Saltar ao contido

Fábricas de Nitrato de Humberstone e Santa Laura

Fábricas de Nitrato de Humberstone e Santa Laura
Rexión de Tarapacá Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    Oficinas salitreras de Humberstone y Santa Laura (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Características
 Produto ou servizo
 Situación patrimonial
Patrimonio da Humanidade
Período: 2005 - Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Fundador/a
Historia
Cifras e dimensións
 Superficie
Localización
 Situado en
 Localización
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
VIAF180890646 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/06ytzk Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

As Fábricas de nitratos de Humberstone e Santa Laura son dúas antigas refinerías de salitre situadas no norte de Chile. Foron declarados Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 2005, como testemuño da importancia histórica da minería do salitre en Chile e da axenda cultural e social que se desenvolveu arredor dela a finais do século XIX.[1][2] As fábricas colocáronse na Lista do Patrimonio Mundial en Perigo ese mesmo ano, debido á fraxilidade dos edificios abandonados, pero foron retiradas en 2019.[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Humberstone e Santa Laura atópanse a 45 km ao leste da cidade de Iquique no Deserto de Atacama na Rexión de Tarapacá no norte de Chile.< ref name="unesco"/> Outras fábricas de salitre ou "cidades de nitrato" inclúen Chacabuco, María Elena, Pedro de Valdivia, Puelma e Aguas Santas entre moitos outros.

Humberstone

[editar | editar a fonte]

Santa Laura

[editar | editar a fonte]

En 1872, a empresa de extracción de nitratos Guillermo Wendell fundou a salitrería de Santa Laura, cando a rexión aínda formaba parte do Perú. Nese mesmo ano, James Thomas Humberstone fundou a "Peru Nitrate Company", establecendo a fábrica de "La Palma". Ambas fábricas creceron rapidamente, converténdose en cidades concurridas caracterizadas por edificios de estilo inglés.

Mentres que La Palma converteuse nunha das maiores extractoras de salitre de toda a comarca, a Santa Laura non foulle ben, xa que a produción era baixa. En 1902 cmercouna a Compañía de nitratos Tamarugal. En 1913 Santa Laura parou a súa produción ata que se introduciu o proceso de extracción de Shanks, o que aumentou a produtividade.

Non obstante, o modelo económico colapsou durante a Gran Depresión de 1929 por mor do desenvolvemento da síntese de amoníaco polos alemáns Fritz Haber e Carl Bosch, o que levou á produción industrial de fertilizantes. Practicamente en bancarrota, ambas fábricas foron adquiridas por COSATAN (Compañía Salitrera de Tarapacá y Antofagasta) en 1934. COSATAN rebautizou La Palma como "Oficina Santiago Humberstone" en homenaxe ao seu fundador. A compañía intentou producir un salitre natural competitivo modernizando Humberstone, o que levou a que se convertese na fábrica de salitre máis exitosa en 1940.

Ambas fábricas abandonáronse en 1960 tras o rápido declive que provocou a desaparición de COSATAN en 1958. En 1970, tras converterse en cidades fantasmas, declaráronse monumentos nacionais e abríronse ao turismo. En 2005 foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Galería de fotos

[editar | editar a fonte]


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]