Liexa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Liège")

Coordenadas: 50°38′N 5°34′L / 50.633, -5.567

Liexa
Liège
Luik
LuikVlag.svg
Blason liege.svg
Liege View 03.jpg
Vista da cidade
Localización
Liexa en Bélxica
Liexa
Liexa
País Bélxica Bélxica
Comunidade Comunidade francesa de Bélxica
Rexión Valonia
Provincia Liexa
Xeografía
Superficie 69,39 km²
Demografía
Poboación 196 970 hab. (2016)
Densidade 2800 hab/km²
Outros datos
Código postal 4000–4032
Alcalde Willy Demeyer (PS)
Páxina oficial de Liexa

Liexa[1] (francés: Liège; neerlandés: Luik) é unha cidade de Bélxica, capital da provincia homónima. Ten uns 185.000 habitantes segundo o censo do ano 2005. Situada xunto a desembocadura do río Ourthe no Mosa, no leste do país. Está comunicada con Antuerpen polo Albertkanaal (canle Alberto) e coa rexión renana polo río Mosa.

Dende o século XV, a cidade experimentou un continuo desenvolvemento económico, e no século XIX convertérase nun importante centro industrial, como consecuencia da explotación das minas de hulla e do seu procesamento. Industria siderúrxica, de transformados metálicos, de construción de maquinaria, armamentística, química, do caucho, do vidro e alimentaria (refinería de azucre). A cidade posúe un dos portos fluviais máis importantes de Europa, tamén posúe un Aeroporto en Bierset. Liexa constitúe o centro cultural dos valóns. A súa universidade fundouse en 1817.

Entre o 4 e o 16 de agosto de 1914 tivo lugar nesta cidade a batalla de Liexa, na que os alemáns conquistarían a praza no seu avance cara París.

Entre 1931 e 1937 estivo situada nesta localidade a Escola de Enxeñería ICAI, logo de que a Compañía de Xesús fora expulsada de España.

Panorámica de Liexa

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo Criterios para o uso da lingua, SNL da Universidade da Coruña, así como tamén conforme a forma empregada en Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo, a Diciopedia do século 21 e o Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.