Xosé Carlos Valle Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Carlos Valle")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Medalla de Galiza.svg
Xosé Carlos Valle Pérez
Xosé Carlos Valle Pérez.jpg
Nacemento 25 de novembro de 1953
  Pontevedra
Nacionalidade España
Educado en Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación historiador da arte
editar datos en Wikidata ]

Xosé Carlos Valle Pérez, nado en Pontevedra o 25 de novembro de 1953[1], é un historiador da arte galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutorouse en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de licenciatura. A súa proxección no eido cultural galego acadouna como director da Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón e como director do Museo de Pontevedra dende 1987, sucedendo a Xosé Fernando Filgueira Valverde.[2]

É membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes e membro dos Padroados do Museo do Pobo Galego e do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Foi comisario de diversas exposicións, algunhas de grande proxección como O Pórtico da Gloria e o seu tempo (Santiago, 1988), e Galicia no Tempo (Santiago, 1991) así como de varias edicións da Bienal de Pontevedra.

Obra bibliográfica[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]