pasou a ser líder do Mundial, compartido con Pedrosa, acadándoo por primeira vez nesta categoría.

En 2009 Jorge Lorenzo e o seu compañeiro de equipo, Valentino Rossi, protagonizan unha das carreiras máis axustadas dos últimos anos, no gran premio de Cataluña, sendo o gañador Rossi quen adiantou a Lorenzo na última curva do circuíto.[2] Tras finalizar a carreira Jorge admitiu estar orgulloso xa que perdeu co mellor, pero estando orgulloso da súa participación.

En 2010 outra vez Jorge Lorenzo e Valentino Rossi protagonizan unha gran loita no gran premio do Xapón, pelexando de xeito conxunto polo terceiro lugar do podio, quedando por diante Rossi con quen protagonizou varios adiantamentos na última volta, demostrando maior experiencia o piloto transalpino tras unha tempada de resultados irregulares.[3]

O día 10 de outubro de 2010, no gran premio de Malaisia, Jorge Lorenzo proclamouse campión do mundo de MotoGP terminando a carreira en terceira posición, gañou as seguintes probas e coroouse coa marca de puntos da categoría, un total de 383 puntos.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Por tempada[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Moto Carreiras disputadas Vitorias Podios Poles Voltas rápidas Puntos Posición final
2002 125 cc Derbi 14 0 0 0 0 21 21º
2003 125 cc Derbi 16 1 2 1 1 79 12º
2004 125 cc Derbi 16 3 7 2 2 179
2005 250 cc Honda 15 0 6 4 0 167
2006 250 cc Aprilia 16 8 11 10 1 289
2007 250 cc Aprilia 17 9 12 9 3 312
2008 MotoGP Yamaha 17 1 6 4 1 190
2009 MotoGP Yamaha 17 4 12 5 4 261
2010 MotoGP Yamaha 18 9 16 7 4 383
2011 MotoGP Yamaha 16 3 10 2 2 260
2012 MotoGP Yamaha 18 6 16 7 5 350
2013 MotoGP Yamaha 17 8 14 4 2 330
2014 MotoGP Yamaha 18 2 11 2 0 253
2015 MotoGP Yamaha 18 7 12 5 2 330
2016 MotoGP Yamaha 18 4 10 4 2 233
Total 250 65 144 65 35 3504

Carreiras por ano[editar | editar a fonte]

(As carreiras en negra indican as pole position, as carreiras en cursiva indican volta rápida)

Tempada Categoría Moto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos Pts
2002 125 cc Derbi XAP RSA ESP
22
FRA
19
ITA
20
CAT
14
HOL
16
GBR
13
ALE
17
CHE
20
POR
Ret
BRA
7
PAC
9
MAL
20
AUS
Ret
VAL
22
21º 21
2003 125 cc Derbi XAP
Ret
RSA
24
ESP
15
FRA
Ret
ITA
Ret
CAT
6
HOL
Ret
GBR
Ret
ALE
21
CHE
12
POR
6
BRA
1
PAC
Ret
MAL
3
AUS
8
VAL
11
12º 79
2004 125 cc Derbi RSA
16
ESP
Ret
FRA
3
ITA
10
CAT
5
HOL
1
BRA
Ret
ALE
6
GBR
3
CHE
1
POR
3
XAP
7
QAT
1
MAL
Ret
AUS
2
VAL
Ret
179
2005 250 cc Honda ESP
6
POR
10
CHN
9
FRA
5
ITA
2
CAT
Ret
HOL
3
GBR
8
ALE
Ret
CHE
2
XAP
Ret
MAL
Ex
QAT
2
AUS
3
TUR
4
VAL
2
167
2006 250 cc Aprilia ESP
1
QAT
1
TUR
Ret
CHN
4
FRA
Ret
ITA
1
CAT
2
HOL
1
GBR
1
ALE
3
CHE
1
MAL
1
AUS
1
XAP
3
POR
5
VAL
4
1eiro 289
2007 250 cc Aprilia QAT
1
ESP
1
TUR
2
CHN
1
FRA
1
ITA
8
CAT
1
GBR
Ret
HOL
1
ALE
4
CHE
1
SMR
1
POR
3
XAP
11
AUS
1
MAL
3
VAL
7
1eiro 312
2008 MotoGP Yamaha QAT
2
ESP
3
POR
1
CHN
4
FRA
2
ITA
Ret
CAT
Inj
GBR
6
HOL
6
ALE
Ret
EUA
Ret
CHE
10
SMR
2
IND
3
XAP
4
AUS
4
MAL
Ret
VAL
8
190
2009 MotoGP Yamaha QAT
3
XAP
1
ESP
Ret
FRA
1
ITA
2
CAT
2
HOL
2
EUA
3
ALE
2
GBR
Ret
CHE
Ret
IND
1
SMR
2
POR
1
AUS
Ret
MAL
4
VAL
3
261
2010 MotoGP Yamaha QAT
2
ESP
1
FRA
1
ITA
2
GBR
1
HOL
1
CAT
1
ALE
2
EUA
1
CHE
1
IND
3
SMR
2
ARA
4
XAP
4
MAL
3
AUS
2
POR
1
VAL
1
1eiro 383
2011 MotoGP Yamaha QAT
2
ESP
1
POR
2
FRA
4
CAT
2
GBR
Ret
HOL
6
ITA
1
ALE
2
EUA
2
CHE
4
IND
4
SMR
1
ARA
3
XAP
2
AUS
DNS
MAL
C
VAL
260
2012 MotoGP Yamaha QAT
1
SPA
2
POR
2
FRA
1
CAT
1
GBR
1
NED
Ret
ITA
2
GER
1
USA
2
IND
2
CZE
2
RSM
1
ARA
2
XAP
2
MAL
2
AUS
2
VAL
Ret
350
2013 MotoGP Yamaha QAT
1
AME
3
SPA
3
FRA
7
ITA
1
CAT
1
NED
5
GER
DNS
USA
6
IND
3
CZE
3
GBR
1
RSM
1
ARA
2
MAL
3
AUS
1
XAP
1
VAL
1
330

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • É o piloto máis novo en debutar nunha carreira. Facía 15 anos o segundo día de clasificación no Gran Premio de Motociclismo de España, polo que non puido participar nas prácticas do venres e na xornada de clasificación.
  • A rivalidade que mantén con Dani Pedrosa é semellante á que tiveron no seu día outros pilotos de motociclismo, como Michael Doohan e Álex Crivillé ou Valentino Rossi e Max Biaggi.
  • Cando Jorge Lorenzo gaña por vez primeira nun circuíto planta unha bandeira co lema "Lorenzo's Land".
  • No ano 2009 publicouse un cómic cuxo protagonista é Jorge Lorenzo titulado LORENZO'S LAND.
  • Logo de lograr tres campionatos do mundo de motociclismo, o piloto obtivo o carné de conducir A2 o 6 de marzo de 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Chicho Lorenzo: ´Mi hijo ha llegado donde quería, me gustaría que se retirara ya´", entrevista en La Opinión de A Coruña, 21 de novembro de 2012 (en castelán).
  2. publimetro.com (14 de xuño de 2009). "Rossi gana en Montmeló". Consultado o 14-06-2009. 
  3. as.com (4 de outubro de 2010). ""Así soy yo en la última vuelta"". Consultado o 04-10-2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]