Saltar ao contido

Toni Elías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaToni Elías

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Antoni Elías Justicia Editar o valor en Wikidata
26 de marzo de 1983 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Manresa, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motociclismo Editar o valor en Wikidata
DeporteMotociclismo de velocidade Editar o valor en Wikidata
Número deportivo24 Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAntoni Elías i Deix Editar o valor en Wikidata
ParentesJordi Elías i Deix, tío Editar o valor en Wikidata

Páxina webtonielias.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: groups/174361321774 Twitter: tonieliasfans Instagram: tonielias24 AELG: 550 Editar o valor en Wikidata

Antoni Elías Justicia, coñecido como Toni Elías, nado en Manresa o 26 de marzo de 1983, é un piloto español de motociclismo. É o terceiro membro da familia Elías en competir en carreiras de motociclismo. Foi o primeiro campión do mundo da categoría Moto2 en 2010.

Carreira deportiva

[editar | editar a fonte]

En 1993 Toni acabou terceiro no Campionato de Cataluña de Minimotos, e un ano máis tarde acadou o subcampionato. Os tres anos sucesivos, 1995, 1996 e 1997 probou nas carreiras de scooters, onde logrou unhas boas actuacións, disputando o último ano o Open RACC de 50cc cunha Yamaha TZR 50.

1998 é o ano no que debuta aos mandos dunha Yamaha 125 GP no Campionato de España de 125cc, con só 15 anos, logra sumar os seus primeiros puntos e remata na vixésimo terceira posición.

En 1999 continuou disputando o Campionato de España de 125cc, onde acadou a terceira posición na clasificación xeral. A súa primeira incursión no Campionato do Mundo foi como piloto convidado no Gran Premio de España, onde sumou os seus primeiros puntos do Mundial no GP da Comunidade Valenciana ao acabar na 14º posición.

A temporada 2000 foi a súa primeira tempada completa no Mundial de 125cc ao conseguir 24 puntos e rematar na vixésima praza. Con esta actuación logrou un sitio no equipo do expiloto Alberto Puig, no Mundial de 125cc, da temporada seguinte, o Movistar Junior Team a bordo dunha Honda.

No MoviStar Júnior Team do ano 2001 Elías subiu a un podio por vez primeira durante o Gran Premio de Francia, e foi no Gran Premio dos Países Baixos, onde Toni acadou a súa primeira vitoria no mundial. A partir dese momento, o piloto catalá entrou na loita polo título aínda que a superioridade mecánica dos seus rivais e unha caída impedíronlle loitar polo título. Ao remate das diferentes carreiras logrou a terceira posición.

No ano 2002 deu o salto a 250cc no equipo dirixido por Jorge Martínez "Aspar" cunha Aprilia RS250. Acadou a súa primeira vitoria en Motegi e varios podios ao longo da temporada. Finalmente, logrou a cuarta posición final do Campionato.

Na temporada 2003 converteuse no piloto que máis Grandes Premios gañou, facéndoo en 5 carreiras polo que loitou no campionato ata o final. Os problemas posta a punto, durante o inicio da temporada, coa Aprilia condicionaron o resultado final dun Mundial no que rematou terceiro.

En 2004 abandonou o equipo de Aspar e pasou ao equipo Fortuna Honda dirixido por Daniel Amatriain pilotando unha Honda RSW250 oficial e acadando 8 podios e unha vitoria, obtendo a cuarta posición do mundial.

En 2005 subiu de categoría e entrou en MotoGP para competir co equipo Fortuna Yamaha, onde logrou 74 puntos e acabou na 12º posición.

No 2006 cambiou de montura e fichou polo equipo Honda Gresini pilotando a Honda RCV211V. O seu compañeiro de equipo foi o piloto italiano Marco Melandri. A súa primeira vitoria nesta categoría foi no Gran Premio de Motociclismo de Portugal, no circuíto de Estoril logo dunha loita memorable con Valentino Rossi. Rematou a temporada na novena praza do mundial.

En 2007 coa nova Honda RCV212V só logrou subirse dúas veces ao caixón pois no Assen tivo un grave accidente, onde fracturou unha perna que o afastou dos circuítos varias carreiras, conformándose coa 12º praza ao final de temporada.

A finais de 2007 comunicou a súa fichaxe para a temporada do 2008 polo equipo de Luis D´Antin, o Alice Ducati Team, que é o equipo satélite de Ducati, pilotando a Ducati Desmosedici GP8 acompañando ao francés Sylvain Guintoli. Logo dunha temporada mas que discreta, consegue dous podios consecutivos en Brno e Misano, que facilita a súa permanencia na categoría cara á próxima temporada.

En 2009, o piloto de Manresa volve a correr cunha Honda do equipo San Carlo Honda Gresini, pero desta vez coa RC212CV, coas mesmas especificacións cas oficiais e polo tanto coa expectativa de recuperar protagonismo entre a elite do Campionato.

Moto2 e Moto GP

[editar | editar a fonte]
Toni Elías en 2010 coa Moriwaki en Mugello

A falta de 3 probas para a conclusión do campionato, proclámase matematicamente campión do mundo de Moto2, tras acabar cuarto no G.P. de Malaisia. No que vai transcorrido desta tempada 2010, conseguiu 8 podios, entre os que se atopan 7 vitorias (Jerez, Le Mans, Sachsenring, Brno, Indianapolis, San Marino e o Xapón) e un segundo posto en Assen.

Tras este triunfo en Moto2, Toni Elías retomou a súa aspiración de volver competir en MotoGP con equipo de fábrica. En 2010 convértese no novo piloto oficial do equipo LCR Honda MotoGP para a tempada 2011. Tras unha tempada con malos resultados, sendo o oitavo (en 3 ocasións) o seu mellor posto, dun Toni que se esperaba máis competitivo, volta a Moto2.

Toni volve á categoría na que fóra campión, co equipo de Jorge Martínez "Aspar", o Mapfre Aspar Team. o 15 de xullo de 2012 Jorge Martínez Aspar anuncia en directo o cesamento do contrato co que Toni non finalizará a tempada nese equipo. Logo disto, chega a un acordo co equipo Pramac para substituír o lesionado Héctor Barberá. Despois do regreso de Barberá, Toni asinou un acordo para correr co equipo Kalex substituíndo a Simone Corsi, que marchou a superbikes.

Estatísticas de Carreiras en Grandes Premios [1]

[editar | editar a fonte]

Por temporadas

[editar | editar a fonte]
Temporada Categoría Motocicleta Carreira Gana Podio Pole Volta rápida Puntos Posto
1999 125cc Honda RS125 3 0 0 0 0 2 33º
2000 125cc Honda RS125 16 0 0 0 0 24 20º
2001 125cc Honda RS125 16 2 9 4 1 217
2002 250cc Aprilia RS250 16 1 5 0 1 178
2003 250cc Aprilia RS250 16 5 7 5 4 226
2004 250cc Honda RSW250 16 1 8 0 1 199
2005 MotoGP Yamaha YZR-M1 14 0 0 0 0 74 12º
2006 MotoGP Honda RC211V 15 1 1 0 1 116
2007 MotoGP Honda RC212V 15 0 2 0 2 104 12º
2008 MotoGP Ducati GP8 18 0 2 0 0 92 12º
2009 MotoGP Honda RC212V 17 0 1 0 0 115
2010 Moto2 Moriwaki MD600 13 7 8 2 2 249 1º*
Total 159 11 35 10 10 1372

Por categoría

[editar | editar a fonte]
Clase Temporada Primeiro GP Primeiro Podio Primeira vitoria Carreiras Vitorias Podios Poles V. rápidas Puntos Campionatos do mundo
125 cc 1999-2001 1999 - España 2001 - Francia 2001 - Países Baixos 35 2 9 4 1 243 0
250 cc 2002-2004 2002 - Xapón 2002 - Países Baixos 2002 - Pacífico 48 7 20 5 6 603 0
MotoGP 2005-2009 2005 - España 2006 - Portugal 2006 - Portugal 44 1 6 0 3 501 0
Moto2 2010 2010 - Qatar 2010 - España 2010 - España 13 7 8 2 2 249 0
Total 1999-2010 160 12 37 9 10 1347 0

Carreiras por ano

[editar | editar a fonte]
Ano Cat. Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos. Final Puntos
1999 125 cc Honda MAL XPN SPA
21
FRA ITA CAT
Ret
NED GBR ALE CHE SMR VAL
14
AUS SAF BRA ARX 33º 2
2000 125 cc Honda SAF
23
MAL
17
JPN
17
SPA
16
FRA
17
ITA
15
CAT
8
NED
Ret
GBR
14
GER
Ret
CZE
14
POR
17
VAL
15
BRA
14
PAC
12
AUS
12
20º 24
2001 125 cc Honda XPN
16
SAF
18
SPA
13
FRA
3
ITA
4
CAT
2
NED
1
GBR
2
XER
2
CZE
1
POR
3
VAL
2
PAC
Ret
AUS
3
MAL
6
BRA
4
217
2002 250 cc Aprilia XPN
11
SAF
16
SPA
10
FRA
6
ITA
4
CAT
10
NED
2
GBR
3
ALE
6
CHE
3
POR
13
BRA
5
PAC
1
MAL
2
AUS
5
VAL
10
178
2003 250 cc Aprilia XPN
Ret
SAF
8
SPA
1
FRA
1
ITA
6
CAT
4
NED
13
GBR
4
ALE
7
CHE]
2
POR
1
BRA
18
PAC
1
MAL
1
AUS
11
VAL
2
226
2004 250 cc Honda SAF
8
SPA
12
FRA
3
ITA
6
CAT
3
NED
3
BRA
3
ALE
22
GBR
Ret
CHE
5
POR
1
XPN
2
QAT
6
MAL
3
AUS
5
VAL
2
199
2005 MotoGP Yamaha SPA
12
POR
14
CHN
14
FRA
9
ITA
Les
CAT
Les
NED
Les
USA
13
GBR
9
ALE
12
CHE
14
XPN
9
MAL
11
QAT
8
AUS
9
TUR
6
VAL
10
12º 74
2006 MotoGP Honda SPA
4
QAT
8
TUR
5
CHN
11
FRA
9
ITA
7
CAT
Ret
NED
Les
GBR
Les
ALE
11
USA
15
CHE
11
MAL
Ret
AUS
9
XPN
6
POR
1
VAL
6
116
2007 MotoGP Honda QAT
14
SPA
4
TUR
2
CHN
Ret
FRA
Ret
ITA
6
CAT
Ret
GBR
12
NED
Les
ALE
Les
USA
Les
CHE
11
SMR
7
POR
8
XPN
3
AUS
15
MAL
6
VAL
10
12º 104
2008 MotoGP Ducati QAT
14
ESP
15
POR
12
CHN
8
FRA
11
ITA
12
CAT
DSQ
GBR
11
NED
12
ALE
12
USA
7
CHE
2
SMR
3
IND
12
JPN
12
AUS
11
MAL
15
VAL
18
12th 92
2009 MotoGP Honda QAT
9
JPN
15
SPA
9
FRA
10
ITA
14
CAT
18
NED
12
USA
6
GER
6
GBR
Ret
CZE
3
IND
9
SMR
6
POR
6
AUS
10
MAL
7
VAL
6
7th 115
2010 Moto2 Moriwaki QAT
4
ESP
1
FRA
1
ITA
5
GBR
10
NED
2
CAT
5
ALE
1
CHE
1
IND
1
SMR
1
ARA
4
XAP
1
MAL
4
AUS
POR
VAL
* 262*

Lenda:

En Negra indica pole position.

Cor Resultado
Ouro Gañador
Prata Segundo posto
Bronce Terceiro posto
Verde Carreira finalizada con puntos
Azul Carreira finalizada sen puntos
Púrpura Retirado
Non clasificado (NC)
Vermello Non cualificado (NQ)
En branco Descualificado (DES)
Branco Non iniciou (NIN)
En branco Non participou
Retirado por lesión (LES)
Excluído (EX)
  1. "Rider Statistics - Toni Elías". MotoGP.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2007. Consultado o 2007-10-16. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]