Camaleoninos
Camaleoninos Chamaeleoninae | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chamaeleo calyptratus | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||
|
A dos camaleoninos (Chamaeleoninae) é unha subfamilia de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e infraorde dos iguanios, unha das dúas nas que se subdivide a familia dos camaleónidos (a outra é a dos brooquesiinos).
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A subfamilia foi descrita en 1986 polos herpetólogos alemáns Charles J. Klaver e Wolfgang Böhme.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico, Chamaeleoninae, está formado, como é a norma, sobre a base da raíz do nome do xénero tipo, Chamaeleon, coa adición do sufixo do latín científico -inae, propio das subfamilias de animais.
Controversias taxonómicas
[editar | editar a fonte]Na primeira clasificación de Klaver e Böhme, a subfamilia dos Brookesiinae incluía os xéneros Brookesia e Rhampholeon, así como os dous xéneros que despois se separaron deles (Palleon e Rieppeleon),[2] mentres que a dos Chamaeleoninae incluía os xéneros Bradypodion, Calumma, Chamaeleo, Furcifer e Trioceros, así como outros xéneros despois divididos (Archaius, Nadzikambia e Kinyongia). Porén, nese momento, a validez desta clasificación en dúas subfamilias foi obxecto de moitos debates,[3] considerando que a maioría dos estudos filoxenéticos apoiban a idea de que os camaleóns pigmeos da subfamilia dos Brookesiinae non son un grupo monofilético.[4][5][6][7]
Porén, en 2015, Glaw reformulou a división subfamiliar situando só os xéneros Brookesia e Palleon dentro da subfamilia dos Brookesiinae, situándose todos os demais xéneros na dos Chamaeleoninae.[8]
Por outro lado, antigamente Trioceros considerábase como un subxénero de Chamaeleo, até que Tilbury & Tolley (2009) elevárono á categoría de xénero. Desde entón, dúas novas especies foron descritas no xénero Trioceros, por Krause & Böhme (2010), e Stipala et al. (2011). Estas dúas novas especies non foron publicadas en combinación co nome xenérico Chamaeleo, o que supón un problema para a citación destes nomes na Wikipedia, a non ser que Trioceros sexa tratado como un xénero pleno, seguindo Tilbury & Tolley (2009).
Clasificación
[editar | editar a fonte]Na actualiade, na subfmilia recoñécene os dez xéneros seguintes:[9]
- Archaius J. E. Gray
- Bradypodion Fitzinger, 1843
- Calumma J. E. Gray
- Chamaeleo Laurenti, 1768
- Furcifer Fitzinger, 1843
- Kinyongia Tilbury, Tolley & Branch, 2006
- Nadzikambia Tilbury, Tolley & Branch, 2006
- Rhampholeon Günther, 1874
- Rieppeleon Matthee, Tilbury & Townsend, 2004
- Trioceros Swainson, 1839
Por outra parte, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), só recoñece oito:[10]
- Archaius Gray, 1865
- Bradypodion Fitzinger, 1843
- Calumma Gray, 1865
- Chamaeleo Laurenti, 1768
- Furcifer Fitzinger, 1843
- Kinyongia Tilbury, Tolley & Branch, 2006
- Nadzikambia Tilbury, Tolley & Branch, 2006
- Trioceros Swainson, 1839
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Klaver, C. & Böhme, W. (1986): "Phylogeny and classification of the Chamaeleonidae (Sauria) with special reference to hemipenis morphology". Bonner Zoologische Monographien 22: 1–64.
- ↑ Subfamily Brookesiinae no ITIS.
- ↑ Tilbury, Colin (2010). Chameleons of Africa, An Atlas including the chameleons of Europe, the Middle East and Asia. Frankfurt: Edition Chimaira. ISBN 978-3-8997-3451-5.
- ↑ Townsend, T.; Larson, A. (2002). "Molecular phylogenetics and mitochondrial genomic evolution in the Chamaeleonidae (Reptilia, Squamata)". Molecular Phylogenetics and Evolution 23 (1): 22–36. PMID 12182400. doi:10.1006/mpev.2001.1076.
- ↑ Raxworthy, C. J.; Forstner, M. R. J.; Nussbaum, R. A. (2002). "Chameleon radiation by oceanic dispersal" (PDF). Nature 415 (6873): 784–787. PMID 11845207. doi:10.1038/415784a.
- ↑ Townsend, T. M.; Tolley, K. A.; Glaw, F.; Böhme, W.; Vences, M. (2011). "Eastward from Africa: Palaeocurrent-mediated chameleon dispersal to the Seychelles islands". Biological Letters 7 (2): 225–228. PMC 3061160. PMID 20826471. doi:10.1098/rsbl.2010.0701.
- ↑ Tolley, K. A.; Townsend, T. M.; Vences, M. (2013). "Large-scale phylogeny of chameleons suggests African origins and Eocene diversification". Proceedings of the Royal Society B 280 (1759): 20130184. PMC 3619509. PMID 23536596. doi:10.1098/rspb.2013.0184.
- ↑ Glaw, F. (2015): "Taxonomic checklist of chameleons (Squamata: Chamaeleonidae)". Vertebrate Zoology 65' (2): 167–246.
- ↑ Chamaeleoninae en WikiMili The Free Encyclopedia (en inglés).
- ↑ Chamaeleoninae no ITIS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camaleoninos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Camaleoninos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Davison, Linda J. (1997): Chameleons: Their Care and Breeding. Surrey, Columbia Británica, Canadá: Hancock House Publishers. ISBN 978-0-8883-9353-1.
- Le Berre, François & Bartlett, Richard D. (2009): The Chameleon Handbook. 3rd Edition. Hauppauge, Estado de Nova York: Barron's Educational Series. ISBN 978-0-7641-4142-3.
- Stipalia et al. (2012): "A new species of chamaeleon (Squamata: Cmamaeleonidae) from the Aberdare Mountains in the central highlands of Kenya"Arquivado 31 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.. Zootaxa: 3391: 1-22.
- Tilbury, C. R. & Tolley, K. A. (2009): "A re-appraisal of the systematics of the African genus Chamaeleo (Reptilia: Chamaeleonidae)". Zootaxa, 2079: 57–68. Resume.
- Tilbury, C. R.; Tolley, K. A. & Branch, W. R. (2006): "A review of the systematics of the genus Bradypodion (Sauria: Chamaeleonidae), with the description of two new genera. Zootaxa, 1363: 23–38. Resume
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Chamaeleonidae en The Reptile Database.