Pol Manrubia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPol Manrubia
Biografía
Nacemento6 de xullo de 2000 Editar o valor em Wikidata (23 anos)
Bigues i Riells del Fai, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata

Pol Manrubia Benavent, nado en Bigues i Riells del Fai o 6 de xullo de 2000, é un xogador de hóckey a patíns catalán, que xoga como dianteiro no Benfica, do Campionato Portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao hóckey a patíns no CHP Bigues i Riells da súa localidade natal, antes de ingresar na canteira do FC Barcelona.[1] Na tempada 2016/17 fichou polo Vic, co que debutou na OK Liga a seguinte tempada.[1] Na campaña 2018/19 xogou no Voltregà, onde realizou boas actuacións e marcou 10 goles, o que lle abriu as portas do Noia, club que o contratou ao remate da tempada.[2]

Na súa primeira campaña no club de Sant Sadurní d'Anoia marcou 15 goles e o seu equipo ocupaba a terceira praza da OK Liga, cando as competicións foron suspendidas por mor da pandemia de COVID-19. Na tempada 2020/21 marcou 20 goles na liga e outros cinco na Liga Europea, na que o seu equipo quedou eliminado na primeira rolda. A pesar da rápida eliminación acabou como o máximo anotador da competición, empatado cos tamén españois Marc Torra e Antonio Pérez.[3]

Para a tempada 2021/22 fichou polo Benfica, co que acadou a final do campionato portugués, caendo ante o Porto en cinco partidos.[4] Co boicot dos principais clubs europeos á Liga Europea, o Benfica disputou xunto ao outros once equipos a Golden Cup no Pazo dos Deportes de Riazor, callando Pol Manrubia boas actuacións e levantando o título na final ante o Barcelos.[5] Comezou a tempada 2022/23 gañando co Benfica a Supercopa de Portugal, pero as chegadas de Nil Roca e Roberto Di Benedetto provocaron que o club lle buscase unha saída, polo que en outubro marchou cedido ao Liceo coruñés.[6] Co club verde conseguiu o subcampionato de liga, regresando a Lisboa ao remate da campaña.

Selección española[editar | editar a fonte]

Foi internacional coas categorías inferiores da selección española, conquistando o Europeo sub-20 en 2018 de xeito invicto, cun equipo formado integramente por xogadores cataláns.[7]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Benfica
Selección española sub-20

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "El Deportivo Liceo caza su mirlo blanco: Pol Manrubia". DxT Campeón (en castelán). 1 de outubro de 2022. Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  2. "El Noia fitxa Pol Manrubia (Voltregà)" (en catalán). 13 de xuño de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  3. "Máximos goleadores da Liga Europea 2020/21". rink.hockey (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  4. "Dos sanjuaninos fueron campeones con el Porto, el más ganador del hockey portugués" (en castelán). 30 de xuño de 2022. Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  5. Rodríguez Cáceres, Jorge (17 de abril de 2022). "Benfica, Campeón de la Golden Cup" (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  6. "El Liceo consigue la cesión de Pol Manrubia". La Opinión A Coruña (en castelán). 1 de outubro de 2022. Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  7. "España gana invicta el Europeo sub-20 doce años después". Mundo Deportivo (en castelán). 23 de setembro de 2018. Consultado o 19 de marzo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]