CFM International LEAP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
CFM International LEAP
CFM LEAP-X (cropped).jpg
Maqueta dun LEAP-X, o primeiro nome do motor
Tipoturboventilador
FabricanteCFM International
Primeiro encendido4 de setembro de 2013 (LEAP-1A)[1]
13 de xuño de 2014 (LEAP-1B)[2]9 de outubro de 2014 (LEAP-1C)[3]
Principais aplicaciósFamilia Airbus A320neo
Boeing 737 MAX
Comac C919
N.º construídosmáis de 100
Desenvolvido doCFM International CFM56

O CFM International LEAP é un motor turboventilador de alto índice de derivación. Está fabricado por CFM International, unha empresa conxunta formada pola estadounidense GE Aviation e a francesa Safran Aircraft Engines (anterirmente coñecida como Snecma). É un complemento modernizado do exitoso motor CFM56, deseñado para competir co Pratt & Whitney PW1000G no mercado dos avións de pasaxeiros de corredor único. CFM pretende substituír o CFM56 co LEAP.

Deseño[editar | editar a fonte]

A arquitectura básico do LEAP inclúe unha versión reducida da turbina de baixa presión de Safran usada no motor GEnx. O ventilador ten follas flexibles fabricadas mediante un proceso de moldeo por transferencia de resina, e están deseñados para desenroscarse a medida que a velocidade rotacional do ventilador aumenta. Mentres que o LEAP está deseñado para operar a maior presión que o CFM56 (en gran parte debido a que é máis eficiente), GE planea establecer a presión operativa por debaixo do máximo co obxectivo de aumentar a vida de servizo e a seguridade do motor. O LEAP presenta un maior uso de materiais compostos, un ventilador blisk no compresor, unha cámara de combustión de segunda xeración Twin Annular Pre-mixing Swirler (TAPS II), e unha relación de derivación de ao redor de 10-11:1. GE está usando compostos de matriz cerámica (CMC) para fabricar as cubertas da turbina.[4]

Prevese que eses avances tecnolóxicos fagan que o motor consuma un 16% menos de combustible.[5] A fiabilidade tamén se apoia no uso dun sistema de enfriamento do aceite baseado nunha bomba Venturi semelante ao do GEnx, con refrixeradores montados no revestimento interior do conducto do ventilador. O motor ten algúns dos primeiros compoñentes realizados con impresora 3D aprovados pola FAA.[6][7]

Aplicacións[editar | editar a fonte]

Prototipo do Airbus A320neo con motores LEAP-1A.
Motor CFM international Leap[8]
Modelo Aplicación Rango de empuxe Introdución
1A Familia Airbus A320neo 24,500–35,000 lbf (109–156 kN) 2 de agosto de 2016[9]
1B Boeing 737 MAX 23,000–28,000 lbf (100–120 kN) 22 de maio de 2017[10]
1C COMAC C919 27,980–30,000 lbf (124.5–133.4 kN) 2021[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CFM International (ed.). "CFM launches a new era as first LEAP engine begins ground testing". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  2. Le Journal de L'aviation (ed.). "CFM International démarre le premier LEAP-1B du 737 MAX". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  3. AINonline (ed.). "Leap 1C Engine Tests Continue as Comac's C919 Takes Shape". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  4. Norris, Guy (27 de abril-10 de maio). "Hot blades". Aviation Week & Space Technology: 55. 
  5. Flight Global (ed.). "New engines: flurry of activity despite downturn". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  6. Tu (ed.). "Verdens største jetmotor får 3D-printet komponent". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  7. General Electric (ed.). "The FAA Cleared the First 3D Printed Part to Fly in a Commercial Jet Engine from GE". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  8. CFM International (ed.). "The Leap Engine". Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  9. Flight Global (ed.). "Pegasus starts flying Leap-1A-powered A320neo". Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  10. Flight Global (ed.). "Malindo operates world's first 737 Max flight". Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  11. Reuters (ed.). "China's COMAC says first delivery of C919 jet planned for 2021". Consultado o 26 de xuño de 2018.