Grupo dos Cinco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Os Cinco. De arriba a abaixoo e de esquerda a dereita: Milii Balakirev, César Cuí, Modest Mussorgsky, Nikolai Rimsky-Korsakov e Alexander Borodin.

Os cinco[Cómpre referencia], tamén coñecido como o gran puñado[Cómpre referencia], O círulo de Balakirev[Cómpre referencia], e A nova escola rusa[Cómpre referencia], refírese a un grupo de prominentes compositores do século XIX activos en San Petersburgo, que se esforzaron en producir un tipo de música clásica especificamente rusa, en lugar de imitar á música europea máis antiga que se baseaba na formación de conservatorio de estilo europeo. O grupo reuniuse de 1856 a 1870 e estaba formado por Milii Balakirev (o líder) César Cui, Modest Mussorgsky, Nikolai Rimsky-Korsakov e Alexander Borodin. En certo sentido, Os Cinco foron unha rama do movemento nacionalismo romántico en Rusia, compartindo obxectivos artísticos similares coa Colonia de Abramtsevo e o renacemento de Rusia.


Historia[editar | editar a fonte]

Nome[editar | editar a fonte]

En maio de 1867, o crítico Vladímir Stásov escribiu un artigo, «O Concerto Eslavo do Sr. Balákirev», un concerto dado para a visita das delegacións eslavas para a «Exhibición Etnográfica de Rusia» en Moscú. Os catro compositores rusos, cuxas obras foron tocadas no concerto foron Mijaíl Glinka, Aleksandr Dargomizhski, Milii Balakirev e Nikolai Rimsky-Korsakov. O artigo terminou coa seguinte cita:

«Deus permita que os nosos invitados Eslavos nunca esquezan o concerto de hoxe, Deus permita que eles preserven nas súas memorias canto sentimento, poesía, talento e intelixencia son posuídos polo pequeno pero xa Gran Puñado de Músicos Rusos»
Vladímir Stásov, Sankt-Peterbúrgskie Védomosti, 1867

A expresión «O Gran Puñado» foi feito de burla polos inimigos de Balákirev e Stásov: os círculos académicos do conservatorio, a Sociedade Musical Rusa e pola xente da prensa que os apoiaba. O grupo respondeu desafiantemente adoptando o nome.

Este grupo de compositores reunidos ao redor de Balákirev incluían a Cuí, Músorgski, Rimsky-Kórsakov e Borodín, os cinco que estaban asociados como «o grupo dos cinco» ou ás veces «o gran puñado»-. Gerald Abraham suscitou no Grove Dictionary of Music que eles nunca se chamaron a se mesmo, nin foron chamados en Rusia «Os Cinco», aínda que o seu equivalente en ruso «Пятёркa» («Piatiorka») pode atoparse para referirse a este grupo. Nas súas memorias, Rimsky-Korsakov refírese a miúdo ao grupo como «o círculo de Balakirev» e ocasionalmente usa «O Gran Puñado», ás veces cun ton despectivo. El tamén fixo a seguinte referencia a «Os Cinco»:

«Se non tomamos en conta a Lodyzhensky, que non logrou nada e a Lyádov, que apareceu despois, o círculo de Balakirev consistía en Balakirev, Cuí, Músorgski, Borodín e eu. Os Franceses denomináronnos «Les Cinq»».
Nikolay Rimsky-Korsakov, Chronicle of My Musical Life, 1909

A palabra rusa «kuchka» (puñado) tamén deu orixe aos términos «kuchkismo» e «kuchkista», que poden ser aplicados aos fins artísticos ou as obras acordes á sensibilidades dos Cinco.

O nome de «Les Six» (Os Seis), outro grupo de compositores franceses, emuló aquilo de «Os Cinco».

Formación[editar | editar a fonte]

A formación do grupo empezou en 1856, co primeiro encontro de Balakirev e Cui. Musorgski uníuselles en 1857, Rimsky-Korsakov en 1861 e Borodin en 1862. Todos os compositores dos Cinco eran novos. Balakirev tiña 25, Cuí 27, Musorgski 23, Borodín 28 e Rimsky-Kórsakov 18. Todos eles eran autodidactas afeccionados. Borodín combinou a composición coa carreira de Química. Rimsky-Korsakov era un oficial naval (escribiu a súa Primeira Sinfonía nunha viaxe de 3 anos ao redor do mundo). Músorgski estivera nas Gardas, despois no servizo civil antes de tomar a música. Ata o apoxeo da súa carreira na década de 1870 foi obrigado polo custa do seu hábito de beber a manter un traballo a tempo completo no Departamento Forestal do Estado.

En contraste á status de elite e as conexións co Conservatorio de compositores como Piotr Ilich Tchaikovski, Os Cinco eran principalmente da aristocracia menor das provincias. A certo grado o seu «espírito de corpo» dependía do mito, que eles mesmos crearon, dun movemento que foi máis «auténticamente ruso», no sentido que era máis próximo ás raíces nacionais que á academia clásica.

Antes deles, Mijaíl Glinka e Aleksandr Dargomizhski trataran de producir unha certa música distintiva de Rusia, escribindo operas de temas rusos, pero Os Cinco foron o primeiro intento consignado, con Stásov como o seu conselleiro artístico e Dargomyzhski como un estadista ao grupo, por así dicilo. O círculo empezou a distanciarse durante os 1870, sen dúbida, en parte debido ao feito de que Balakirev retirouse da vida musical a principios da década, por un período. Todos «Os Cinco» están enterrados no Cemiterio Tijvin de San Petersburgo.

Liña temporal[editar | editar a fonte]

Nicholas II of RussiaAlexander III of RussiaAlexander II of RussiaNicholas I of Russia

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]