Jordi Adroher Mas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jordi Adroher Mas
Jordi Adroher after missing a shot.JPG
Nome completoJordi Adroher Mas
Nacemento22 de novembro de 1984
 Ribes de Freser
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns
editar datos en Wikidata ]

Jordi Adroher Mas, nado en Ribes de Freser (Xirona) o 22 de novembro de 1984, é un xogador de hóckey a patíns catalán que xoga na posición de dianteiro no SL Benfica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Púxose os seus primeiros patíns na súa localidade natal, Ribes de Freser, mais estivo en Maçanet. Xogou no SHUM Maçanet ata o seus segundo ano de júnior, cando se trasladou a Lloret. Logo de dúas tempadas no C.H. Lloret, Ferrán Pujalte (daquela no seu terceiro ano no banco do Club Patí Vic) chamouno para reforzar o equipo. Na tempada 2009-10 chegou ao primeiro equipo do FC Barcelona, a pesar de que o club barcelonés xa o fichara seis anos atrás e o cedera ao Vic seguindo a política da sección.

Características[editar | editar a fonte]

Adriher é un dianteiro zurdo, moi técnico e cun disparo potente e preciso. Na tempada 2008-09 foi o máximo goleador da liga regular na OK Liga, e no cómputo global (liga regular e playoffs) quedouse a un gol do máximo goleador, o liceísta Jordi Bargalló (37 goles marcou Bargalló, por 36 de Adroher).

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club Patí Vic[editar | editar a fonte]

FC Barcelona[editar | editar a fonte]

Selección española[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]