Cardiff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Caerdydd")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 51°29′N 03°11′O / 51.483, -3.183

Cardiff
Caerdydd
Flag of Cardiff.svg
Coat of Arms of Cardiff.jpg
Cardiffmontage3.jpg
Varias imaxes de Cardiff
Localización
Cardiff en Gales
Cardiff
Cardiff
PaísFlag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Nación ConstituínteGales Gales
RexiónGales do Sur
CondadoSouth Glamorgan
Xeografía
Altitude41 msnm
Superficie29,24 km²
Demografía
Poboación362.800 hab. (2017)
Densidade12.407 hab/km²
Outros datos
Código postalCF
AlcaldeHeather Joyce
www.cardiff.gov.uk

Cardiff (en galés: Caerdydd) é a capital e cidade máis importante de Gales. Situada na canle de Bristol, ó suroeste de Gales e preto da fronteira con Inglaterra, expandiuse enormemente durante o século XIX debido á industria mineira e ó tráfico dos seus portos.

Segundo o censo de 2011, a poboación de Cardiff é de 341.054 habitantes, sendo a décima cidade máis grande do Reino Unido.

Historia[editar | editar a fonte]

Época romana ata a Idade Media[editar | editar a fonte]

Vista do Castelo de Caerdiffe (Cardiff).

Cardiff fortificouse durante a ocupación das Illas Británicas pola Roma antiga. Cando o dominio en Britania rematou a principios do século V, o forte abandonouse.[1] Os restos da fortificación orixinal segue sendo visible no Castelo de Cardiff.

Mapa de Cardiff de John Speed en 1610.

En 1091 Robert Fitzhamon comezou a traballar no castelo para preservar as murallas da antiga fortaleza romana. O edificio modificaouse substancialmente e ampliouse durante a Época vitoriana por John Crichton-Stuart, 3º marqués de Bute e o arquitecto William Burges.

Á sombra do castelo creceu unha pequena cidade formada principalmente por colonos de Inglaterra.[2] Durante a Idade Media, a poboación de Cardiff oscilou entre os 1500 e 2000 habitantes,[3] o tamaño normal dunha cidade Galesa na época. Non obstante, a finais do século XIII, Cardiff era a única cidade de Gales cunha poboación de máis de 2000 habitantes, aínda que era relativamente pequena en comparación con outras cidades do Reino de Inglaterra.[4]

Durante a Idade Media, a cidade tivo un axetreado porto, que cara a 1327 xa se convertera no elemento básico da cidade. A principios do século XII, construíuse unha palisada de madeira arredor do seu perímetro para protexela.

En 1404 Owain Glyndwr queimou Cardiff e tomou o castelo.[1] Dado que a cidade aínda era moi pequena, a maioría dos edificios, que eran de madeira, foron reducidos a cinzas. Pouco despois reconstruíuse e comezou a florecer unha vez máis.[3]

Cidade condado de Glamorganshire[editar | editar a fonte]

En 1536, a Union Act entre Inglaterra e Gales levou á creación da comarca de Glamorgan, e Cardiff formou unha cidade condado (County town capital dun condado). Neste momento, a familia Herbert converteuse na familia máis poderosa da rexión.[2] En 1538, Henrique VIII de Inglaterra pechou os conventos da Orde dos Predicadores e franciscanos, cuxos restos se empregaron como materiais de construción.[3]

A cidade converteuse en Municipio Libre en 1542, [5] e en 1581, Isabel I concedeu o seu primeiro Real decreto.[2] A cidade obtivo un segundo decreto real en 1608.[6]

Durante a Segunda Guerra Civil Inglesa, librouse en St. Fagans, ao oeste da cidade, a batalla de St. Fagans, que terminou cunha vitoria decisiva dos parlamentaristas fronte aos realistas e permitiu a Oliver Cromwell conquistar o País de Gales.[1] Tamén foi a última gran batalla que tivo lugar neste territorio, con 200 soldados mortos (a maioría eran fieis á Coroa).[2]

Na década de 1790 estableceuse un servizo de dilixencias que comunicaba con Londres, construíuse un hipódromo e instalouse unha imprenta, bancos e cafeterías. A pesar destas melloras, a súa posición na xerarquía urbana galesa diminuíu durante o século XVIII. Iolo Morganwg chamouno "un lugar escuro e insignificante", e o censo de 1801 reflectía unha poboación de 1870 habitantes, convertendo a Cardiff na vixésimo quinta cidade de Gales, moi atrás de Merthyr e Swansea.[7]

Construción dos peiraos[editar | editar a fonte]

Peirao de Cardiff en 1907.

