Marc Grau Tallada
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de decembro de 1995 (29 anos) Lloret de Mar, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de hóckey a patíns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey a patíns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Carles Grau Tallada |
Marc Grau Tallada, nado en Lloret de Mar o 28 de decembro de 1995, é un xogador de hóckey a patíns español, que xoga de dianteiro no FC Barcelona.
É irmán de Carles, Álex e Lluis Grau, todos eles xogadores da OK Liga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciouse no hóckey a patíns seguindo os pasos de seu irmán máis vello Carles. Formouse no CH Lloret, co que debutou na OK Liga e co que xogou varias tempadas na máxima categoría, compartindo equipo cos seus outros dous irmáns, Álex e Lluis.[1] En maio de 2018, despois de ser o máximo goleador do equipo na tempada, fichou polo CE Noia, onde militou durante un ano.[2]
En 2019 fichou polo HC Liceo, xunto a seu irmán Carles, compartindo equipo por primeira vez.[3] Xunto a eles chegaron á Coruña outro par de irmáns, os xemelgos Bruno e Roberto Di Benedetto.[4] Na súa primeira tempada no club galego acabou subcampión da OK Liga, despois de que os play-offs foran cancelados por mor da pandemia por coronavirus,[5] subcampionato que repetiu na tempada seguinte, na que gañou a Copa do Rei. Na campaña 2021/22 proclamouse campión de liga, despois de derrotar na final ao Reus, contribuíndo con 19 goles.
No verán de 2022 tanto el como seu irmán ficharon polo FC Barcelona,[6] comezando a tempada co título da Supercopa de España.[7]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Liceo da Coruña
- OK Liga (1): 2021/22.
- Copa do Rei (1): 2021.
- Supercopa de España (1): 2021/22.
- FC Barcelona
- Copa do Rei (2): 2023. 2024
- Supercopa de España (3): 2022/23. 2023/24. 2024/25
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La batalla dels quatre germans Grau" (en catalán). 6 de novembro de 2019. Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ "Marc Grau, primer refuerzo del Noia Freixenet". Mundo Deportivo (en castelán). 28 de maio de 2018. Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ ""Nos falta uno para el equipo"". La Opinión A Coruña (en castelán). 5 de novembro de 2019. Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ Varela, María (26 de febreiro de 2019). "As fichaxes, de dúas en dúas". La Opinión A Coruña. Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ "La FEP da por finalizada la competición de la OK Liga". DxT Campeón (en castelán). 3 de maio de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ "Marc Grau sigue los pasos de su hermano: deja el Liceo y ficha por el Barça". Marca (en castelán). 11 de xullo de 2022. Consultado o 18 de marzo de 2023.
- ↑ "4-0: Revancha del Barça ante el Reus para alzar la Supercopa de España". Mundo Deportivo (en castelán). 3 de setembro de 2022. Consultado o 18 de marzo de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |