Castro de Centroña
Aparencia
| Castro de Centroña | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Centroña | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
| |||||||
| Id. catálogo | GA15048001 | ||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Castro de Centroña ou Os Castros é un poboado castrexo situado no lugar de Castrelo, en Centroña (Pontedeume), no cumio dun monte de escasa altura.
Tamén é coñecido como Perbes ou Castrelo.[1]
Consta dun recinto principal de forma elíptica, amurallado e rodeado á súa vez por un antecastro no lado norte e oeste. Circúndano, na súa totalidade, un importante sistema de socalcos. As medidas do eixe principal son de 110 metros e no eixe menor 90 metros.
En 1912 atopouse un torque de ouro que se conserva no Museo Provincial de Lugo. O historiador e xeógrafo Pomponio Mela no ano 44 identifica este castro coa cidade ártabra de Ardóbrica[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pin, Irene (17 de abril de 2020). "O Castro de Centroña, un "perfecto descoñecido"". Nós Diario. Consultado o 17 de abril de 2020.
- ↑ Castro de Centroña ou de Castrelo na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