En 1793 naceu John Crichton-Stuart, 2º marqués de Bute, que pasou a vida construíndo os peiraos da cidade e foi chamado «o creador do moderno Cardiff». [2] En 1815 estableceuse un servizo por dúas veces por semana a Bristol.[8]

Durante a revolución industrial, a maioría do carbón exportado do mundo sae do porto de Cardiff e a riqueza que xera permite a remodelación do Castelo de Cardiff e de Castell Coch. A cidade creceu rapidamente desde a década de 1830 e converteuse no principal porto exportador de carbón dos vales de Cynon, Rhondda e Rhymney, medrando entre 1840 e 1870 a un ritmo de case o 80% por década. Gran parte do crecemento debeuse a Migración dentro e fóra de Gales, en 1851, a cuarta parte da poboación da cidade era inglesa por nacemento e máis do 10% nacera en Irlanda. No censo de 1881, superou tanto a Merthyr como a Swansea e converteuse na maior cidade galesa. En 1893, construíuse a Universidade de Gales.[7]

Na década de 1880 a cidade enfrontouse a un gran reto cando David Davies Llandinam e a Empresa de Ferrocarrís Barry promoveron o desenvolvemento de peiraos de Barry, os rivais do peirao de Cardiff. Estes peiraos tiñan a vantaxe de ser accesibles independentemente do estado da marea. Por iso, as exportacións de carbón de Barry superaron a de Cardiff desde 1901, pero a administración do comercio de carbón seguiu centrada nesta cidade, en particular a súa "Bolsa de carbón". A cidade tamén reforzou a súa base industrial coa decisión de Guest, Keen e Nettlefolds (os propietarios da fundición de Dowlais Merthyr) de construír unha nova siderurxia preto dos peiraos en `East Moors 'en 1890.

Estatuto de cidade[editar | editar a fonte]

O 28 de outubro de 1905, Cardiff obtivo o status de cidade de Eduardo VII, construíuse unha catedral católica en 1916. Nos anos seguintes situáronse na cidade un número crecente de institucións nacionais, como o Museo Nacional de Gales.

Despois dun breve boom despois da Primeira Guerra Mundial, os peiraos de Cardiff entraron nun declive prolongado no período de entreguerras. En 1936 o seu comercio era menos da metade do seu valor en 1913, o que reflectía a caída da demanda de carbón de Gales.[7] Os bombardeos que sufriu durante a Segunda Guerra Mundial incluíu a devastación da Catedral de Llandaff e nos anos da posguerra, o vínculo da cidade coa familia Bute chegou ao seu fin.

En resposta a unha solicitude do Ministro do Interior Gwilym Lloyd George, o 20 de decembro de 1955 converteuse na capital de Gales. Caernarfon tamén aspiraba ao título.[9] En 1958 a cidade albergou os Commonwealth Games e converteuse nun centro de administración nacional co establecemento da Oficina de Gales en 1964 que máis tarde levou a a creación doutros organismos públicos como o Welsh Arts Council e o Welsh Development Agency, a maioría dos cales se localizaron nesta cidade.

Despois do peche das industrias siderúrxicas "East Moors" en 1978, a cidade perdeu poboación durante os anos 80.[10] Non obstante, recuperouse e foi unha das poucas cidades (ademais de Londres), onde a poboación creceu durante a década seguinte.[11] Durante este período, a "Cardiff Bay Development Corporation" promoveu a conversión industrial ao sur da cidade. Unha avaliación da rexeneración de Baía de Cardiff, publicada en 2004, concluíu que o proxecto "reforzou a posición competitiva de Cardiff [e] contribuíu a unha enorme mellora da calidade do ambiente construído" .

Edificios e lugares de interese[editar | editar a fonte]

Irmandades[editar | editar a fonte]

Cardiff está irmandada coas seguintes cidades:

Anteriormente estivo irmandada con Baltimore nos Estados Unidos de América pero este acordo expirou hai tempo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "A Cardiff & Vale of Glamorgan Chronology up to 1699". Bob Sanders. Consultado o 29 de febreiro de 2008. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Cardiff Timeline". Cardiffians. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2008. Consultado o 29 de febreiro de 2008. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "A SHORT HISTORY OF CARDIFF". Tim Lambert. Consultado o 29 de febreiro de 2008. 
  4. Campbell, Bruce M S (25 de agosto de 2006). "Benchmarking medieval economic development: England, Wales, Scotland, and Ireland, circa 1290" (PDF). Consultado o 20 de maio de 2008. 
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Bob Sanders-período ata 1699
  6. "A History Lovers Guide to Cardiff". GoogoBits.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2008. Consultado o 31 de decembro de 2007.  Parámetro descoñecido |urlarchivo= ignorado (suxírese |url-arquivo=) (Axuda)
  7. 7,0 7,1 7,2 The Welsh Academy Encyclopedia of Wales. Cardiff: University of Wales Press 2008.
  8. "A Cardiff Vale of Glamorgan Chronology 1700 - 1849". Bob Sanders. Consultado o 4 de marzo de 2008. 
  9. "Cardiff as Capital of Wales: Formal Recognition by Government". The Times. 21 de decembre de 1955. 
  10. "Cardiff Wales Through Time - Population Statistics". Consultado o 20 de maio de 2008. 
  11. "The Growth and Decline of Cities and Regions" (PDF). 1 de xullo de 2004. Consultado o 20 de maio de 2008.