Castro de Vixil
Castro de Vixil | |
---|---|
Parroquia | Boizán |
Concello | Vilalba |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA27065022 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | Idade de Ferro |
Estado actual | Uso forestal |
Extensión estimada | 4460 m2 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Vixil, tamén coñecido como castro de Cunca de Vixil, é un castro situado no lugar do Castro, na parroquia de Boizán,[1] no concello lucense de Vilalba. O castro data dos séculos -II e -I.[2] O castro aparece no Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia (Catálogo da Xunta e dos PXOM).
Accédese ao castro pola N-634 en dirección Baamonde ata o lugar de Alto de Vixil. Dende alí chégase ó castro xirando á dereita.
Descrición
[editar | editar a fonte]Atópase nun zona costenta. Mide 96 metros no eixo norte-sur e 114 no eixo leste-oeste. A súa área é de 4460 m2. Ten forma oval cun único parapeto defensivo[3] de 4 metros de alto e 13,5 metros de anchura media. O parapeto está reforzado por un foxo no sueste.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Descubríronse restos de cerámica (con decoracións moi variadas), materiais de pedra e de metal. Non se documentan materiais romanos.[2] Os restos atópanse expostos no Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba.[3]
Conservación
[editar | editar a fonte]Na década de 1970 abriuse unha canteira no seu interior, o cal destruíu o parapeto sur e deixou ao descuberto varias estruturas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ siotuga.xunta.gal (ed.). "LUGPA007" (PDF). Consultado o 30 de agosto de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 "El castro de Vixil (Vilalba, Lugo) estudio de materiales y nuevas perspectivas". dialnet.unirioja.es. Consultado o 31 de agosto de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 Sitio web Arquivado 26 de abril de 2012 en Wayback Machine. do concello de Vilalba. Arqueoloxía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- RAMIL REGO, Eduardo (1997). El castro de Vixil (Vilalba, Lugo). Estudio de materiales y nuevas perspectivas. Férvedes, 4.
- RAMIL REGO, Eduardo (1997). Xacementos castrexos do concello de Vilalba (Lugo). Análise dos emprazamentos. Revista Férvedes, 4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Castro de Vixil na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.