Saltar ao contido

Chamaeleo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chamaeleo é un xénero de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e infraorde dos iguanios, o tipo da familia dos camaleónidos e da subfamilia dos camaleoninos.

O xénero comprende numerosas especies, a maioría delas distrubídas na África subsahariana, pero algunhas tamén están presentes no norte de África, no sur de Europa e no sur de Asia oriental, até a India e Sri Lanka.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1768 polo médico​ e naturalista austríaco Josephus Nicolaus Laurenti, na súa obra Specimen Medicum, Exhibens Synopsin Reptilium Emendatam cum Experimentis circa Venena, sobre a función do veleno nos réptiles e anfibios. Neste importante libro sobre herpetoloxía definiu trinta xéneros de réptiles, mentres que na 10ª edición do Systema Naturae, de Linnaeus, publicada en 1758, definíanse só dez xéneros.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Chamaeleo deriva do latín chămaelĕōn,[2] tirado do grego antigo χαμαιλέων chamailéōn,[2][3] voz formada polos elementos χαμαί chamaí, "en terra", "polo chan", e λέων léōv, "león".[3] Literalmente: "león da terra".

Controversias taxonómicas

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Camaleón.

Chamaeleo é o xénero tipo da familia dos camaleónidos e da subfamilia dos camaleoninos. Moitos xéneros desta subfamilia (Bradypodion, Calumma, Furcifer, Kinyongia, Nadzikambia e Trioceros) estiveron no pasado incluídos en Chamaleo, pero agora considéranse xéneros distintos.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]

  • Phumanola Gray, 1864
  • Calyptosaura Gray, 1864
  • Erizia Gray, 1864

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Na actualidade reoñécense no xénero as 14 especies seguintes:[5]

Características

[editar | editar a fonte]
Artigos principais: Camaleón e Protráctil.

As especies do Chamaeleo son de movementos lentos, e poden mover os ollos de maneira independente. Poden cambiar de cor. Teñen unha ligua longa e unha cola prénsil. Os machos son xeralmente máis grandes e coloridos que as femias. Adoitan medir entre 15 e 40 cm (sen contar a cola).

Comportamento

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Camaleón.

A gran maioría son arborícolas e poden ser encontrados normalmente en árbores e arbustos, pero hai algunhas especies, como Chamaeleo namaquensis, que son principalmente terrestres. Todas as especies son ovíparas.

  1. Chamaeleo Laurenti 1768 en Fossilworks.
  2. 2,0 2,1 chămaelĕon, -ōnis en: Charlton T. Lewis & Charles Short (1879): A Latin Dictionary. Oxford: Clarendon Press.
  3. 3,0 3,1 χαμαιλέων en: Henry George Liddell & Robert Scott (1843): A Greek–English Lexicon. Oxford: Oxford University Press.
  4. Chamaeleo Laurenti, 1768 en Wikispecies.
  5. Chamaeleo Laurenti, 1768 no ITIS.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]