Porto, fortalezas e conxunto monumental de Cartaxena de Indias é o concepto baixo o cal a UNESCO incluíu o centro histórico de Cartaxena de Indias, o conxunto das súas fortificacións e o porto na lista de Patrimonio da Humanidade en 1984.[1] Abrigado nunha baía do mar Caribe, o porto de Cartaxena posúe o conxunto de fortificacións máis completo de toda América do Sur. Un sistema de zonificación divide a cidade en tres barrios diferenciados: San Pedro, coa catedral e numerosos pazos de estilo andaluz; San Diego, antigo lugar de residencia dos comerciantes e da pequena burguesía; e o popular barrio de Getsemaní.
Praza dos Coches. Situada dentro da cidade amurallada, atópase rodeada de casaróns coloniais e presidida pola estatua de Pedro de Heredia, fundador de Cartaxena.
Praza de Santo Domingo.
Praza da Aduana. Presidida pola estatua de Cristovo Colón.
Igrexa e convento de San Pedro Claver, construída no século polas xesuítas e onde repousan os restos de San Pedro Claver, un dos defensores da causa da poboación negra.