Saltar ao contido

Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba
PaísGalicia Galicia
CidadeVilalba
TipoArqueolóxico
AdministradorConcello de Vilalba
Inauguración2002 (sede actual)
Na rede
http://www.museovilalba.org
editar datos en Wikidata ]

O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba é un museo municipal de Vilalba. As súas actividades céntranse na investigación, conservación e difusión da prehistoria e historia antiga de Galicia.[1]

Foi fundado e dirixido polo médico e arqueólogo José María Ramil Soneira.[2] Dende o pasamento de Ramil Soneira en 2014, o director do centro é o seu fillo, Eduardo Ramil Rego.[3] A súa sede trasladouse á Rúa Dr. Domingo Goas, nº2 no verán de 2002.[4]

Exposicións

[editar | editar a fonte]

A súa temática vai dende o Paleolítico ata a época romana no noroeste da Península Ibérica. Os materiais arqueolóxicos proveñen de depósitos particulares e das descubertas de escavacións arqueolóxicas promovidas polo museo ou outras entidades.

Conta cunha exposición permanente que ten a máis completa colección de materiais do Paleolítico ao Mesolítico de toda Galicia.[4] Contén tamén os restos da ocupación humana máis antiga de Galicia e o primeiro obxecto de arte atopado no país,[4] un colgante procedente da estación paleolítica de Férvedes II (Xermade). Está feito posiblemente de esteatita, é plano e ten forma oval. Ten un orificio de forma circular, supostamente para o cordón do que penduraba, e como decoración un trazo recto e vertical no centro das dúas caras, máis fondo dunha delas. É semellante a outras pezas de xacementos magdalenienses do Cantábrico.

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  1. Sitio web Arquivado 26 de abril de 2012 en Wayback Machine. do concello de Vilalba. Arqueoloxía.
  2. Mañana se oficiará en Santa María de Vilalba el funeral de entierro de José Ramil Soneira. Diario La Voz de Galicia, 27 de abril de 2014.
  3. "Presentan el libro póstumo de José Ramil Soneira", artigo en El Pregreso, 14 de abril de 2016 (en castelán).
  4. 4,0 4,1 4,2 museos.xunta.gal (ed.). "Museo da Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba". Consultado o 31 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]