Xiamen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 24°28′47.41″N 118°05′21.91″L / 24.4798361, -118.0894194

Xiamen
厦门市
Xiamen montage.png
Imaxes de Xiamen
Localización
PaísFlag of the People's Republic of China.svg China
ProvinciaFujian
Xeografía
Superficie1760,7 km²
Demografía
Poboación4.110.000 (2018)
Densidade2418,51 hab./km²
Outros datos
Fundación282

Xiamen (en chinés tradicional: 廈門; en chinés simplificado: 厦门; pinyin: Xiàmén) é unha cidade costeira da provincia de Fukien, localizada na illa de Xiamen, na illa de Gulangyu e unha parte da costa continental chinesa. A lingua local é o hokkien, aínda que o mandarín tamén se utiliza amplamente na cidade. Conta con 4,11 millóns de habitantes (2018). Amoy é o nome co que se coñece a cidade en Occidente.

Historia[editar | editar a fonte]

No ano 282 o lugar converteuse no distrito de Tong'an (同安縣), unha subentidade da Prefectura de Jin'an (晉安郡). En 1387, o Imperio Ming usouna como base contra dos piratas. En 1541 Xiamen foi o primeiro porto comercial chinés utilizado polos europeos. No ano 1650 o pirata Koxinga estableceuse aquí, denominándoa Illa de Siming (思明洲), en 1680 os manchús déronlle o seu actual nome. Xiamen foi un dos cinco portos chineses abertos polo Tratado de Nanking (1842) e converteuse no primeiro exportador de té, como resultado o dialecto da cidade tivo unha grande influencia no léxico que as linguas europeas tomaron da China, como té ou ketchup. En 1980 converteuse nunha Zona Económica Especial.
No ano 2000, descubriuse na cidade o caso de corrupción na China, implicando a 200 funcionarios.

Irmanamentos[editar | editar a fonte]