Protráctil
O termo protráctil, referido á lingua dalgúns animais, significa que esta pode proxectarse moito cara a fóra da boca, como nalgúns réptiles, especialmente nos camaleóns.[1][2]
Ademais, algúns peixes teñen boca ou mandíbula protráctil, que poden proxectar cara a adiante. Algúns outros vertebrados e invertebrados teñen apéndices protráctiles (tentáculos, ovopositores, etc.).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo protráctil é unha adaptación do latín científico protractilis, derivado do latín clásico protrahĕre, "sacar", "facer saír".[3]
Nos camaleóns
[editar | editar a fonte]Todos os camaleóns son principalmente insectívoros e aliméntanse proxectando balisticamente as súas longas linguas da boca para capturaren presas situadas a certa distancia.[4]
Aínda que tradicionalmente se pensaba que as linguas dos camaleóns adoitan ter entre unha e media a dúas veces a lonxitude dos seus corpos (excluíndo a cola), recentemente se descubriu que os camaleóns máis pequenos (as especies máis pequenas e os individuos máis pequenos da mesma especie) teñen aparatos de lingua proporcionalmente máis grandes que os máis grandes.[5] Polo tanto, os camaleóns máis pequenos poden proxectar a lingua a maiores distancias que os camaleóns máis grandes, que son o tema da maioría dos estudos e as estimacións de lonxitude da lingua, e poden proxectar a lingua a distancias de máis do duplo da súa lonxitude corporal.[6]
Aparato lingual dos camaleóns e o seu funcionamento
[editar | editar a fonte]O aparato da lingua dos camaleóns consiste nun óso hioide altamente modificado, os músculos da lingua e elementos coláxenos.[7][8][5][9] O óso hioide ten unha proxección alongada de lados paralelos, chamada "proceso entogloso", sobre o cal se asenta un músculo tubular, o denominado "músculo acelerador".[5][9][7][8] O músculo acelerador contráese ao redor do proceso entogloso e é o responsábel de crear o traballo necesario para impulsar a proxección da lingua, tanto directamente como a través dos elementos coláxenos situados entre o proceso entogloso e o músculo acelerador.[4][5][7][8]
O músculo retractor da lingua, o hipogloso, conecta os músculos hioide e acelerador, e é o que premite retraer a lingua cara á boca despois da proxección da lingua.[4][5][9][7]
A proxección da lingua prodúcese cun rendemento extremadamente alto, chegando á presa en tan só 0,07 segundos, por iso só pode visualizarse utilizando cámaras ultrarrápidas[7][8][10] lanzándoe a aceleracións superiores a 41 g.[10][11] A potencia coa que se lanza a lingua, que se sabe que é de máis dos 3000 W kg−1, excede o que o músculo é capaz de producir, o que indica a presenza dunha potencia elástica amplificadora para potenciar a proxección da lingua.[8] O retroceso dos elementos elásticos no aparato da lingua é, polo tanto, o responsábel de grandes porcentaxes do rendemento xeral da proxección da lingua.
Unha consecuencia da incorporación dun mecanismo de retroceso elástico ao mecanismo de proxección da lingua é a insensibilidade térmica relativa da proxección da lingua en relación coa retracción da mesma, que é impulsada só pola contracción muscular e é moi sensíbel termicamente.[10][12] Mentres que outros animais ectotérmicos vólvense lentos a medida que diminúe a temperatura corporal, debido a unha redución da velocidade contráctil dos seus músculos, os camaleóns poden proxectar as súas linguas cun alto rendemento incluso a baixas temperaturas corporais.[10][12] Porén, a sensibilidade térmica da retracción da lingua nos camaleóns non é un problema, xa que teñen un mecanismo moi efectivo para suxeitar á súa presa unha vez que a lingua entrou en contacto con ela, incluídos os fenómenos superficais, como a adhesión húmida e o encravamento e a succión.[13] A insensibilidade térmica da proxección da lingua permite aos camaleóns alimentarse efectivamente nas mañás frías antes de poder elevar condutualmente a súa temperatura corporal a través da termorregulación, cando outras especies de lagartos simpátricos aínda están inactivos, probabelmente expandindo temporalmente a súa temperatura no seu nicho ecolóxico.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para protráctil.
- ↑ protráctil en educalingo (en castelán).
- ↑ protráctil no DRAE.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Higham, T. E.; Anderson, C. V. (2014). Tolley, K. A.; Herrel, A., eds. "The Biology of Chameleons". Berkeley, CA: University of California Press: 63–83.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Anderson, C. V.; Sheridan, T.; Deban, S. M. (2012). "Scaling of the ballistic tongue apparatus in chameleons". Journal of Morphology 273 (11): 1214–1226. PMID 22730103. doi:10.1002/jmor.20053.
- ↑ Anderson, Christopher V. (2009) Rhampholeon spinosus, vídeo alimentándose. chamaeleonidae.com
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Herrel, A.; Meyers, J. J.; Nishikawa, K. C.; De Vree, F. (2001). "Morphology and histochemistry of the hyolingual apparatus in chameleons". Journal of Morphology 249 (2): 154–170. PMID 11466743. doi:10.1002/jmor.1047.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 de Groot, J. H.; van Leeuwen, J. L. (2004). "Evidence for an elastic projection mechanism in the chameleon tongue". Proceedings of the Royal Society of London B 271 (1540): 761–770. PMC 1691657. PMID 15209111. doi:10.1098/rspb.2003.2637.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Anderson, C. V.; Higham, T. E. (2014). Tolley, K. A.; Herrel, A., eds. "The Biology of Chameleons". Berkeley, CA: University of California Press: 7–55.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Anderson, C. V.; Deban, S. M. (2010). "Ballistic tongue projection in chameleons maintains high performance at low temperature". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 107 (12). pp. 5495–5499. Bibcode:2010PNAS..107.5495A. PMC 2851764. PMID 20212130. doi:10.1073/pnas.0910778107.
- ↑ A forza g é unha medida de aceleración basaeda na aceleración que produciría a gravidade da Terra nun obxecto calquera. Unha aceleración de 1 g considérae xeramente como igual á gravidade estándar, que é de 9,80665 metros por cada segundo ao cadrado (m/s2).
- ↑ 12,0 12,1 Anderson, C. V.; Deban, S. M. (2012). "Thermal effects on motor control and in vitro muscle dynamics of the ballistic tongue apparatus in chameleons". Journal of Experimental Biology 215 (24): 4345–4357. PMID 23125336. doi:10.1242/jeb.078881.
- ↑ Herrel, A.; Meyers, J. J.; Aerts, P.; Nishikawa, K. C. (2000). "The mechanics of prey prehension in chameleons" (PDF). Journal of Experimental Biology 203 (Pt 21): 3255–3263. PMID 11023845. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xuño de 2010. Consultado o 12 de novembro de 2019.