Palacio de Tau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Notre-Dame, Antiga abadía de Saint-Remi e Palacio de Tau, Reims
Reims en Francia
Reims
Reims
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Francia
LocalizaciónReims
TipoCultural
CriteriosI, II, VI
Inscrición1991 (15º Sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador601-002
Salón de Tau

O Palacio de Tau (francés: Palais du Tau) en Reims, Francia, era o palacio do Arcebispo de Reims. Asóciase cos reis de Francia, cuxa coroación celebrábase na catedral próxima de Notre-Dame de Reims e o posterior banquete de coroación no propio pazo. Debido á súa importancia histórica para a monarquía francesa, o Palacio de Tau foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO en 1991.[1] Hoxe en día, serve para acoller eventos culturais para a cidade de Reims.

Historia[editar | editar a fonte]

Unha gran vila galorromana ocupaba o lugar do pazo nos séculos VI e VII, e máis tarde converteuse nun pazo carolinxio. O primeiro uso documentado do nome data de 1131, e deriva do plano do edificio, que se asemella á letra Τ (tau, no alfabeto grego ). A maior parte do edificio primitivo desapareceu, a parte máis antiga que queda é a capela, de 1207. O edificio reconstruíuse en gran parte en estilo gótico entre 1498 e 1509, e modificado ao seu aspecto actual barroco entre 1671 e 1710 por Jules Hardouin-Mansart e Robert de Cotte. Danouse por un incendio o 19 de setembro de 1914, e non foi reparado ata despois da segunda guerra mundial.

O Palacio foi a residencia dos reis de Francia antes da súa coroación en Notre-Dame de Reims. O rei vestíase para a coroación no palacio antes de dirixirse á catedral, despois, celebrábase un banquete no palacio. O primeiro banquete de coroación rexistrado celebrouse no palacio no 990, e o máis recente en 1825.

O palacio alberga o Musée de l'Œuvre desde 1972, mostrando estatuaria e tapices da catedral, xunto cos restos do tesouro da catedral e outros obxectos asociados a a coroación dos reis franceses.

O Palacio de Tau, xunto coa Catedral de Notre-Dame e a antiga Abadía de Saint-Remi, converteuse en Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 1991. Atrae uns 100.000 visitantes cada ano.

Galerïa[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
  1. "Cathedral of Notre-Dame, Former Abbey of Saint-Rémi and Palace of Tau, Reims". UNESCO World Heritage Centre. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 17 de outubro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]