Saltar ao contido

Catedral de Estrasburgo

Catedral de Nosa Señora de Estrasburgo
Fachada occidental, dende a Rue Mercière.
Datos xerais
País Francia
RexiónAlsacia Alsacia
TipoCatedral
AdvocaciónVirxe María
LocalizaciónEstrasburgo
Coordenadas48°34′54″N 7°45′03″L / 48.581666666667, 7.7508333333333
Culto
CultoCatólico
DioceseArquidiocese de Estrasburgo
Arquitectura
Construción1015-1439
EstiloGótico
Páxina webcathedrale-strasbourg.fr
Catedral de Estrasburgo en Francia
Catedral de Estrasburgo
Catedral de Estrasburgo
editar datos en Wikidata ]

A Catedral de Estrasburgo ou Catedral da Nosa Señora de Estrasburgo (en francés: Cathédrale Notre-Dame de Strasbourg, en alemán: Liebfrauenmünster zu Straßburg), é unha catedral católica de Estrasburgo, Francia. Malia que partes considerables dela pertencen á arquitectura románica, é amplamente considerada[1][2][3][4] como un exemplo de arquitectura gótica. O arquitecto alemán Erwin von Steinbach foi o responsable da construción debida ás súas contribucións dende 1277 ata a súa morte en 1318.

Con 142 metros de altura, foi o edificio máis alto do mundo entre 1647 e 1874, momento no cal foi superado por Igrexa de San Nicolás, Hamburgo. Hoxe en día, é a sexta igrexa máis alta do mundo, e a máis alta estrutura aínda en pé construída durante a Idade Media.

Descrita por Victor Hugo como unha "xigantesca e delicada marabilla",[5] a catedral é visible dende as chairas de Alsacia e pode ser vista dende os Vosgos ou a Selva Negra na outra beira do Rin.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]


  1. Susan Bernstein: Goethe's Architectonic Bildung and Buildings in Classical Weimar Arquivado 22 de xullo de 2011 en Wayback Machine., The Johns Hopkins University Press
  2. "Strasbourg Cathedral Hangs On" Arquivado 20 de setembro de 2012 en Wayback Machine., The Christian Science Monitor, 13 de outubro de 1991
  3. "Art: France's 25" Arquivado 26 de agosto de 2013 en Wayback Machine., Time, 2 de abril de 1945
  4. "The Woman Who Rode Away and Other Stories - D. H. Lawrence, Dieter Mehl - Google Livres". Books.google.com. 6 de febreiro de 1924. Consultado o 23 de maio de 2012. 
  5. "Prodige du gigantesque et du délicat (trandución)". Trekearth.com. Consultado o 20 de xullo de 2013.