Vía Lemovicensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rutas do Camiño de Santiago francés.

A vía Lemovicensis (ou vía do Limousine ou vía de Vézelay) é o nome latino dun dos catro camiños franceses da peregrinación a Santiago de Compostela. A vía pasa por Limoges, de aí o seu nome, mais o verdadeiro lugar de xuntanza e partida é a abadía de La Madeleine en Vézelay. Atravesa o país de etapa en etapa até a localidade de Ostabat, onde se funde coa vía turonensis. O camiño pasa na súa primeira sección por Bourges e Châteauroux. Existe, porén, unha variante máis ao sur por Nevers.

Historia[editar | editar a fonte]

Limoges: Ponte de St.Etienne sobre do Vienne, que atravesaban os peregrinos.

Vindos de Bélxica, das Ardenas, de Lorena ou de Champaña, os peregrinos de Santiago de Compostela, tamén chamados jacquets en francés, da vía lemovicensis axuntábanse en Borgoña, arredor dos esplendores románicos de La Madeleine de Vézelay.

Os reunidos en Saint-Père ou en Asquins, escollían entre dous itinerarios : ou ben por La Charité-sur-Loire, Bourges e Châteauroux, ou ben por Nevers, Saint-Pierre-le-Moûtier e Neuvy-Saint-Sépulchre.

Por Nevers, a vía lemovicensis entraba no país de Limousin, de onde procede o nome, para visitar o célebre santuario de Saint Léonard, caro a Aimery Picaud.

Logo do Périgueux, unha vez franqueada Dordoña e Garonne, a travesía, tan temida, das Landes (As Landas) tornábase relativamente breve polo camiño, que acababa por unirse coa vía turonensis e a vía podiensis na encrucillada de Gibraltar, preto de Ostabat.

Os camiños de Santiago[editar | editar a fonte]

Consonte o capítulo I do Códice Calixtino de Aimery Picaud, catro rutas levaban a Santiago de Compostela :

As tres primeiras axuntábanse en Ostabat, logo cruzaban os Pireneos polo porto de Roncesvales. En Puente la Reina, xa en territorio hispano, uníaselles a cuarta vía, que franqueaba os Pireneos polo porto de Somport. Desde alí, un camiño principal, o máis frecuentado, conducía até Santiago, o Camiño francés.

En Francia[editar | editar a fonte]

Na Península Ibérica[editar | editar a fonte]

O camiño actual[editar | editar a fonte]

O itinerario histórico da Vía lemovicensis está actualizado pola Association des Amis de Saint-Jacques de la Voie de Vézelay que se axunta coa Vía podiensis en Ostabat. Existe tamén unha variante máis sinuosa, dita Grande Randonnée 654 (GR 654) que, con arredor de 1.750 km, parte desde Namur en Bélxica e se une con a GR 65 (Vía podiensis) en Montréal-du-Gers.

De Vézelay à Ostabat (Cruz de Gibraltar)

Yonne[editar | editar a fonte]

Abadía de Vézelay, punto de partida.

Nièvre[editar | editar a fonte]

Cher[editar | editar a fonte]

Catedral de Saint-Étienne de Bourges.

Indre[editar | editar a fonte]

Creuse[editar | editar a fonte]

Haute-Vienne[editar | editar a fonte]

Colexiata de Saint-Léonard de Noblat.

Dordogne[editar | editar a fonte]

Catedral de Saint-Front de Périgueux.

Lot-et-Garonne[editar | editar a fonte]

Gironda[editar | editar a fonte]

Landes[editar | editar a fonte]

Itinerario sinalado nas Landes.
Abadía de Saint-Sever.
Peregrinos preto de Bougue.

Variante entre Bazas e Mont-de-Marsan[editar | editar a fonte]

Pireneos Atlánticos[editar | editar a fonte]

A partir de aí, o camiño continúa en España so o nome de Camiño navarro até Puente la Reina. Nesta etapa a cuarta vía francesa, a Tolosana (Arles, Toulouse), que entra na península polo porto de Somport, axúntase, e formado o Camiño francés segue até Santiago.

Variante de Vézelay por Nevers[editar | editar a fonte]

Yonne[editar | editar a fonte]

Nièvre[editar | editar a fonte]

Allier[editar | editar a fonte]

Cher[editar | editar a fonte]

Indre[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]