Bruno Di Benedetto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBruno Di Benedetto
Biografía
Nacemento8 de maio de 1997 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsCarlo Di Benedetto e Roberto Di Benedetto Editar o valor em Wikidata


Bruno Di Benedetto, nado en Noisy-le-Grand (Sena-San Denis, Francia) o 8 de maio de 1997, é un xogador de hóckey a patíns francés, de orixe italiana e galega. Xoga de defensa no Oliveirense, do Campionato de Portugal.

É irmán xemelgo bivitelino de Roberto Di Benedetto e irmán máis novo de Carlo Di Benedetto, ambos tamén xogadores profesionais de hóckey.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Noisy-le-Grand e SA Mérignac (2000-2012)[editar | editar a fonte]

Naceu en Francia, fillo dun italiano e unha coruñesa de Monte Alto.[1][2] Comezou a xogar ao hóckey a patíns con 3 anos no club CS Noisy-le-Grand, xunto ao seu irmán xemelgo bivitelino Roberto e seu irmán máis vello Carlo. Alí xogou ata 2012, cando marchou cos seus irmáns a Mérignac (Xironda) para xogar no SA Mérignac. Estiveron alí un ano e logo ficharon polo

La Vendéenne (2013-2017)[editar | editar a fonte]

Tras un ano no Mérignac, os tres irmáns ficharon polo La Vendéenne. Co club francés gañou dúas ligas francesas en catro anos.

Lleida Lista Blava (2017-2019)[editar | editar a fonte]

En abril de 2017, un ano despois da marcha do seu irmán Carlo ao Liceo, Bruno e Roberto anunciaron á súa vez que deixaban Francia con rumbo tamén á OK Liga para fichar polo Lleida.[3] Xogou dúas tempadas no club catalán, proclamándose dúas veces campión da Copa CERS. Chegou tamén ás semifinais da Copa do Rei de 2019, onde caeu eliminado fronte ao Liceo de seu irmán Carlo.[4]

Deportivo Liceo (2019-2020)[editar | editar a fonte]

Na tempada 2019/20 fichou xunto ao seu xemelgo polo Deportivo Liceo, ao mesmo tempo que o seu outro irmán, Carlo, deixaba o club coruñés rumbo ao Porto.[5] Os dous irmáns chegaron á Coruña xunto a outro par de irmáns, Carles e Marc Grau.

O equipo galego acabou a tempada como subcampión da OK Liga, ao suspenderse a competición por mor da pandemia por coronavirus.

2ª etapa no Lleida Lista Blava (2020-2022)[editar | editar a fonte]

En maio de 2020 anunciou o seu regreso ao Lleida Llista Blava.[6] Co club catalán gañou a súa terceira Copa CERS, ao derrotar na final da edición 2020/21 ao Sarzana italiano.[7]

2ª etapa no Liceo (2022-2023)[editar | editar a fonte]

No verán de 2022 regresou ao Liceo coruñés, que atravesaba unha etapa de renovación, coa marcha de ata sete xogadores, entre eles o seu irmán Roberto.[8] A súa segunda etapa na Coruña durou unha tempada e, igual que na primeira, acabou como subcampión de liga. En xuño de 2023 o club anunciou que o xogador non seguiría na entidade na vindeira tempada.[9]

Oliveirense (2023-)[editar | editar a fonte]

En agosto de 2023 fichou polo Oliveirense, coincidindo así de novo cos seus dous irmáns nunha mesma liga, o Campionato de Portugal.[10]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Categorías inferiores[editar | editar a fonte]

En 2012 disputou coa selección francesa sub-17, e xunto aos seus irmáns, o Campionato Europeo sub-17 na Bretaña, onde o seu equipo se proclamou subcampión, caendo na final contra a España de Ferran Font, Ignacio Alabart e César Carballeira. Repetiu medalla de prata na edición seguinte, sendo derrotados na final esta vez por Portugal. En 2014 xogou o Europeo sub-20, conseguindo a medalla de bronce despois de perder en semifinais contra Portugal.

Selección absoluta[editar | editar a fonte]

É internacional coa selección francesa absoluta dende 2016, ano no que disputou xunto aos seus irmáns o Campionato de Europa, caendo en cuartos de final fronte a Suíza.[11] En 2017 participou no seu primeiro Campionato do Mundo, onde o equipo non pasou da fase de grupos. Xogou tamén o Europeo de 2018, onde obtivo o cuarto posto, despois de caer en semifinais por 8-2 contra a España de Xavier Malián, Edu Lamas, Adroher e Bargalló entre outros. No Mundial de 2019 o equipo chegou ás semifinais, onde foi eliminado pola Arxentina.

Palmarés[editar | editar a fonte]

La Vendéenne[editar | editar a fonte]

Lleida Llista Blava[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Una saga internacional de Monte Alto". La Opinión A Coruña (en castelán). 21 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  2. "Os veráns ao sol de Monte Alto". La Opinión A Coruña. 12 de decembro de 2019. Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  3. "El Lleida ficha a los gemelos Di Benedetto" (en castelán). 29 de abril de 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2021. Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  4. "Carlo reina en la batalla entre los hermanos Di Benedetto" (en castelán). 24 de febreiro de 2019. Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  5. Varela, María (26 de febreiro de 2019). "As fichaxes, de dúas en dúas". La Opinión A Coruña. Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  6. "Bruno di Benedetto dice «hasta luego» al Liceo" (en castelán). 6 de maio de 2020. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2020. Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  7. "5-3: El Lleida conquista su tercera WS Europe Cup seguida". Mundo Deportivo (en castelán). 20 de xuño de 2021. Consultado o 16 de marzo de 2023. 
  8. "Bruno di Benedetto regresa al Liceo". DxT Campeón (en castelán). 25 de xuño de 2022. Consultado o 16 de marzo de 2023. 
  9. "Bruno Di Benedetto, Mati Bridge, Pol Manrubia e Àlex Rodríguez non continuarán no Liceo". 16 de xuño de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  10. "Los hermanos Di Benedetto coinciden de nuevo en la misma liga tras sus etapas en Francia y España" (en castelán). 14 de agosto de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  11. "Euro Hommes 2016: Le parcours des trois frères Di Benedetto - rollerenligne.com". rollerenligne.com (en francés). Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2018. Consultado o 28 de novembro de 2020.