Valparaíso
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Chile | |||
Rexión | Rexión de Valparaíso | |||
Provincia | Provincia de Valparaíso | |||
Comuna | Valparaíso (en) ![]() ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 296.655 (2017) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 47,98 km² ![]() | |||
Altitude | 21 m ![]() | |||
Creación | 1536 ![]() | |||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 2340000 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 32 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Oviedo Malaca Bat Yam (pt) ![]() San Francisco Córdoba Busan Barcelona Callao Salvador Provincia de Cantón Long Beach Badalona Santa Fe (1991–) Malaca (pt) ![]() Novorossiisk (1996–) Rosario (1997–) Shanghai (2001–) Guanajuato (2002–) Odesa (2004–) ![]() | |||
Sitio web | municipalidaddevalparaiso.cl ![]() | |||
![]() |
Valparaíso é unha cidade, porto e comuna de Chile, capital da provincia e rexión de Valparaíso. Sitúase uns 117 km da capital do país, Santiago de Chile. É o centro histórico, administrativo, universitario e principal núcleo urbano da Área Metropolitana de Valparaíso, que forma xunto ás comunas de Viña del Mar, Quilpué, Villa Alemana e Concón. Segundo o censo 2012 conta cunha poboación estimada de 300.000 persoas, que ascende a 1.040.000 habitantes se incluímos a súa conurbación, sendo a terceira cidade e área metropolitana máis poboada de Chile, por detrás da de Santiago e Concepción.
Valparaíso é sede do Congreso Nacional, da Comandancia da Armada de Chile e doutras institucións do Estado de carácter nacional como o Consello Nacional da Cultura e as Artes, a Subsecretaría de Pesca, os servizos de Aduanas e de Pesca e Acuicultura. É o principal porto de Chile e un dos máis importantes do Pacífico Sur.[1] Ademais a cidade é sede dalgunhas das universidades máis prestixiosas do país como a Pontificia Universidade Católica de Valparaíso, Universidade de Praia Ancha, Universidade de Valparaíso e Universidade Técnica Federico Santa María.
Geograficamente, a cidade preséntase en forma dun grande anfiteatro natural, na baía homónima e rodeada de cerros, nos cales vive a maior parte da poboación.[2] Entre o pé dos cerros e o mar fórmase o Plan, centro administrativo, comercial e financeiro da cidade; mentres o bordemar é ocupado polo porto.
Debido á súa riqueza arquitectónica desenvolvida principalmente a fins do século XIX,[3] en 2003 o seu centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, converténdose no terceiro sitio chileno protexido polo organismo internacional, tralo Parque nacional Rapa Nui e 16 igrexas de Chiloé.[3]
O poeta chileno Pablo Neruda tiña unha casa na cidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ranking Portos 2015". AméricaEconomía. Consultado o 3 de agosto de 2015.[Ligazón morta]
- ↑ Cidade de Valparaíso. "Cerros de Valparaíso, o paréntesis visual da cidade". Archived from the original on 20 de setembro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 "Barrio histórico da cidade portuaria de Valparaíso". Consultado o 2 de novembro de 2014.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valparaíso ![]() |