Boeing Yellowstone Project

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capacidade de pasaxeiros dos actuais e futuros avións de Boeing

Yellowstone é un proxecto de Boeing para substituír toda a súa carteira de aeronaves civís con avións de tecnoloxía avanzada. As novas tecnoloxías que serán introducidas serán aeroestruturas de materiais compostos, máis sistemas eléctricos (redución de sistemas hidráulicos), e motores turboventilador máis eficientes (como o Pratt & Whitney PW1000G Geared Turbofan, o General Electric GEnx, o CFM International LEAP56 e o Rolls-Royce Trent 1000). O termo "Yellowstone" refírese ás tecnoloxías, mentres que "Y1" a "Y3" refírese ao avión real.[1] O primeiro destes proxectos, o Y2, entrou en servizo como o Boeing 787.

Proxectos Yellowstone[editar | editar a fonte]

Yellowstone está dividido en tres proxectos:

  • Boeing Y1, para substituír os Boeing 737, 757 e 767-200.[2] O Y1 cobre o mercado dos 100 aos 250 pasaxeiros, e agárdase que sexa o segundo avión do proxecto Yellowstone en ser desenvolvido. Boeing presentou unha solicitude de patente en novembro do 2009, que foi presentada ao público en agosto do 2010, que prevé unha fuselaxe elíptica de materiais compostos que probablemente sexa o sucesor do 737.[3][4] A comezos do 2011 Boeing bosquexou os plans para o substituto do do 737, que podería chegar no ano 2020.[5][6] A desenvolvemento deste avión botou cara a atrás a decisión de lanzar o 737 MAX, unha versión re-motorizada e mellorada do 737 Next Generation, en agosto do 2011.[7]
  • Boeing Y2, para substituír o 767-300 e ás series -400, ademais do 777-200.[8] Cobre o mercado dos 250 ata os 600 (ou máis) pasaxeiros, e foi o primeiro proxecto completado, dando lugar ao Boeing 787 Dreamliner. O Y2 inicialmente referíase a unha base altamente eficiente e máis convencional para o Sonic Cruiser, que era o proxecto "Glacier".[9] O Dreamliner compite cos Airbus A330, Airbus A340 e a nova familia A350.
  • Boeing Y3, para substituír o 777-300 e ao 747. O Y3 cobre o mercado que vai dos 350 aos 600 (ou máis) pasaxeiros, a agárdase que sexa o terceiro avión do proxecto en desenvolverse. Competirá coa familia do Airbus A380 ademais da versión máis grande do A350, a A350-1000, e agárdase que sexa introducido en 2017. En xuño de 2010 informouse que Emirates, que conta coa frota máis grande de 777, estaba en conversas con Boeing sobre os plans para desenvolver un novo avión para substituír o 777.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Boeing Y-class Yellowstone". GlobalSecurity.org. Consultado o 13 de maio de 2012. 
  2. "Boeing firms up 737 replacement studies by appointing team"". FlightGlobal. 3 de marzo de 2006. 
  3. "Weight-Optimizing Internally Pressurized Composite-Body Aircraft Fuselages Having Near-Elliptical Cross Sections". ip.com, 12 de agosto de 2010.
  4. Ostrower, John (24 de setembro de 2010). "Boeing patent may provide glimpse into 737 replacement plan". FlightGlobal. Arquivado dende o orixinal o 6 de outubro de 2014. 
  5. Sanders, Peter; Cameron, Doug (26 de xaneiro de 2011). "Boeing Says 787 Still Profitable, Eyes 737 Revamp". The Wall Street Journal. 
  6. Ostrower, Jon (10 de febreiro de 2011). "Boeing boss green-lights all-new next generation narrowbody". FlightGlobal. 
  7. "Boeing Launches 737 New Engine Family with Commitments for 496 Airplanes from Five Airlines" (Nota de prensa). Boeing. 30 de agosto de 2011. 
  8. Norris, Guy (7 de febreiro de 2006). "THE 737 STORY: Smoke and mirrors obscure 737 and Airbus A320 replacement studies". FlightGlobal. 
  9. Norris, Guy (7 de xaneiro de 2003). "Sonic Cruiser is dead - long live Super Efficient?". FlightGlobal. 
  10. Kingsley-Jones, Max (22 de xuño de 2010). "Emirates talks to Boeing about 777 successor and hints at more big orders". FlightGlobal. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]